Calendario
Info da proba

Cambados

09/07/2017 10:30
Regulamento VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS

Data: domingo 9 de xullo de 2017.
Hora: 10:30 horas.
Lugar: Cambados.
Distancia: 10.000 metros homologados pola RFEA.
Organiza: Concello de Cambados e Club Atletismo Cambados.
Inscripción: ata o xoves 6 de xullo ás 23:00 horas e www. championchipnorte.com

A VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados, celebrarase o vindeiro domingo, 9 de xullo ás 10:30 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A proba estará suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

Celebrarase unha sola proba de 10.000 metros CON CONTROL DE CHIP, por un circuito urbano pechado ó tráfico e homologado pola RFEA, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.

CATEGORÍAS HOMES

XM: Junior: Nacidos nos anos 1998, 1999.
SM: Promesa- Senior: Nacidos nos anos 1997 e anteriores ata veteranos.
VAM: Veteranos A: De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba.
VBM: Veteranos B: De 46 a 55 anos cumpridos o día da proba.
VCM: Veteranos C: De 56 anos en diante cumpridos o día da proba.

CATEGORÍAS MULLERES

XF: Junior: Nacidas nos anos 1998, 1999.
SF: Promesa-Senior: Nacidas nos anos 1997 e anteriores ata veteranas.
VAF: Veteranas A: De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba.
VBF: Veteranas B: De 46 a 55 anos cumpridos o día da proba.
VCF: Veteranas C: De 56 anos en diante cumpridos o día da proba.

Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á liña de meta sen o seu chip, non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolvelo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIPNORTE. Este chip, finalizada a proba, non ten ninguna utilidade.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Contarase cun servicio de ambulancia, cun médico e cos seguros obrigatorios de reponsabilidade civil e de de accidentes.

Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal dende as 11:00 ás 14:00 horas.

Resultados: www.championchipnorte.com

INSCRIPCIÓNS

DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓVIL, EMAIL, CLUBE (se o ten).

PRAZO: Ata o xoves 6 de xullo, ás 23 horas. A través da páxina web: www.championchipnorte.com

Todo corredor abonará directamente á empresa Championchipnorte a cantidade de 5€ en concepto de aluguer polo chip para a cronometraxe e o dorsal; e a cantidade de 6€ se non se ten en propiedade o chip amarelo.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos á empresa cronometradora.

Calquera dúbida relacionada coa organización da proba: Sección de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados.

Non se admitirán inscripcións fora de plazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS (NA MESMA PRAZA), a partir das 8: 30 horas ata media hora antes do inicio da proba.

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO

Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS NA PROBA

Homes Mulleres


1º 300 € 1ª 300 €
2º 200 € 2ª 200 €
3º 100 € 3º 100 €
4º 75 € 4ª 75 €



ENTREGA DE PREMIOS

Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un “recibí” unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será na Praza de Fefiñáns e comenzará sobre as 11:45 horas (aproximadamente). Tódolos premiados deberán de estar presentes na entrega de premios. De non ser así, entenderase que renuncian ós premios acadados.

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados non se fan responsables dos danos morais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase dacordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor para `probas en ruta, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.


pular de CAMBADOS[/b]