Calendario
Info da proba

Muros

18/06/2017 10:00 - 13:00
Regulamento
VIII Carreira do Espíritu Santo

Data:
Domingo 18 de xuño do 2017.
Hora: As 11:30 carreira absoluta, a partir das 12:15 categorias menores.
Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros.
Distancia: 8000 metros.
Inscrición: Ata o 16 de xuño. Ver no regulamento.
Organiza: A.C.R.D "O Rumial".


DESCRIPCIÓN
A A.C.R.D "O Rumial", organiza a VIII Carreira Popular do Espiritu Santo, o domingo 18 de Xuño no lugar de Campo de Cortes, en Muros.

RECORRIDO
A proba na categoría absoluta contará cun recorrido de 8000 metros, que discorrerá por pistas forestais e asfalto.
O recorrido nesta categoría, estará marcado en cada kilómetro.

INSCRICIÓN
No correo electrónico carreirarumial@hotmail.com, ata o venres 16 de Xuño as 22:00, facendo constar nome é apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, e clube en caso de telo.
Os inscritos antes do Domingo 11 de Xuño, poderan contar con dorsal personalizado, facendo constar no correo da inscrición, o nome que queren por no dorsal.
O precio da inscrición será dun kilo de comida non perecedeira que se entregara no momento de recollida do dorsal. A comida que se recolla será doada na sede de "Caritas" en Muros.
Poderase retirar os dorsais ata 30 minutos antes do inicio da carreira.

CATEGORÍAS E PREMIOS
- Chupetes, 2014 e posteriores: (80m)
Medallas para tódolos participantes.
- Benxamíns, 2011 a 2013 : (300m)
Medallas para tódolos participantes.
- Alevíns, 2008 a 2010: (450m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- Infantís, 2005 a 2007: (600m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- Cadetes, 2002 a 2004: (1200m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.
- Absoluta, 2001 e anteriores: (8000m)
Trofeos para os tres primeiros clasficados/as.
Trofeo para o primeiro clasificado maior de 50 anos que non gañase trofeo na categoría absoluta.
Trofeo para a primeira clasificada maior de 45 anos que non gañase trofeo na categoría absoluta.
Trofeo para o primeiro clasificado menor de 23 anos que non gañase trofeo na categoría absoluta.
Haberá unha andaina paralela non competitiva co obxetivo de recoller máis alimentos.

- O rematar a proba haberá un completo avituallamento para tódolos participantes.

- Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de "Miraflores".

- Dado o espírito deportivo da proba non se admitirán reclamacións.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.