Calendario
Info da proba

San Sadurniño

28/05/2017 9:00 - 14:00
Regulamento O Concello de San Sadurniño en colaboración co C.P.I de San Sadurniño van organizar o vindeiro domingo 28 de maio a[b] "4ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño".

REGULAMENTO DA PROBA
DATA: DOMINGO 28 DE MAIO DE 2017.

HORARIO, DISTANCIA, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUITOS.

11.10 H.
1.000m
ESCOLARES A Masc. e Fem.
Nados 2005/2006/2007
Circuito 4

11.30 H.
400m neutralizados+ 5 km

ESCOLARES B Masc e Fem.
ESCOLARES C Masc e Fem.
SUB 23 Masc e Fem.
SENIORS Masc e Fem.
VETERÁNS A Masc e Fem.
VETERÁNS B Masc e Fem.
VETERÁNS C Masc e Fem.
Nados 2003 e 2004
Nados 2000/2001/2002
Nados 1999 ata 1995
Nados 1994 ata 39 anos
De 40 a 49 anos
De 50 a 59 anos
Máis de 60 anos
Circuito 5

12.40 H.
400m
BENXAMÍN MASC. e FEM.
Nados 2008 e 2009
Circuito 3

12.50 H.
220m
PITUFOS MASC. e FEM.
Nados 2010 e 2011
Circuito 2

13:00 H.
70m
BIBERÓNS
Nados 2012 e 2013
Circuito 1
13:20 H.

13:45 Entrega de trofeos

LUGAR.
Paseo Fluvial do río Xubia de San Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro).

https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2


ENTIDADES ORGANIZADORAS.
Concello de San Sadurniño.
Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino e Mocidade

C.P.I de San Sadurniño


REGULAMENTO.
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da FGA.

2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.

3. A proba está aberta a todos e todas as atletas, federados/as ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

4. As categorías serán dende biberóns ata veteráns.

5. Cada corredor ou corredora participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun nivel de condición física óptimo para afrontala proba.

6. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.

7. Todas as categorías, exceptuando biberóns e pitufos, estarán controladas con chip, ó chip terá que ser devolto ó remate da proba, a non devolución do chip terá un coste de 5 euros para o participante.

8. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá, polos cales terán que pasar todas as persoas participantes para non ser descalificadas.

9. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao/á xuíz/xuíza árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

10. RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.

A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da F.G.A. que estarán autorizados a descalificar.
Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:

Non realizar todo o circuíto da carreira.
Manipular o dorsal ou correr co dorsal doutra persoa
Falsificar datos persoais.
Por agresións físicas ou verbais hacia outro participante ou hacia a organización.
Por conductas antideportivas ou contra do medio ambiente
Non atender ás indicacións dos xuizes ou da organización

11. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real Federación Española de Atletismo) e IAAF (Federación Internacionnal de Atletismo Amateur) para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

12. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.

13. Seguro: cada participante estará amparado/a por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.

14. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA dende unha hora antes do comezo da carreira e ata que finalice a entrega de premios.

15. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, redes sociais, etc.

16. En función do número de participantes, a organización poderá establecer varias saídas para as categorías de pitufos e biberóns.

17. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de descalificación.

18. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

19. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O mal tempo non será motivo de suspender a proba.

20. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento, poderá ser descalificado.

21. A carreira de 5Km se poderá realizar correndo e/ou camiñando, sendo o tempo máximo para realizala de 50 minutos.
22. En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión ou impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase axuda á organización, que xestionará a recollida.

CATEGORÍA DE EQUIPOS (carreira de 5 km).
Para participar na categoría de equipos, terán que cumprir os seguintes requisitos:

Inscribirse previamente de forma individual na carreira de 5Km (nados no ano 2004 ou anteriores).
Formar un equipo como mínimo de 6 persoas e sen un número máximo de participantes.
Inscribirse como equipo do Concello de San Sadurniño ou como equipo doutro Concello (son clasificacións excluíntes).
Correr cunha camiseta identificativa da mesma cor.
Os equipos teñen que ser mixtos (mínimo 3 mulleres e 3 homes).
Poñer un nome ao equipo (colexio ..., club...).
Se o equipo participa como equipo de San Sadurniño, deberá inscribirse baixo un denominador común (por cursos, pais e nais do alumnado, traballadores e traballadoras de...., pertencer a unha sociedade deportiva cultural, exalumnos ....).
A clasificación por equipos obterase sumando o posto da xeral absoluta dos 6 primeiros (3+3) clasificados do equipo (e dicir, puntúan os 3 primeiros rapaces e as 3 primeiras rapazas ou viceversa). O equipo que sume menos puntos é o equipo gañador. En caso de empate o equipo gañador será o que teña a última persoa clasificada dos 6 en mellor posición.
O prezo da inscrición na categoría de equipo non ten custe engadido.


OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar nas distintas probas todos aqueles e aquelas atletas que o desexen, por norma xeral en competicións do calendario autonómico non porán participar atletas españois con axuda económica da RFEA.

O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

CLASIFICACIÓN.
A clasificación e a cronometraxe será mediante chip e por xuíces en todas as categorías, exceptuando biberón e pitufos nas que non haberá clasificación, e correrán todos con dorsal 1.

A clasificación poderá ser consultada:
No taboleiro habilitado para tal efecto no lugar da proba
Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.gal
No páxina web do C.P.I San Sadurniño www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/
Na Paxina web de Emesports www.emesports.es

INSCRICIÓNS.
Prezo:
O prezo da inscrición na carreira de 5 km é de 3 euros para os nados no ano 1999 ou maiores. Gratuita para os nados nos anos 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004.

