Calendario
Info da proba

O Grove

09/04/2017 10:10 - 13:10
Regulamento I ANDAINA PENINSULA DO GROVE
9 DE ABRIL DE 2017
1. O Clube Deportivo Ria de Arousa do Grove e o Concello de O Grove organizan a 3ª BTTrail península
do Grove, tratase dunha proba deportiva que consta de tres probas deportivas, unha andaina non
competitiva e unha carreira TRAIL RUNNING o dia 9 de Abril de 2017 e unha BTT a celebrárase o día 11 de
xuño de 2017, todas elas con saída e chegada na Zona do Porto Meloxo (O Grove).
Estas probas deportivas teran carácter solidario coas seguintes asociacions:
Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (ASFEGA) C/ Aquilino Iglesia Alvariño, 21 Bajo 27004- LUGO,
www.asfega.es, asociación adicada as enfermindades metabólicas.
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) Avda. Alcalde Gregorio Espino, 57 · Bajo · 36205 –
Vigo, www.sogaps.org.
Das inscripcions, destinaranse 2 € (dous euros) as asociacions, de todo o recuadado entre as tres probas
repartirase a partes iguais entre as asociacions unha vez remate o BTTrail Peninsula do Grove de 2017.
e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás 10:10 horas.
2. A proba I ANDAINA PENINSULA DO GROVE rexirase por este regulamento.
3. A proba terá un recorrido aproximado de 13 Km e discurrirá por parte dos montes de Grove (monte
siradella) asi como polas zoas de importancia natural (Lagoa da Bodeira) e de diferentes Praias do Grove,
(Areas das Pipas, Praia Mexilloeira, Area da Cruz, Praia de Raeiros), E o tempo estimado para relaizala é
de 3 horas. (HORA DE REMATE 13;10 HORAS)
4. PARTICIPANTES: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 16 anos, o correrdor/a ten
que estar físicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saude xeral sin padecer enfermidade,
defecto físico ou lesión que poida agravarse coa sua particiapacion en dita proba. O deportista asume que
para a realización da da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva, asi como ir equipado
con roupa adecuada a actividade que se propon.
Permitirase participar a nenos de 10 a 15 anos sempre que sea acompañados polos seus respectivos país
ou tutores.
O máximo de particiapantes será de 200.
5. INSCRICIÓNS: Desde o 5 de Marzo e ata o 6 dia de Abril, ou ata que se rematen as plazas disponibles,
segundo os métodos indicados no apartado de inscricións, na paxina web habilitada a tal fin. Dita
inscripción da dereito a participar na proba, de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos,
duchas, servizo de animacion socio-culturais e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
6. PREZO: O importe da inscrición é de 3+2 € (2€ son a participación solidaria con Asociación
Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (ASFEGA) e ). Os nenos de 10 a 15 anos será gratuita a sua inscripción.
7. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con cinta de plástico, sendo obrigatorio o paso
polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas en todos os puntos posibles.
8. TEMPOS DE PASO: a organización establecera un tempo de corte nun punto determinado que se
indicara con antelación, os corredores que non o superen deberán retirarse da proba xa que nin a
organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os "Corredores
Escoba" ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a si
o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire deberá
avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal e chip de cronometraxe.
9. AVITUALLAMENTOS: Existirán 1 avituallamentos en carreira, e outro o final de meta que será líquido e
sólido. Se o día é de moita calor, a organización reservase a posibilidade de colocar algún avituallemento
liquido mais.
Terminantemente prohibido levarse botellas de agua de plástico dos avituallamentos, así como los vasos,
barritas geles, etc… na man durante o trail, e depositaranse os restos nos contenedores habilitados,
Estaremos nun espacio natural e para poder seguir disfrutando do mesmo e do trail somos todos nos os
que debemos velar pola sua conservación. A Organización velará de forma moi especial no cumplimento
deste apertado e chegando o caso prodederase á descalificación do infractor.
Permitirase o uso de calquer sistema de hidratación (cinto o mochila tipo camelback) reutilizable.
9. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete
a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda
as indicacións da organización.
10. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos
diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou
por forza maior.
11. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación
nos cruces de carretera.
12. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando
totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, quad por
todo o circuito.
13. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos
perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso
de accidente ou lesión.
14. A inscripción na proba implica a aceptación deste regulamento.