Calendario
Ver carrera

Arteixo

01/05/2017 10:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción XX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

/ Comenta a Carreira de Arteixo neste tema do foro







REGULAMENTO XX CARRERA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO


HORARIO:
10.15 h Prebenjamín 210 metros
10.45 h Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.00 h Infantil-Cadete-Xuvenil 2.800 metros aprox.
11.30 h Participantes en silla de atletismo e handbike
11.45 h Categoría Especial
11.50 h Sénior en diante 11.700 metros aprox.

LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes

CATEGORIAS:
• Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1994 ata os 34 anos. Os atletas junior e promesa (nados entre 1995 e 1997) considéranse sénior nesta proba.
• Prebenxamín: nacidos 2010-2013 Homes e mulleres
• Benxamín: nacidos 2008-2009 Homes e mulleres
• Alevín: nacidos 2006-2007 Homes e mulleres
• Infantil: nacidos 2004-2005 Homes e mulleres
• Cadetes: nacidos 2002-2003 Homes e mulleres
• Xuvenil: nacidos 2000-2001 Homes e mulleres
• Veteranos: A: 35 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos B: 51 a 64 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos C: 65 anos en diante Homes e mulleres
• Sillas de atletismo e handbike
• Categoría especial

A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo coa colaboración do Club Atletismo Arteixo organizan a XX Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar parte todas aquelas persoas interesadas. A distancia será de 11.700 metros aproximadamente. Cada quilómetro do percorrido estará sinalizado. Haberá avituallamentos no quilómetro 6 do percorrido e ao finalizar a proba. O percorrido das distintas categorías será o seguinte:
Carreira de pre-benxamíns:
• Hora: 10.15 h. Distancia 200 metros
• Nados anos 2010-2011-2012-2013
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
• Está terminantemente prohibido o acompañamento aos participantes por parte de persoas alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser autónomas na realización do percorrido.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha proba non competitiva, non haberá clasificación nin trofeos

CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
• Hora: 10.45 horas Distancia: 960 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.

CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
• Hora: 11.00 horas Distancia: 2.800 metros aprox.
• Percorrido: Dúas voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.

CIRCUÍTO C (Senior en diante e sillas de atletismo e handbike)
• HORA sillas de atletismo e handbike: 11.30 horas Distancia: 11.700 metros aprox.
• HORA sénior en diante: 11.50 horas Distancia: 11.700 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes

Carreira categoría especial
• Hora: 11.45 h. Distancia 200 metros aprox
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
• A organización non dispón de persoal de atención directa ás persoas participantes, debendo estas ser autónomas ou ter acompañante que o axude no desenvolvemento da proba.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou propoñer a modificación das bases, circunstancias que serán comunicadas ás persoas participantes coa suficiente antelación.

INSCRICIÓNS:
• As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as categorías
• Poderanse formalizar gratuitamente e exclusivamente en: www.championchipnorte.com
• MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o mércores 26 de abril, ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.


RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
• O sábado 29 e domingo 30 de abril, no Pazo dos Deportes de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 horas.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 1 hora antes do inicio de cada competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
• Unha vez finalizada a proba, os participantes non propietarios de chip deberán devolver o chip que a organización lle facilitou nos lugares habilitados ao efecto. No caso de perda ou non devolución, deberán abonar á empresa propietaria dos chips o custe dos mesmos.
• Para a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o dorsal, e o chip, de ser o caso, con calquera dos seguintes documentos oficiais:
o Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial
o Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.

CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte

TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes como mulleres.
• Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría Infantil-Cadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en mulleres, recibirán trofeo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
• Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
• Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
• Todas as persoas participantes na categoría especial recibirán unha medalla conmemorativa
• Anunciarase por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.
• Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega poderán perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega posterior do premio. Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo.
• A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.

CONDICIÓNS XERAIS:
• A organización do Circuíto resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas de forza maior, así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen que exista dereito a reclamar ningunha compensación
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descalificación.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus servizos.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de voluntarios de diversas entidades de Arteixo.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pazo dos Deportes
• Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de finalizar a proba
• Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno

CATEGORÍA SILLAS DE ATLETISMO E HANDBIKE
Poderán participar en handbike ou silla de atletismo, sendo estas categorías independientes, todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos neste regulamento e que sexan maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa participación en esta modalidade. O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior

Os atletas deberán presentarse na carpa de control 60 minutos antes do inicio da proba para pasar o control de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco, chasis, banderín de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.


DESCUALIFICACIÓNS: A descualificación dun/ha atleta na proba pode ser polos
seguintes motivos:
o Por deterioración física do/a atleta. Nestes casos a decisión será tomada pola organización da proba a instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será inapelable.
o Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
o Non atender as indicacións da organización ou xuíces.
o Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo.
o Non inscribirse na proba.
o Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun chip. Serán descualificadas ambas as persoas.
o Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
o Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.

[ Go Back ]