Calendario
Info da proba

Pantón

27/05/2017 18:00 - 20:00
Regulamento XVII CARREIRA POPULAR
ROTA DO ROMÁNICO
CONCELLO DE PANTON
Sábado 27 de maio de 2017.
Categorías menores: 18:00h
Adultos: 19:00h
Organiza:
Concello de Pantón
Lodeco S.L.U.
Colabora:
Federación Galega de Atletismo
Patrocina:
Concello de Pantón
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación nel.
Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe proporcionado pola
organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba. As reclamacións ós resultados
oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30
minutos despois da publicación dos mesmos.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da F.G.A., e
R.F.E.A. en vigor.
CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría E……………..nad@s entre 1998 e 2001.
Categoría F……………..nad@s entre 1983 e 1997.
Categoría G……………..nad@s entre 1973 e 1982.
Categoría H……………..nad@s entre 1963 e 1972.
Categoría I……………..nad@s entre 1962 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Inscricións presenciais a partir do martes 9 de maio no edificio sociocultural de Ferreira 2ª planta.
Peche de inscricións o xoves 25 de maio.
.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido:
6 ,27Km
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (27 de maio) na carpa da
organización sita na diante do edificio sociocultural de 16:30 a 18:30
PEMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola
organización.
-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado
pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no complexo
deportivo Montebaliño situado a 1 Km da meta.
CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2012.
A distancia será aproximadamente de 50 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
Será necesaria a inscrición previa no mesmo prazo que o resto de categorías menores.
CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A……………..nad@s entre 2010 e 2012.
Categoría B……………..nad@s entre 2008 e 2009.
Categoría C……………..nad@s entre 2005 e 2007.
Categoría D……………..nad@s entre 2002 e 2004.
INSCRICIÓNS
Inscricións por correo electrónico en culturapanton@hotmail.com a partir do martes 9 de maio.
Inscricións presenciais a partir do martes 9 de maio no edificio sociocultural de Ferreira
Peche de inscricións o xoves 25 de maio.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Club (no caso de telo)
-Localidade
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
PERCORRIDO:
Categoría MINI: 18:00h…………….... 50m.
Categoría A: 18:05h.……………….... 400m.
Categoría B e C: 18:15h………………800m.
Categoría D 18:30h:………………... 1100m.
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (27 de maio) na carpa da organización sita na explanada
diante do centro sociocultural de 16:30 a 17:30
PREMIOS:
Trofeo para @s dous primeir@s categoría e medalla para os terceir@s.
Avituallamento final para todos os que rematen a proba.