Calendario
Info da proba

Orense-Carreira da Carballeira

22/10/2017 12:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DE OURENSE
CORRENDO POR OURENSE 2017
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar
manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes
Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club
Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VII Circuíto de Carreiras
Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello
de Ourense.
A Comisión Técnica está formada por:
• Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do
Vinteún.
• Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
• Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do
Centro.
• Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
• José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
• Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da
Carballeira.
• Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
2 de 8
1. DATA E LUGAR
O Circuíto “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras.
NÚM. DATA NOME
1ª DOMINGO
23/04/2017 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO
27/05/2017 CARREIRA DO COUTO
3ª DOMINGO
25/06/2017 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO
03/09/2017
CARREIRA DA ZONA
UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO
24/09/2017 CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO
22/10/2017 CARREIRA DA CARBALLEIRA
Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará
controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de
Ourense).
É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de
participar en todas, desestimarase o peor resultado.
3 de 8
2. HORARIOS E PERCORRIDOS
CARREIRA DO
VINTEÚN
DOMINGO
23/04/2017
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Saída: Rúa Madre Soledad, Av. Santiago,
Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río
Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do
Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.
CARREIRA DO
COUTO
SÁBADO
20/05/2017
22,00h: Pitufos
22,05h: Benxamín, Alevín
22,15h: Infantil e Cadete
22,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Saída: Rúa Dalí, Ervedelo, Juan de Anges,
Remedios, rotonda cara Antonio Puga,
Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Dalí.
CARREIRA DE
CORPUS
DOMINGO
25/06/2017
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Saída: Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII,
Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas
Carvajal, Paseo.
CARREIRA DA ZONA
UNIVERSITARIA
DOMINGO
03/09/2017
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Pista de atletismo, Campus universitario
(sur-este), Casarellas, Bamio,Rabaza,
Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro,
Campus universitario (norte), Pista de
atletismo.
CARREIRA DA
PONTE
DOMINGO
24/09/2017
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Saída: Francisca Herrera (12 de Octubre),
Av. de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta),
Av. Caldas, J.Antonio Moretón, Ribeiriño, Av.
Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, Vicente
Risco (ata a rotonda e volta ata a meta).
CARREIRA DA
CARBALLEIRA
DOMINGO
22/10/2017
12,00h:Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Junior,
Promesa, Senior e
Veteranos
Praza da Lexión, Castelo Ramiro, Hórreo,
Paspallás, Salto do Can, Rula, Castelo
Ramiro, Praza da Lexión.
 Os percorridos por categorías están especificados na información gráfica do
Circuíto.
 Por necesidades organizativas e/ou de seguridade cidadá estes percorridos
poden ser modificados.
 Ao longo do percorrido, a Organización poderá establecer tantos controis como
estime oportunos.
 É obrigatorio seguir a sinalización e as indicacións marcadas pola Organización.
 O avituallamento estará situado na meta.
4 de 8
3. PARTICIPANTES
As categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS 2011 E POSTERIORES
BENXAMÍN 2008 / 2009 / 2010
ALEVÍN 2006 / 2007
INFANTIL 2043 / 2005
CADETE 2002 / 2003
JUVENIL 2000 / 2001
JUNIOR 1998 /1999
PROMESA 1995 / 1996 / 1997
SENIOR 1994 E ANTERIORES ATA
VETERANOS
VETERANOS A DE 35 A 44 anos
VETERANOS B DE 45 A 54 anos
VETERANOS C DE 55 A 64 anos
VETERANOS D MAIORES DE 65
ABSOLUTA
 Para que os veteranos non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese
a data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
 Poderán participar atletas federados e non federados.
 Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.
4. INSCRICIÓN
o As inscricións realizaranse na páxina web [www.deportesourense.com]
facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. É
imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes.
o O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día
16 de marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o
luns seguinte a cada proba.
o Ó límite para as inscricións por equipos poderán facer ata a data de peche da
segunda carreira.
o A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías junior,
promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta.
o Unha parte da inscrición irá destinada a axudar a un colectivo social. Os
participantes que así o desexen poderán facer unha aportación económica a un
colectivo social
o A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os atletas
inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para
5 de 8
todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio
levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
o Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
o As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos é imprescindible
que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade (pódese adquirir no
procedemento de inscrición). Este chip xa queda en posesión do seu dono para
ser utilizado no Circuíto Correndo por Ourense e noutras carreiras que estean
cronometradas pola mesma empresa.
o No caso de que o corredor perda o chip propio deberá autoxestionar a través de
Championchip a compra doutro chip para seguir participando no Circuíto.
