Calendario
Info da proba

Noia

02/09/2017 21:00 - 23:00
Regulamento XXI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan
conxuntamente a XXI edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 2 de setembro de
2017 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo
(Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do V CIRCUITO PROVINCIAL DE
CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA e se rexirá polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
CHUPETE* nados/as en 2013 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2010-2011-2012 350 metros aprox.
BENXAMIN nados/as en 2008-2009 1000 metros aprox.
ALEVIN nados/as en 2006-2007 1000 metros aprox.
INFANTIL nados/as en 2004-2005 3000 metros aprox.
CADETE nados/as en 2002-2003 3000 metros aprox.
XUVENIL nados/as en 2000-2001 3000 metros aprox.
JUNIOR nados/as en 1998-1999 8 km aprox.
PROMESA nados/as en 1995-1996-1997 8 km aprox.
SENIOR nados/as entre 1983 e 1994 8 km aprox.
VETERANOS/AS 1 nados/as entre 1978 e 1982 8 km aprox.
VETERANOS/AS 2 nados/as entre 1968 e 1977 8 km aprox.
VETERANOS/AS 3 nados/as entre 1958 e 1967 8 km aprox.
VETERANOS/AS 4 nados/as en 1957 e anteriores 8 km aprox.
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.
CONCELLO
DE NOIA
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada
proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORÍA
21:00 h Chupete (250 metros aprox.)
21:07 h Pitufo (350 metros aprox.)
21:15 h Benxamín e Alevín (1000 metros aprox.)
21:30 h Infantil, Cadete e Xuvenil (3000 metros aprox.)
22:00 h Junior ,Promesa,Senior e Veteranos (8 km aprox.)
23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a xuvenil) realizarase a través
da web www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.
As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de JUNIOR en adiante) realizaranse
tamén a través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 5 € por
participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 30 de agosto ás 23:00 horas. NON SE
ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das
probas ata media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100.
Os atletas da categoria xuvenil que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km
aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico
FGAsantiago@gmail.com onde se lle indicará como deben proceder.
5. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Estableceranse os seguintes prêmios:
• Tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Tres primeiros classificados de cada categoria tanto masculinos como femininos.
• Primeiro atleta local classificado da carreira absoluta, tanto masculino como feminino.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o do atleta local.
Tamén haberá trofeo para os 3 primeiros clubes da clasificación final.
Na clasificación por equipos puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1
punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O
empate resolverase segundo o disposto na normativa da IAFA. Para poder obtar a este
prêmios os equipos deberán estar federados en atletismo, feito que deberán xustificar así
como a composición de cada equipo, co certificado federativo ou da delegación
correspondente no seu defecto.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non haberá
trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 € 1ª Clasificada: 300 €
2º Clasificado: 175 € 2ª Clasificada: 175 €
3º Clasificado: 125 € 3ª Clasificada: 125 €
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás
probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa
identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o seu
nº de conta.
6. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP que lle será entregado no momento da
recollida do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve
colocado de xeito visible na zona anterior do corpo será automáticamente descualificado.
7. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la
temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista
cubierta y aire libre” da tempada 2016-2017. Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
8. Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de
percorrido, e outro situado na liña de meta.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó
finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta
conmemorativa do evento.
10. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da
FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.