Calendario
Info da proba

Ourense

30/04/2017 11:00 - 13:00
Regulamento OURENSE MILLA SOLIDARIA 2017
REGULAMENTO
ARTIGO 1
Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o
Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da
Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2017, que se
celebrará en Ourense o domingo, 30 de abril de 2017.
Ourense Milla Solidaria 2017 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario.
O recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Asociación
Española Contra el Cáncer”.
Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo
comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto
homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla,
1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a
categoría.
ARTIGO 2
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares.
A proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de
Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da
Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo.
ARTIGO 3
Establécense as seguintes categorías:
 Pitufos. Nados no ano 2010 e posteriores.
 Benxamín. Nados nos anos 2008 e 2009.
 Alevín. Nados nos anos 2006 e 2007.
 Infantil. Nados nos anos 2004 e 2005.
 Cadete. Nados nos anos 2002 e 2003.
 Xuvenil. Nados nos anos 2000 e 2001.
 Junior. Nados nos anos 1998 e 1999.
 Promesa. Nados nos anos 1995, 1996 e 1997.
 Senior. Nados nos anos 1994 e anteriores
 Veteráns. A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65
ARTIGO 4
Distancias e horarios:
11:00 Xuvenil – Junior H Milla 1.609,34 m.
11:10 Xuvenil – Junior M Milla 1.609,34 m.
11:20 Infantil – Cadete H ½ Milla 804,67 m.
11:30 Infantil – Cadete M ½ Milla 804,67 m.
11:40 Benxamín – Alevín H ¼ Milla 402,34 m.
11:50 Benxamín – Alevín M ¼ Milla 402,34 m.
12:00 Pitufos H – M 1/16 Milla 100,58 m.
12:10 V B – C – D H Milla 1.609,34 m.
12:20 V B – C – D M Milla 1.609,34 m.
12:30 Promesa – Senior – V A H Milla 1.609,34 m.
12:40 Promesa – Senior – V A M Milla 1.609,34 m.
13:00 Entrega de premios.
A organización poderá modificar as series, dependendo do número de participantes.
ARTIGO 5
A saída e meta estará situada na rúa do Paseo de Ourense.
ARTIGO 6
As inscricións estarán abertas o 3 de abril ata o 26 de abril de 2017 ás 20:30 h.
A inscrición realizarase unicamente a través da web www.carreirasgalegas.com.
O custe da inscrición e de 3€ para as categorías xuvenil, junior, promesa, senior e
veteráns, importe que irá destinado integramente á “Asociación Española Contra el
Cáncer”.
Para o resto de categorías a inscrición será gratuíta. Dado o carácter solidario da
proba, poderán doar unha axuda para a AECC mediante o DORSAL 0
Todas as persoas que desexen contribuír coa causa, pero non desexen realizar a
carreira, a organización ofrece a posibilidade de realizar un donativo no DORSAL 0,
que irá a parar integramente á AECC. Máis información e DORSAL 0 en
www.carreirasgalegas.com.
Neste evento non poderán participar nin atletas españois con axuda económica da
RFEA nin atletas estranxeiros que realizaran, durante a presente tempada ou as 2
anteriores, unha marca dun valor de 900 puntos ou superior por táboa IAAF vixente
(como se detalla no artigo 3.4 da normativa RFEA para probas de ruta en
Competicións Autonómicas, circular RFEA 142/2016 publicada o martes 21 de xuño
de 2.016), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas
(españois ou estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de
Atletismo. Calquera atleta que, a sabendas da súa imposibilidade de participar na
proba, proporcione datos erróneos para poder facelo, será descualificado.
ARTIGO 7
A recollida de dorsais farase no Centro Municipal José Ángel Valente (Antigo Banco
de España) o mesmo día da proba dende as 10:00 h.
ARTIGO 8
Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a
súa proba.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.
ARTIGO 9
Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da
Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será
descualificado.
ARTIGO 10
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
A organización recomenda ós participantes, pola súa seguridade, que NON
participen con dispositivos reprodutores de música con auriculares.
ARTIGO 11
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro
da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ARTIGO 12
A organización disporá de servizo médico, ambulancia e avituallamento.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes
deportivos para os participantes.
ARTIGO 13
Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
ARTIGO 14
Todos os participantes, polo feito de inscribirse, confirman que leron, entenden e
aceptan o presente regulamento