Calendario
Info da proba

Ponteceso

11/06/2017 10:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
“4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148”
1.º Nome da actividade, número cronolóxico da edición e data de celebración
A proba deportiva denomínase “Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148”, na súa cuarta edición.
Celébrase o domingo 11 de xuño de 2017 a partir das 10:00 da maña. Esta proba pertence ao V
Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña.
2º. Regulamento da proba
 Horarios das probas, categorías establecidas e distancias.
HORARIO CATEGORÍA SUBCATEGORÍA DATA NACEMENTO DISTANCIAS
10:00h Afeccionado Masculino e feminino 1999 (incluído) e
anteriores 2 Km
10:40h
Absoluta Masculino e feminino 1999 ata veterán
8 km aprox.
Veterano 1 Masculino e feminino De 35 a 40 anos
Veterano 2 Masculino e feminino De 41 a 49 anos
Veterano 3 Masculino e feminino De 50 a 59 anos
Veterano 4 Masculino e feminino Máis de 60 anos
11:45h
Cadete Masculino e feminino 2002 e 2003
2.400m aprox.
Xuvenil Masculino e feminino 2000 e 2001
12:00h
Entrega de trofeos e premios as categorías anteriores
12:30h Infantil Masculino e feminino 2004 e 2005 1.500m aprox.
12:40h Alevín Masculino e feminino 2006 e 2007 1.000m aprox.
12:50h Benxamín Masculino e feminino 2008 - 2009 500m
13:00h Prebenxamín Mixto 2010 - 2011 200m
13:05h Pitufo Mixto 2012 - 2013 100m
13:15h Entrega de medallas a estas categorías
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 2
*Por pertencer ao V Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña, todas as categorías serán
asignadas segundo corresponda o día da primeira competición do circuíto, manténdose durante todo
o resto de probas, ata o final do circuíto, independentemente de que se produza cambio de categoría
en veteranas/os, por cumprimento de idade e/ou que se cambie de categoría federada a primeiros
de novembro.
*A proba dos 2Km, a dos prebenxamíns e pitufos, non pertencen ao circuíto de carreiras da
Deputación de A Coruña.
 Lugar, prazo, inscrición e retirada de dorsais.
As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 8 de xuño
de 2017.
As inscricións en categoría absoluta 2 km están limitadas a 100 participantes e a de 8 km a 350
participantes.
Inscribirse supón, por parte do/a participante a declaración de que:
 Está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
 Autoriza e acepta a publicación dos seus datos e fotografías nos medios de comunicación,
internet, etc., para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir o uso da
súa imaxe, previa solicitude expresa por escrito.
As/os atletas participantes levarán un chip que controle o tempo invertido na carreira. A retirada
destes chips e de dorsais farase nun espazo habilitado para tal fin, próximo á praza do Relleno, a
partir das 8:45h e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira. Calquera
atleta con circunstancias médicas a ter en conta (alerxia, atencións especiais…) deberá facelo constar
no momento de recollelo dorsal e levarao anotado no reverso do dorsal durante a proba.
 Normativa que se aplica
 As normas establecidas no presente regulamento, réxese polas actuais regulamentacións de
Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia que estipula os requisitos
que as autoridades esixen para a autorización da celebración de probas deportivas na vía urbana
(Real Decreto 1428/2003 de 21 de novembro publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro do
2003 sobre a ocupación da vía pública e Real Decreto 849/1993 de 4 de xuño do 2003, sobre a
contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes, incluído o seguro obrigatorio
deportivo).
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 3
ADEMÁIS
 Esta proba deportiva ten un carácter aberto e popular, na que poderán participar dende atletas
federados ata persoas as que lle guste correr, dende a idade de 3 anos (Nados/as 2013).
 Ésta é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.
 Os/as participantes inscritos/as estarán cubertos por unha póliza de seguro de accidentes e de
responsabilidade civil concertada polo Concello de Ponteceso a través da Federación Galega de
Atletismo.
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia inobservancia
das leis, etc., tamén estarán excluídos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no
que se desenvolva a proba.
 Toda persoa que participe na carreira sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
estará cuberta polos seguros da carreira nin poderá participar nos premios.
 A organización contará co servizo de ambulancia e médico a disposición dos usuarios en caso
necesario.
 O percorrido de 8 km. aprox. estará sinalado cada quilómetro.
