Calendario
Info da proba

Aios

14/05/2017 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
“XXX VOLTA PEDESTRE A AIOS”
A “XXX Volta Pedestre a Aios”, organizada pola Asociación Xuvenil OS RAPOSOS, celebrarase o vindeiro
Domingo 14 de Maio de 2017 a partir das 10:30 horas. A proba rexirase polo seguinte REGULAMENTO XERAL:
- PROBAS: (ver táboa) celebraranse 4 probas con percorridos e horarios diferentes según as categorías. A saída e
chegada de todas elas será no lugar de A Capela, diante da entrada ó recinto das festas:
PROBAS HORA CATEGORÍAS (masc. e fem.) Distancia
1ª 10:30 Pitufos: 2012 e posteriores.
Prebenxamíns: 2011-10
150 metros.
2º 10:45 Benxamíns: 2009-08
Alevíns: 2007-2006
1.500 metros
3º 11:15 infantís: 2005-2004
cadetes: 2003-02
3.250 metros
CATEGORÍAS FEMININAS
4º 11:45
XF: Xuvenís–Junior–Promesa: 2001-95
SF: Senior: 1994-83
VAF: Veterano A: 1982-73
VBF: Veterano B: 1972 e anteriores
5.750 metros
CATEGORÍAS MASCULINAS
4º 11:45
XM: Xuvenís–Junior–Promesa: 2001-95
SM: Senior: 1994-81
VAM: Veterano A: 1980-71
VBM: Veterano B: 1970-61
VCM: Veterano C: 1960 e anteriores
5.750 metros
CONTROL CON CHIP: Tódalas probas (excepto a 1ª proba de 150 metros) estarán controladas ao longo do percorrido a
través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores
teñen a OBRIGA de devolvelo cando finalice a proba. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. Este Chip, finalizada a proba, non ten
ningunha utilidade.
DESCALIFICACIONS:
-Todo corredor/a (DE CALQUIERA PROBA) que non entre en líña de meta co dorsal ben visible para a sua
identificación, cometa algunha irregularidade, ou non respete as indicacións dadas pola organización, será
automáticamente descalificado/a.
INSCRICIÓNS:
- ADULTOS: ata o Mércores 10 de Maio ás 24:00 horas na web (Única forma de
inscrición): www.championchipnorte.com. (se non eres usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse”
e seguir as instruccións para formaliza-las inscricións que desexes). Non se aceptarán as inscricións fora de
prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios.
- ESCOLARES: ata o Mércores 10 de Maio ás 24:00 horas na dirección de correo osrapososdeaios@gmail.com
ou no teléfono 647 72 53 04 en horario de 10.00 a 20.00. Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con
datos incompletos ou sen todolos datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e Apelidos,
Data de nacemento, sexo, teléfono de contacto, correo electónico de contacto (se o ten), Localidade e Provincia.
PRECIO da inscrición (tódalas categorías, agás a de pitufos levan control con chip):
Propietarios Chip Amarillo Championchip: 3,00 €
Corredores sen Chip amarillo Championchip: 4,00 €
NOTA: A PRE-INSCRICION NON SE COMPLETARÁ SE NON SE FAI O PAGO NO MOMENTO DE INSCRIBIRSE EN
WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM. Límite de inscritos na proba absoluta 700 persoas
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición deberedes dirixirvos ó teléfono: 982 81 68 84
Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba: 647 72 53 04
RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba no campo das festas de Aios, (ao carón da Capela de S.
Xoan de Aios) , no seguinte horario: de 9:00 h a 10:00 h
- Os percorridos estarán indicados e controlados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao
longo do percorrido.
- Resultados: www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org.
TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS: no mesmo lugar da saida da proba, inmediatamente despois da finalización da
proba de absolutos.
PROBAS:
- Trofeos ós 1º 2º e 3º clasificados de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeos ó 1º tanto masculino coma feminina na CRONOESCALADA
- Agasallos según dispoñibilidade e ata fin de existencias.
PREMIOS ECONÓMICOS:
- 200 € para o 1º absoluto, tanto Masculino coma Feminina.
- 150 € para o 2º absoluto, tanto Masculino coma Feminina.
- 100 € para o 3º absoluto, tanto Masculino coma Feminina.
Agasallos según dispoñibilidade e ata fin de existencias.
- A Asociación Os Raposos non se fai responsable dos danos morais ou materiais que, a sí mesmos ou a outras
persoas, ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer
durante o seu transcurso.
- Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e
comportamento deportivo de tódolos participantes. a Organización resérvase o dereito a modificar este
regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo
resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a total
aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumplimento.