Calendario
Info da proba

Dubra Trail

25/06/2017 9:30 - 13:30
Regulamento I DUBRA TRAIL
Concello de Val do Dubra
O clube Dubra Team e o Concello de Val do Dubra organizarán o domingo 25 de abril a
primeira edición do TRAIL de Montaña Dubra Trail.
As probas rexiranse polo seguinte
REGULAMENTO XERAL
1) Haberá 2 modalidades de competición e unha ANDAINA POPULAR. O horario e
distancias das probas serán os seguintes:
2) PARTICIPACIÓN:
Nas probas de Trail Longo e Trail Curto poderá participar calquer persona de 18
anos ou superiores cumpridos o día da proba. Na ANDAINA popular poderán
facelo a partir de 16 anos cumpridos o día da proba.
3) CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías de competición en ambos trails (Longo e
Curto):
ABSOLUTOS/AS: de 18 anos cumpridos o día da proba e superiores;
SENIOR: de 18 anos ata veteranos;
VETERANOS/AS: de 40 anos cumpridos o día da proba e superiores.
4) PUNTO DE SAÍDA E META E PERCORRIDO DAS PROBAS:
As probas sairán desde o Campo de Fútbol da Tilleira, na localidade de
Bembibre. Ese punto será tamén punto de meta das mesmas. As probas
discurrirán por camiños e sendas de monte na maior parte do percorrido.
HORA PROBA DISTANCIA
09.30 h TRAIL LONGO 25 km aprox.
10.00 h TRAIL CURTO 15 km aprox.
10.05 h ANDAINDA POPULAR 15 km aprox.
Ubicación punto de Saída / Meta.
Ligazón:
(https://www.google.es/maps/search/campo+de+f%C3%BAtbol+de+Val+do+Dub
ra/@43.0207994,-8.6571143,17z/data=!3m1!4b1 )
A ruta curta e a andaina popular empregarán un percorrido común que discurrirá
pola Ruta da Fervenza do Rexedoiro PR-G202.
5) INSCRICIÓNS:
As inscricións poderán realizarse na páxina web www.emesports.es segundo os
seguintes prazos e prezos:
PROBA PREZO PRAZO
TRAIL LONGO 15 € Do 24/05 ao 21/06 ás 23.59 h
TRAIL CURTO 10 € Do 24/05 ao 21/06 ás 23.59 h
ANDAINA 3 € Do 24/05 ao 21/06 ás 23.59 h
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán consultala no tf
654 285 692 ou no em@il de oganización dubrateam@outlook.es
6) AVITUALLAMENTOS:
Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquidos e sólidos na ruta longa, 2 na
ruta curta e na Andaina distribuidos do seguinte xeito:
- RUTA LONGA: KM 8, KM 16 e META.
- RUTA CURTA: KM 8 e META.
- ANDAINA: KM 8 e META.
Recoméndase levar mochila de hidratación ou hidratación propia na proba. A
organización só habilitará os puntos de avituallamento indicados no presente
reglamento non sendo esto motivo de reclamación.
7) DUCHAS E VESTIARIOS:
Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Campo de
Fútbol Municipal (lugar de saída e meta das probas).
Molón AGASALLO TÉCNICO PARTICIPANTES:
Todos os participantes que se inscriban nos prazos de inscrición mencionados
anteriormente recibirán un agasallo de organización pola súa participación no
Dubra Trail.
9) TROFEOS E PREMIACIÓN:
Ao remate das probas realizarase a entrega de premios (aproximadamente as
13:30 horas). Na mesma entregaranse os seguintes trofeos:
3 primeiros/as clasificados/as absolutos das rutas longa e curta.
1º e 1ª corredor/a local do trail longo e do trail curto.
3 primeiros/as clasificados/as da categoría SENIOR das rutas longa e
curta.
3 primeiros/as clasificados/as da categoría VETERANOS/AS das rutas
longa e curta.
3 clubes que aporten máis participantes á todas as probas (cómputos
xeral de ambas rutas).
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún
participante poderá levar 2 trofeos(agás os premios a atletas locais)
10)Todos os corredores estarán cubertos por un seguro de accidentes deportivos e
responsabilidade civil obrigatorio. A organización disporá dos servicios sanitarios
obrigatorios por ley.
11)Todo o non recollido no presente regulamento resolverase a criterio da
organización.
Máis información en:
www.emesports.es
dubrateam@outlook.es
www.correrengalicia.es
http://valdodubra.gal/
https://www.facebook.com/DUBRA-TEAM-117373061665512/