Calendario
Info da proba

Sanxenxo

27/08/2017 12:00 - 13:30
Regulamento REGLAMENTO DA PROBA
XVIII MILLA VILA DE SANXENXO
 O Concello de Sanxenxo organiza o de agosto a XVIII edición da Milla de
Sanxenxo.
 A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación
Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en
ruta.
 Poderán participar atletas federados e non federados.
 Inscricións: Tódolos corredores deberán formaliza-la súa inscrición na web
da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) antes das
23:59 horas do xoves 24 de agosto de 2017.
 As categorías fixadas pola organización son os seguintes:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PREBENXAMÍN atletas nados no 2010 ata 2017
BENXAMIN atletas nados no 2008 e 2009
ALEVIN atletas nados no 2006 e 2007
INFANTIL atletas nados no 2004 e 2005
CADETE atletas nados no 2002 e 2003
XUVENIL - JUNIOR atletas nados no 1998 ata o 2001
PROMESA - SENIOR atletas nados no 1997 ata os 34 anos
VETERANOS A atletas dende os 35 anos ata os 49
VETERANOS B atletas dende os 50 anos en adiante
CORREDOR MILLA SANXENXO Atletas nados no 2001 ata veterán
Tódolos corredores que completen o percorrido na súa categoría, terán dereito a
recoller no lugar indicado pola organización una bebida previa entrega do seu dorsal.
R/ Miraflores, 26 A Tel: 986 727 936
36960 Sanxenxo Fax: 986 727 910
Pontevedra
O.A. Terra de Sanxenxo
 O orde de saída das probas será o seguinte, segundo o seu horario:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
12:00 h Prebenxamín 400 m aprox
12:10 h Benxamín 400 m aprox
12:20 h Alevín 800 m aprox
12:30 h Infantil 800 m aprox
12:40 h Cadete 800 m aprox
12:50 h Xuvenil - Junior 1.609 m aprox
Promesa - Senior 1.609 m aprox
13:00 h Veteranos A 1.609 m aprox
Veteranos B 1.609 m aprox
13:15 h MILLA CONCELLO DE SANXENXO 1.609 m aprox
13:30 h ENTREGA DE PREMIOS
 Aqueles corredores que pola súa clasificación na liña de meta sexan
acreedores a un trofeo/medalla ou premio en metálico, terán adquiren a
obriga de acudir a entrega de premios e subir a recolle-lo mesmo.
 O primer clasificado de cada categoría recibirá un trofeo.
 Os segundos e terceiros unha medalla.
 Así mesmo, na categoría Concello de Sanxenxo os cinco primeiros terán un
premio en metálico.
Categoría Masculina Categoría Feminina
1
er clasificado 500 € 500 €
2º clasificado 250 € 250 €
3
er clasificado 125 € 125 €
4º clasificado 75 € 75 €
5º clasificado 25 € 25 €
 Os premios en metálico serán so para a categoría Concello de Sanxenxo.
 PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
R/ Miraflores, 26 A Tel: 986 727 936
36960 Sanxenxo Fax: 986 727 910
Pontevedra
O.A. Terra de Sanxenxo
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para
las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2016-2017
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
 Os participantes na categoría Concello de Sanxenxo, asinarán un documento
conforme, onde aceptan que os premios en metálico faranse efectivos por
tranferencia bancaria ou por cheque nos días seguintes a celebración da
proba.
 Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados na parte
anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberá
levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo será motivo de
descualificación. Non serán admitidos pola organización corredores que non
estean inscritos ou corran sen dorsal.
 Retirada dorsais e chips: na secretaría situada nas inmediacións da saída a
partir das 10:30:00 da mañá, ata 30 minutos antes de cada proba.
 DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor que incumpra as normas da
competición ou as establecidas nos regulamentos da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado
por criterio do xuíz árbitro da competición.
 As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao
xuíz árbitro da competición, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados da proba en cuestión.
 Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
 ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos
médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do
comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servicios
médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
R/ Miraflores, 26 A Tel: 986 727 936
36960 Sanxenxo Fax: 986 727 910
Pontevedra
O.A. Terra de Sanxenxo
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
 SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia
ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ó lugar da competición ou
desde o mesmo. A organización non se fará responsable de cualquier tipo de
daño material ou moral que se poda ocasionar como consecuencia da
participación voluntaria neste evento.
 A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.
 Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
 ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de
inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo,
resolverase de acordo ó que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición
o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13-
15008 A Coruña.
R/ Miraflores, 26 A Tel: 986 727 936
36960 Sanxenxo Fax: 986 727 910
Pontevedra
O.A. Terra de Sanxenxo
En Sanxenxo, 2 de agosto de 2017
O. A. TERRA DE SANXENXO