Calendario
Info da proba

Coristanco

07/05/2017 10:00 - 12:00
Regulamento CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CORISTANCO 2017
1. PARTICIPACIÓN
Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen,
con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de
Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN
As categorías serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Biberón 2012 - 2017
Pre-benxamín 2010 - 2011
Benxamín 2008 - 2009
Alevín 2006 - 2007
Infantil 2004 - 2005
Cadete 2002 - 2003
Xuvenil 2000 - 2001
Junior 1999 - 1998
Promesa 1995 - 1996 - 1997
Senior 1994 ata veteranos
Veteranos 1 de35 a 40 as cumpridos ata o día da proba
Veteranos 2 de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 3 de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 4 a partir de 60 anos de idade cumpridos ata o día a proba
 As categorías Biberón e Pre-bexamín non son categorías competitivas
3. DISTANCIAS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada no patio do colexio Xosé Pichel.
O percorrido da proba estará indicado e controlado. A organización contará coa
colaboración dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico
ao longo do percorrido.
HORA CATEGORIA DISTANCIA
10:00h Alevín /Benxamin 1,24 km
10:10h Infantil/Cadete 2,48 km
10:30h Xuvenil 4,85 km
10:30h ABSOLUTA: Junior/Promesa/Veterano 9,71 km
11:50h Prebenxamín/Biberón 100 m
4. INSCRICIÓNS
As inscricións da carreira popular en todas as súas categorías realizaranse a
través da páxina web Carreira Galegas.
O prazo de inscrición rematará o 3 de mayo do 2017.
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata cadetes): Gratuita
- Adultos (de xuvenil a veterán): 6 €
Non se aceptarán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira, con datos
incompletos ou sen todos os datos obrigatorios, os cales serán: nome, apelidos,
data de nacemento, teléfono, localidade de procedencia e provincia.
5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o venres día 5 de maio na oficina de deportes – Edificio de Servicios
Múltiples (Rúa da Pataca s/n – Coristanco) en horario de 16:00 a 20:00 horas;
tamén poderán recollerse o mesmo día da proba no pavillón municipal a partir
das ……… horas e ata media hora antes do inicio da primeira proba.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte
anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta que
entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
6. TROFEOS
Recibirán trofeo:
- Os/as 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo
- O/a 1º/ª corredor/a local da carreira de 9,71 km
- O corredor absoluto recibirá o seu peso en patacas
- Tódolos/as participantes das categorías pre-benxamín e biberón recibirán
unha medalla conmemorativa
7. AVITUALLAMENTO
Todos os atletas participantes recibirán un avituallamento sólido e líquido a
finalizar a proba.
8. DUCHAS
O servizo de duchas estará situado no Pavillón Municipal.
A organización roga a todos os que vaian a facer uso destas instalación que
respeten e cuiden as mesma, así mesmo, non se fai responsable da pérdida,
roubo ou deterioro de calquer obxeto persoal.
9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
- Os horarios das saídas poderán ser modificados a criterio do xuiz e árbitro
da proba, en función do número de participantes en cada proba.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co
Regulamento da FGA
- DEREITOS DE IMAXE: O participante autoriza o uso de fotografías propias
sepre que o seu uso garde relación co evento no que se suscribe. Coa
realización da inscrición o participante admite que organizador, poida facer
uso da imaxe detodos os participantes en calquera formado xa sexa gráfico
ou dixital.