Calendario
Info da proba

Tordoia

17/06/2017 All Day Event
Regulamento VIII Tordoia in Essence

- Carreira popular pedestre 6850 m
- Andaina popular 6850 m

Terreo: asfalto e terra (a maior parte).

Todas as categorías.


REGULAMENTO ESPECÍFICO DAS PROBAS

Poderán participar atletas federados e non federados; e haberá unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo da organización.
Inscricións até o xoves 15 de Xuño ás 23:59 horas na web www.carreirasgalegas.com
Premios e trofeos:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados empadroados no Concello de Tordoia da carreira absoluta.
Tamén se outorgarán trofeos aos tres primeiros clasificados da carreira xeral absoluta (premios NON acumulativos)
No referente á ANDAINA, non haberá trofeos. Si que levarán, en cambio, como todos os participantes nas carreiras, unha camiseta commemorativa.
A saída terá lugar no campo da festa de Cabaleiros (Seixán). Os participantes estarán na saída 5 minutos antes da proba co seu pertinente dorsal identificador.
Entrega de dorsais: a entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realizarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), respetándose a publicidade existente neles.
Servizos: Haberá servizos de duchas no pavillón polideportivo municipal de Cabaleiros.
Categorías dos participantes:

- CATEGORÍAS E PERCORRIDOS

- Pitufo Nados no 2012 e posteriores 17:45 horas. 100m.
- Prembenxamín: nados/as en 2010 e 2011. 17:55 horas. 300m.
- Benxamín e Alevín. Nados en 2008-2009 e 2006-2007. 18:05 horas. 700m.

- ANDAINA: Para todas as idades. 18:15h. 6850m
- CARREIRA ABSOLUTA. PERCORRIDO. 19:10h 6850m
Xuvenil 2000-2001 19:10h. 6850m
Junior 1998-1999 19:10 6850m
Promesa 1995-1996-1997 19:10 6850m
Senior 1994 até veteranos 19:10 6850m
Veterano/a 1 Nados/as entre 1977 e 1982 19:10 6850m
Veterano/a 2 Nados entre 1968 e 1976 19:10 6850m
Veterano/a 3 Nados entre 1958 e 1967 19:10 6850m
Veterano/a 4 Nados en 1957 e anteriores 19:10 6850m
- Infantil e Cadete. Nados en 2004-2005 e 2002-2003. 20:10 horas. 1800m.

ENTREGA DE TROFEOS: 20:45 horas.