O prezo da inscrición para o resto de carreiras (categorias inferiores) é gratuíta.

Devolución da inscrición:
Se o participante decide anular voluntariamente a inscrición, a organización non devolverá o importe de dita inscrición.

Nº de Prazas:
- Número máximo de prazas na proba de 5Km e de 700 atletas
- O resto das categorías sen límite de prazas

Prazo de inscrición:
- Individuais: Ata o Mércores 24 de maio
- Categoría de Equipos (5Km): Ata o Domingo 21 de maio (O que participe na categoría de equipos terá que inscribirse previamente de forma individual).

Lugar e forma de inscrición.
Incricións individuais:
- Por Internet: Na páxina web de Emesports www.emesports.es
- Presencialmente no C.P.I de San Sadurniño (só comunidade educativa do C.P.I de San Sadurniño).

Incricións de Equipos:
- Presencialmente no CPI San Sadurniño
- Por internet enviando correo a c.equipossansa@gmail.com
Na categoría de equipos, haberá que indicar: nome do equipo, nome e apelidos de cada participante e sexo de cada participante; e indicando se inscríbese como equipo de San Sadurniño ou equipo doutro Concello.


RETIRADA DE DORSAIS.
- A retirada de dorsais e chips será:
O día anterior de 18:00 a 20:00 no C.P.I de San Sadurniño, (Avda. Marqués de Figueroa, San Sadurniño). https://goo.gl/maps/qwnXKdrzyCx

O mesmo día no lugar da proba:
- Carreira de 5 Kms de 9:10 a 11:10 horas (infantil de 2º ano ata veteráns).
- O resto das categorías ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
- Non haberá inscricións o mesmo día da proba.

AVITUALLAMENTO.
Líquido e sólido ó final da proba para todas as persoas participantes.

SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición de todos e todas as participantes na carreira de 5Km. un servizo de fisioterapia gratuito.

APARCADOIRO.
O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para que tanto as persoas participantes como o público poidan deixar o coche.

https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2

DUCHAS.
As duchas e vestiarios para as persoas participantes estarán situadas no Pavillón Polideportivo Municipal (Avda. Marqués de Figueroa nº 19).

https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32

GARDARROUPA.
Habilitarase un servizo de gardarroupa no mesmo lugar da carreira.

XANTAR.
Todas aquelas persoas que desexen quedarse a xantar o rematar a carreira poderán realizar a reserva a través do email asociacionculturaldz@gmail.com ou chamando o teléfono 649.381.132.
Para os que non queden a xantar haberá pinchos para repoñer forzas (para os pinchos non haberá que realizar reserva).

AGASALLOS.
- Camiseta para todas as persoas participantes na carreira de 5Km.
- Obsequio para todas as persoas participantes no resto das probas.
- Agasallo para os 6 primeiros equipos de cada categoría.

CATEGORÍAS E PREMIOS.

CATEGORÍAS
DISTANCIA
PREMIOS
Equipos do Concello de
San Sadurniño
5 KM
Premio especial para o equipo gañador e agasallo para os 6 primeiros equipos clasificados
Equipos doutros Concellos
5 KM
Premio especial para o equipo gañador e agasallo para os 6 primeiros equipos clasificados
Veteráns C: Maiores de 60 anos, Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Veteráns B: 50 a 59 anos, Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Veteráns A: 40 a 49 anos, Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Sénior. Nados no ano 94 ata 39 anos, Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Sub 23. Nados no ano 1999, 1998, 1997, 1996 e 1995
Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares C. Nados nos anos 2000, 2001, 2002, Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares B. Nados nos anos 2003, 2004 Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
Escolares A. Nados nos anos 2005, 2006 e 2007 Masc. e Fem.
1000 m
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino e medalla para cada participante
Benxamín. Nados nos anos 2008 e 2009 Masc. e Fem.
400 m
Trofeo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino e medalla para cada participante
Pitufos. Nados nos anos 2010 e 2011 Masc. e Fem.
220 m
Medalla para cada participante
Biberóns. Nados nos anos 2012 ou posteriores Masc. e Fem.
70 m
Medalla para cada participante
Participante de Maior Idade Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo
Categoría ABSOLUTA
3 primeiros clasificados da xeral
Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo e agasallo para os/as tres primeiros clasificados masculino e feminino
1º Clasificad@ Masc. e Fem. do
Concello de San Sadurniño
5 KM
Trofeo ao 1º home e á 1ª muller empadroado no Concello de San Sadurniño


COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización se vexa obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunha causa do importe da inscrición.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, ós sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos/as, empregados/as e demais persoal organizador de toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como lesión, perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, se estará ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.

SERVIZOS AOS CORREDORES E CORREDORAS.
O prezo da inscrición inclue os seguintes servizos:
Dereito a participar na proba
Avituallamento líquido e sólido na meta
Seguro de responsabilidad civil e de accidentes
Obsequio
Gardarroupa
Aparcadoiro
Duchas
Cronometraxe con chip
Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos
Servizo de fisioterapia

CIRCUÍTOS.
Sinalización.
Todos os circuitos estarán balizados con cintas e na carreira de 5 Km tamén estarán marcados os puntos kilométricos (cada kilómetro). Toda a sinalización será retirada pola organización o mesmo día da proba.
Nº de Circuitos.
Haberá 5 circuítos debidamente sinalizados