o As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete poden ter un chip en
propiedade (sempre que teñan DNI) seguindo o procedemento das categorías
superiores ou ben, poden usar o chip de préstamo que proporciona
gratuitamente a Organización. Neste último caso, no procedemento de
inscrición, deberá chequear a casiña que indica a anulación do pago do chip en
propiedade.
o O chip de préstamo (válido para todas a carreiras desta edición do circuíto)
recollerase para a primeira carreira na que se participe e, obrigatoriamente, terá
que devolvelo na última carreira do Circuíto, na última carreira na que participe
ou, por circunstancias particulares, nas oficinas do Pavillón de Deportes dos
Remedios.
o Na categoría pitufos corren sen chip.
o Ó finalizar o Correndo por Ourense 2017 os corredores que adquiriron o chip
neste Circuíto:
• Poden devolvelo chip nas oficinas do Pavillón dos Remedios no prazo de
15 días a partires do luns seguinte á última carreira do Circuíto 2017. Ao
remate deste prazo os corredores que devolveron o chip recuperarán 6€
que lle serán devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o pago a través
tamén da “pasarela de pago” de Championchip.
• Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de
carreiras controladas por ChampionChip.
6 de 8
EN NINGÚN CASO SE PODERÁ DEVOLVER UN CHIP QUE NON FOI ADQUIRIDO
NESTE CIRCUÍTO
o A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas,
rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 142/2016: “Reglamento de
Competiciones de Campo a Través, Pista (AL/PC), Marcha, Ruta, Montaña y
Trail para la temporada 2016-
2017”.http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/20166211236
21.pdf
Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA,
rechazará a inscrición dos corredores federados doutras federacións
autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de
ámbito autonómico.
o A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 22 de abril de
2017 no Pavillón dos Remedios de 10:00h a 20:00h. Con carácter extraordinario
poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende
90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.
o O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado
por procedementos automatizados.
o Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.
o Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente
regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do
evento.
5. CLASIFICACIÓN E PREMIOS
o A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na
clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que
teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
o Todos os que estén na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán
un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo. Na
clasificación absoluta haberá 2 modalidades:
o Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
7 de 8
o Clasificación Equipos mixtos dobres parellas: grupos integrados por 2 homes
e 2 mulleres. Sumaranse os postos dos 4 integrantes e gañará o equipo que
menos puntos sume en total.
o Recibirán Trofeos ó 1º, 2º e 3º equipo clasificado.
o Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar
documentalmente o ano de nacemento dos atletas por medio de DNI ou
documento legal en vigor.
o A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20h) terá lugar o sábado 18 de
novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios.
o Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un
agasallo en cada carreira.
o Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.
o Os integrantes dos equipos tamén optan á Clasificación Xeral Individual.
o Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán a
disposición dos corredores na sede do organizador ata 8 días despois. A partir
desa data enténdese que se renuncia a eles.
o No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral,
resultando gañador o que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será
o Comisión Técnica do Correndo por Ourense quen decida o criterio para
resolvelo.
6. RESPONSABILIDADE
o É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes.
o Todos os inscritos participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e
admiten gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar esta carreira.
o A Organización:
• Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero
declina toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente
por abandono do itinerario establecido ou neglixencia do participante.
• Contará con servizos médicos a disposición dos corredores e coa
colaboración da Policía Local de Ourense e de Protección Civil nos puntos
máis estratéxicos do percorrido.
• Recoméndalle aos participantes someterse a un recoñecemento médico
previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade
física.
8 de 8
• Non se fai responsable dos obxectos de cada participante, pero disporá no
Pavillón dos Remedios de taquillas suficientes para quen as precise, tendo
en conta que para o seu uso é necesario traer un candado. Porá a
disposición de todos os participantes duchas e servizos de aseo.
• Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes desta proba.
• Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
7. DESCUALIFICACIÓN
o Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non seguir a sinalización específica da carreira (vallas, cintas...) ou as
directrices do persoal que intervén na Organización, que irá debidamente
identificado.
• Non completar todo o percorrido ou non pasar os controis.
• Non levar dorsal ou manipulalo.
• Falsificar datos persoais.
• A suplantación de identidade.
• Utilizar vehículos de axuda ou mesmo bicicletas, patíns, carriños de bebé
e/ou similares.
• Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na
proba ou inscritos noutras categorías.
• Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia
seguridade, para outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
• Calquera outra circunstancia non prevista no presente regulamento pero
que a Organización considere que é motivo de descualificación.
8. RECLAMACIÓNS
o As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da
publicación oficial dos resultados.
o Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
O presente regulamento pode ser modificado para a súa mellora por parte da
Organización.