 Na metade do percorrido, aproximadamente, proporcionarase a cada corredor/a auga e ao final
da proba auga e unha peza de froita.
 Os/as participantes terán servizo de consigna na Praza do Relleno.
 Os/as participantes poderán facer uso do pavillón polideportivo municipal de Ponteceso, para
ducharse e/ou cambiarse, a partir das 10:30h.
 A organización resérvase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste regulamento e o dereito de “modificar ou suspender o que sexa necesario”
por razóns de seguridade.
 Os/as participantes que tomen saída na 4ª Carreira Pedestre PR–G 148, aceptan este
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida, no mesmo,
estarase ao que dispoña o comité organizador. Todo o aquí non recollido rexerase polas normas
da FGA, RFEA e IAAF.
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 4
DESCALIFACIÓNS
 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico.
 Quen corra por fóra do percorrido ou non o realice completo.
 Quen non pase polos controis da carreira establecidos.
 Quen non leve o dorsal no peito durante o recorrido.
 Quen chegue á meta sen dorsal ou chip.
 Quen participe cun dorsal doutro corredor.
 Quen entre fóra da hora prevista pola organización da proba.
 Facer a inscrición alterando os datos de forma intencionada.
 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
 Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
 Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo do comité poidan ser consideradas como
conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
 Clasificación e premios.
Farase unha primeira entrega de premios ao rematar as probas dos 2km, 8km e a cadete xuvenil, e ás
13:15h a entrega de medallas as categorías inferiores: infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e
pitufo.
PREMIOS
-A proba dos dous quilómetros é unha proba absoluta e levarán trofeo e/ou medallas os tres
primeiros clasificados de cada xénero. O primeiro/a clasificado/a levará un premio especial.
-A proba dos oito quilómetros, levarán trofeo e/ou medallas os tres primeiros clasificados por
categorías e xénero. Tamén haberá premios especiais para os tres gañadores absolutos de ambos
xéneros. (Os premios nos serán acumulativos)
-Na proba cadete e xuvenil, levarán trofeo e/ou medallas os tres primeiros clasificados e clasificadas.
-Na proba infantil, alevín e benxamín haberá medallas para os tres primeiros clasificados e
clasificadas. Os/as prebenxamíns e os/as pitufos levarán medalla, como mínimo, os 10 primeiros
clasificados/as.
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 5
-Haberá trofeo especial ao atleta local de maior idade.
As reclamacións que haxa ao respecto deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
3.º Croquis preciso do percorrido e itinerario por categorías.
A proba principal terá un percorrido de 8 quilómetros e unha duración máxima dunha hora. Trátase
dunha carreira pedestre(50% asfalto e 50% terra - herba) que percorrerá varias das parroquias do
Concello de Ponteceso (Cospindo e Tella), discorrendo por vías de titularidade municipal, provincial e
autonómica.
Os horarios de paso son orientativos.
ITINERARIO CARREIRA 2 Km (Saída ás 10:00h)
Esta carreira ten un espírito completamente popular.
 10:00 h -Saída da Avenida Eduardo Pondal, a altura da Capela de Santa Mariña (zona da Praza
do Relleno) situada no casco urbano de Ponteceso.
 10:05 h -Percorremos toda a Avenida Eduardo Pondal e Avenida Bergantiños (AC-419 dende o
punto quilométrico 11,050 ata o 9,600).
 10:06 h -Xiro a esquerda para facer o cambio de sentido na rotonda situada entre a escola
infantil “A Galiña Azul” e a Casa da Cultura.
 10:07 h -Volvemos a incorporarnos á Avenida Bergantiños e recorremospasamos por Avenida
Eduardo Pondal (AC-419 dende o punto quilométrico 9,600 ata o 11,050).
 10:12 h -Chegada a meta situada no Paseo Fluvial - Praza do Recheo
Peche de meta ás 10:20h
Dirección para ver recorrido: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17094948
ITINERARIO CARREIRA PRINCIPAL . 8 KM (Saída ás 10:40h)
 10:40 h -Saída da Avenida Eduardo Pondal, a altura da Capela de Santa Mariña (Zona da Praza
do Relleno) situada no casco urbano de Ponteceso.
 10:43 h -Seguimos pola Avenida Bergantiños (AC-419 dende o punto quilométrico 11,100 ata
o 10,000).
 10:44 h -Xiro a dereita e incorporación a rúa Médico Antonio Longa ata o cruce coa rúa
Vereda.
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 6
 10:45 h -Xiro a dereita e incorporación a rúa Vereda, para logo incorporarse a rúa Campo da
Feira.
 10:48 h -Incorporación a Avenida Anllóns a altura do CEIP Eduardo Pondal (AC-423 no punto
quilométrico 14,000
 10:54 h -Circulación pola Avenida Anllóns ata a altura da canteira da empresa López Cao (AC-
423 dende punto quilométrico 14,000 ata o13,700)
 10:55 h -Xiro a dereita para incorporación a camiño que discorre pola marxe do río Anllóns
ata a rúa Paseo fluvial e inmediacións da Praza do Relleno.
 11:05 h -Cruce da Avenida Eduardo Pondal (Ac-419 polo punto quilométrico 11,200) a altura
da ponte.
 11:06 h -Incorporación a vía AC-424 e circulación dende o punto quilométrico 0,000 ata o
0,100.
 11:09 h -Xiro a esquerda e incorporación o malecón do Couto.
 11:15 h -Xiro a esquerda e circulación polo camiño que discorre pola marxe do río Anllóns ata
o Mirador de Aves onde se realizará un cambio de sentido volvendo polo mesmo camiño para
incorporación a vía de titularidade municipal e circulación polo núcleo de Currás (O Couto).
 11:25 h -Xiro a dereita e incorporación a vía AC-424 no punto quilométrico 1,100 ata o 0,000.
 11:30 h -Cruce da Avenida Eduardo Pondal (AC-419 polo punto quilométrico 11,200) a altura
da ponte de Ponteceso.
 11:30 h -Chegada a meta situada na rúa Paseo Fluvial.
Peche de meta ás 11:40 h
Dirección para ver recorrido: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17095091
ITINERARIO CADETE E XUVENIL (Saída ás 11:45h)
 11:45 h -Saída da Praza do Relleno situada no casco urbano de Ponteceso.
 11:45 h -Incorporación a Avenida Eduardo Pondal (AC-419 dende o punto quilométrico 11,100
ata o 10,600).
 11:46 h -Seguimos de fronte na confluencia das vías Avenida Eduardo Pondal e Avenida
Anllóns (AC-419 con AC-423), para incorporación a rúa Vereda e Campo da Feira.
Tel.: 981 71 40 00
Fax: 981 71 50 28
E-mail: concello.ponteceso@retemail.es
www.ponteceso.es
CIF: P1506900H
REL. : 01150682
RELG.: MU 2000/15
CONCELLO DE PONTECESO
Rúa do Concello, 18 - 15110 Ponteceso (A Coruña)
Memoria e regulamento
4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148 Página 7
 11:48 h -Incorporación a Avenida Anllóns a altura do CEIP Eduardo Pondal (AC-423 no punto
quilométrico 14,000) e circulación por esta ata o punto quilométrico13,500.
 11:54 h -Xiro a dereita a altura da canteira da empresa Construccións López Cao S.L para
incorporación a camiño que discorre pola marxe do Río Anllóns.
 11:58 h -Chegada a meta situada na rúa Paseo Fluvial.
Dirección para ver recorrido: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17095263
ITINERARIO INFANTIL. Saída as 12:30 h (tres voltas ao seguinte circuíto)
Estas probas discorrerán integramente polas rúas Travesía do Relleno e Paseo Fluvial situadas no
casco urbano de Ponteceso e non interromperán o tráfico rodado.
 Saída da Praza do Relleno situada no casco urbano de Ponteceso.
 Xiro á dereita para incorporarnos á travesía do Relleno.
 Xiro a dereita para acceder a paseo fluvial.
 Paso por meta situada na rúa Paseo Fluvial.
Dirección para ver o circuíto: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17095334
ITINERARIO ALEVÍN. Saída ás 12:40 h (Dúas voltas a circuíto anterior)
ITINERARIO BENXAMÍN. Saída ás 12:50 h (Unha volta a circuíto establecido) (Saída ás 11:45h)
ITINERARIO PREBENXAMÍN. Saída ás 13:00 h (200m aprox.)
ITINERARIO PITUFO. Saída ás 13:05 h (100m aprox.)
Axúntase un Anexo cun mapa por Categorías pitufo, prebenxamín.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de
día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.