Calendario
Info da proba

A Estrada

13/05/2017 16:30 - 18:30
Regulamento REGULAMENTO III 5K FESTA DO SALMÓN 2017
O Concello da Estrada, organiza o vindeiro sábado día 13 de Maio a partir das 16:30
horas, a III 5K Festa do Salmón, segunda carreira puntuable para o V Circuito Corre A Estrada
Corre.
A proba celebrarase nun circuito urbano de asfalto, homologado pola RFEA de 2,5 km o
cal os corredores, na proba obsoluta deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos pechados e
valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará
coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da
carreira.
Este ano a proba terá carácter solidario con aportación a campaña de micromecenado
da Biopsia Líquida de ONCOMET, para a investigación oncolóxica.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2012 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2010 e 2011.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1995, 1996 e 1997.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1983 e 1994.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1971 e 1982.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
16:30 h PITUFOS 100 m
16:40 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
16:50 h BENXAMÍN 1.000 m (2 voltas circuito A)
17:10 h ALEVÍN E INFANTIL 1.500 m (3 voltas circuito A)
17:30 h CADETE 2.500 m (1 volta circuito Ojo morado
XUVENIL E JUNIOR
PROMESA,SENIOR E VETERÁN
5.000 m (2 voltas circuito Ojo morado
18:15 h ENTREGA DE PREMIOS
Circuito A
Circuito B
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 10 de Maio de 2017 as 23:59 horas
na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as
instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 10 de Maio de 2017 as 23:59 horas
na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da
inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se
aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no
formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos
986.570.030 ou no correo deporte s @aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da carreira, a
partir das 15:30 horas na praza do Concello , que será o punto de saída e chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (17:30 horas) estará controlada a través dun CHIP
que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse
na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA
PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS
CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. (Agás propietarios de
chip participantes no IV Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil, cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina como feminina.
Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta. Cada participante so poderá
correr a proba correspondente a súa categoría onde está inscrito. De non facelo así, será
descualificado pola organización da proba.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as
establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a
criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A
ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos
resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto na categoría
pitufo, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
- Haberá trofeos na proba absoluta para os tres primeiros/as clasificados/as estradenses en
cruzar a liña de meta segundo a clasificación xeral masculina e feminina da proba, polo que so
eses trofeos son acumulativos.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua
proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, sito na
zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización do III 5K Festa do Salmón non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta
carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.