Calendario
Ver carrera

Xinzo de Limia

14/05/2017 10:40

[ Go Back ]

Descripción
CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2017
14 DE MAIO DE 2017
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
[b]

A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2017 está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o domingo día 14 de maio de 2017.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:40 H para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
b. Ás 12:00 H para a carreira Infanil-Cadete (2.500 m)
c. Ás 12:20 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.500 m)
d. Ás 12:35 H para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:45 H para a carreira Pitufos (150 m)

2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
6. O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 27 de abril.

As incricións para as carreiras INFANTIL-CADETE, BENXAMÍN-ALEVÍN, PREBENXAMÍN E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, O, P, Q), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 H do día 11 de maio.
 Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
 Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M, N) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 11 de maio.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 5,00 € en concepto de cuota de inscrición.
Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.

Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe licencia federativa de atletismo.


A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 11 DE MAIO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.


O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá ningún premio nin trofeo.
Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.

Consulta as categorías e premios no regulamento da proba en www.championchipnorte.com

[ Go Back ]