Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: Yetiboom
Novos hoxe: 1
Novos onte: 0
Total: 18456

Xente conectada:
Foreiros: 4
Visitantes: 84
Robots: 4
Plantilla: 0
Calendario

Info da proba

Cambados

11/08/2017 19:00
Regulamento XXIII MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO
CONCELLO DE CAMBADOS


Data: venres 11 de agosto de 2017.
Hora: 19:00 horas.
Lugar: Cambados
Distancia: de 800 metros a doble milla (3.218 metros)
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados e Club Atletismo Cambados
Inscripcións: Ata media hora antes no lugar da proba, e de 09:30 A 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 (Alfredo V. Oliveira)

A XXIII MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cambados e o Cub Atletismo Cambados, celébrase o vindeiro venres 11 de agosto ás 19:00 horas, con saída e chegada no Paseo Marítimo de Cambados. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL

CATEGORÍAS HOMES E DISTANCIAS
A- de 10 a 13 anos 800 metros
B- de 14 a 17 anos 800 metros
C- de 18 a 35 anos doble milla (3.218 metros)
D- de 36 a 49 anos milla (1.609 metros)
E- de 50 anos en diante milla (1.609 metros)

CATEGORÍAS MULLERES E DISTANCIAS
A- de 10 a 13 anos 800 metros
B- de 14 a 17 anos 800 metros
C- de 18 a 35 anos doble milla (3.218 metros)
D- de 36 a 49 anos milla (1.609 metros)
E- de 50 anos en diante milla (1.609 metros)


Si algún corredor/a das categorías D e E para homes e para mulleres quere optar ós premios en metálico, deberá inscribirse na categoría C, especificandoo no momento da inscripción.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible no peito para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

O percorrido estará indicado, controlado e cortado ó tráfico. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes.

Contarase cun servizo de médico, auxiliares sanitarios e ambulancia e cos seguros de reponsabilidade civil e accidentes.

INSCRIPCIÓNS:
DATOS OBRIGATORIOS: NOME E APELIDOS, IDADE, SEXO E LOCALIDADE.

PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA
RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba no PASEO MARÍTIMO DE CAMBADOS, a partir das 18:00 horas.

TROFEOS E PREMIOS

Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría. Trofeo ó primeiro/a cambadés/esa da proba raíña.

Medallas para tódolos participantes das categorías A e B.

Camisetas conmemorativas ata esgotar existencias.

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS DA CATEGORÍA C

Tanto para homes como mulleres

1º 300 €
2º 200 €
3º 100 €
4º 75 €

ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un xustificante de pago unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será no Paseo Marítimo de Cambados, unha vez rematadas tódalas probas.

A Concellería de deportes do Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espítitu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.
le Milla Urbana Cambados[/b]


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy