Calendario
Info da proba

Santiago

21/05/2017 11:15 - 13:15
Regulamento III Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple
REGULAMENTO XERAL
Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “III
Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 21 de maio de
2017, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico de Galitiming.
Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo de Galitiming.
Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
 Pitufos: ano nacemento (2012-actualidade)
 Escolares A: ano nacemento (2008-2011)
 Escolares B: ano nacemento (2005-2007)
 Escolares C: ano nacemento (2004 ata os 16 anos)
 Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2:dende os 45 anos
 ANDAINA: todas as idades
Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
 Pitufos: 150 metros. Saída: 12:50
 Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
 Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
 Escolares C: 5 km. Saída: 11:15
 Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 5 km.Saída: 12:00
 ANDAINA: 2,5 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria
(Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da
Alameda e a Residencia.
Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 5 euros.
A partir do terceiro membro da unidade familiar inscrito, será gratuíto.
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cuota, que
poderá realizarse nas formas seguintes:
 Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos
Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a
venres de 9:00 a 14:00 horas.
 A través da web http://polaesclerose.galitiming.com e noutros puntos (ver web).
 O prazo de inscrición comeza o luns 24 de abril e rematará o xoves 18 de maio:
- ás 14h para as inscricións na asociación (ACEM)
- ás 24h para as inscricións online (polaesclerose.galitiming.com)
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
1) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende
as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da
andaina.
Art. Molón PREMIOS
Individuais:
- Ós/ás tres primeiros/as corredores/as da carreira absoluta, tanto masculina
como feminina.
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como
feminina (agás na categoría Pitufos, que recibirán todos un agasallo). No caso
de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización
resérvase o dereito a unila a outra.
*Os premios non serán acumulativos.
- Haberá un gañador absoluto da Carreira, que corresponderá á mellor marca
de tempo.
Grupos:
- Premios por Club: Premio ós tres primeiros clubs absolutos. A clasificación
será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.
En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º
compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será
imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición
individual.
Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de
nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), teléfono. Rexeitarase calquera
inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.
Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Pitufos).
Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip RETORNABLE, que se
entregará a cada corredor/a, que deberá levar colocado na zapatilla e que terá que
entregar o terminar a carreira no lugar establecido para o mesmo. Todo corredor/a que
non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante ou que
incumpra as normas establecidas, será descalificado.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán
o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro
corredor da categoría absoluta.
Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen
motor.
Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente na zona de
meta non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba.
Contarase tamén con duchas e garda-roupa no pavilllón do Colexio Pio XII.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes
Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a Organización e a entidade MUTUA CATALANA, por si mesmos ou por
terceiras entidades, traten informaticamente e coa finalidade exclusivamente
aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións
contidas na inscrición.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de
acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o
seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na
ficha de inscrición.
Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento
da RFEA e IAAF en vigor.