Calendario
Info da proba

Lalin. Telleira de Sello

02/04/2017 9:00 - 14:00
Regulamento Roteiros de Lalín organiza a súa decimoterceira andaina con inicio e final en Lalín, pasando por moitos puntos de interese como mámoas, castros, a lagoa de Sello, soutos e carballeiras. Hai tres percorridos de diferente intensidade a escoller.

Roteiro da Telleira de Sello.

DOMINGO DIA 2 DE ABRIL de 2017.

Hora 9:00 concentración na praza da igrexa
Hora 9:30 saída dende lalín. Comezo da andaina

Percorrido curto Lalín-Telleira de Sello:
- Distancia 12 quilómetros
- Dificultade baixa
- Duración 3 horas (9:30 a 12:30)
- Percorrido Lalín, Carballeira do Rodo, monte de García Sánchez, congostras de Xaxán, castro da Barreira, mámoa das Abilleiras, castro de Cotarelo, Xesteira, recta de Sello, monte do Toxo e Telleira de Sello.

Percorrido medio
- Distancia 17 quilómetros
- Dificultade media
- Duración aproximada 4 horas (9:30 a 13:30)
- Percorrido Lalín, Carballeira do Rodo, monte de García Sánchez, congostras de Xaxán, castro da Barreira, mámoa das Abilleiras, castro de Cotarelo, Xesteira, recta de Sello, monte do Toxo, Telleira de Sello, Filgueira, Pena da Cunca, Cima do Alle, Paseo Pontiñas.
-
Percorrido longo:
- Distancia 23 quilómetros
- Dificultade alta
- Duración aproximada 5 horas (9:30 a 14:30)
- Percorrido Lalín, Carballeira do Rodo, monte de García Sánchez, congostras de Xaxán, castro da Barreira, mámoa das Abilleiras, castro de Cotarelo, Xesteira, local social de Sello, O Vento, monte do Toxo, Telleira de Sello, Filgueira, Pena da Cunca, Cima do Alle, Paseo Pontiñas.

Recomendacións:
- Non apto para menores de 12 anos.
- Calzado de monte e roupa de abrigo e chuvasqueiro.
- Levar avituallamento sólido e líquido.
- Autobús para retornar a Lalín dende o lugar escollido (3 €)

Inscricións en internet, pavillón Lalín Arena e Concello.
http://www.roteiros.lalin.gal