Calendario
Info da proba

Portomarín

16/04/2017 12:30 - 14:00
Regulamento III Carreira Popular Festa da Augardente de Portomarín
"A carón do río"

Ven á III Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido único, a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza do século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unhas
fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto engadirlle a Festa da Augardente.

Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 16 de abril.

Non faltes!

Data: domingo, 16 de abril de 2017
Hora:
Categorías escolares: 11:00h
Categoría absoluta: 12:30h
Lugar: Portomarín, Lugo
Distancia: dende 100 a 7,800 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Portomarín.

REGULAMENTO DA PROBA:
Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza Condes
fenosa, a carón da igrexa.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o
uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará
a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, en ningún
caso se permitirá correr sen dorsal.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de
cronometraxe subministrado pola organización excepto para os
propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación
tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba,
nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos
danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
- O percorrido estará sinalado cada quilómetro.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
Haberá un agasallo para cada atleta, e un
AGASALLO ESPECIAL de productos da zona
para @ atleta que supere o record
masculino/feminino de tempo do ano pasado
que está en 28:14 e 33:21 minutos .
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da
Praza Condes Fenosa de Portomarín.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas)
coas distancias (aproximadas) correspondentes:
Categoría Chupete: nad@s en 2012 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2011 e 2009– 500 metros
Categoría B: nad@s entre 2008 e 2006 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2001 e 2005 - 1.500 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 12:30 da mañá con saída da Praza
Condes Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,8 quilómetros
(aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 2000 e 1992.
Categoría E: nad@s entre 1991 e 1982.
Categoría F: nad@s entre 1981 e 1972.
Categoría G: nad@s entre 1971 e 1962.
Categoría H: nad@s entre 1961 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó
enderezo infoportomarin@concellodeportomarin.es, ou de xeito
presencial na casa do Concello de Portomarín ou no número de
teléfono 982545070.
O prazo de inscrición remata o martes 11 de abril ás 24:00
horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non
cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo
participar na proba.
- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Inscripción 2€ @s atletas que posean o chip amarelo, dos que
1€ que será doado a una entidade benéfica.
Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 3€ en
concepto de inscrición e de alquiler do chip no momento de inscribirse
na web.
O prazo de inscrición remata o 11 de abril ás 24:00 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen
non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non
deixalo participar na proba.
PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Praza
Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo
dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido por camiños de terra
entre pinos e a carón do río Miño, co mesmo percorrido do ano
pasado. Voltamos a vila e acadaremos a meta despois dun percorrido
ó redor de 7,8 quilómetros.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da
proba (16 de abril) nos soportáis da Casa do Concello a partir das
10:00 horas.

PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: cesta de productos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín.
Avituallamento no medio do percorrido e o final da proba para tod@s @s atletas .

Haberá unha zona habilitada pola organización para degustación de balde de produtos da zona ó rematar a entrega de premios, no pavillón de deportes na Praza Condes Fenosa.

PREMIO ESPECIAL o equipo con maior número inscritos na carreira.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas do albergue municipal e do pavillón.
- Guardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispor de servizo de guardarroupa no pavillón.
- Aparcadoiros: disporase dunha zona de estacionamento ubicada na esplanada do campo de fúbol .
- Albergue : disporase de albergue gratuito para os atletas e familiares que desexen vir o sábado (aforo máximo en literas 85 prazas) , debe comunicarse chamando o teléfono do Concello antes do día 12 de abril.

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com