Calendario
Info da proba

Gondomar

13/05/2017 18:00 - 21:30
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA
1º A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar a Sociedade Atlética Val Miñor e contando
co patrocinio do Grupo Miñor, organizan o día 13 de maio de 2017 a Carreira Pedestre XVII
Memorial Manuel Barros, estas probas de atletismo darán comezo a partir as 18:00 h.
2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, coa excepción dos
atletas estranxeiros federados no seu país, excepto os portugueses que non foran internacionais co
seu país nos derradeiros 5 anos. O control da carreira estará a cargo dos xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
3º O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive),
e polos arredores do Concello para a carreira de (10 km).
4º A orde de saída será a seguinte:
HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
18:00 Júniors Femininos/ Masculinos
Xuvenís Femininos/Masculinos
Cadetes Femininos/masculinos
1999/1998
2000/2001
2002/2003
2.600 m
18:15 Infantís Femininos/Masculinos 2004/2005 1.600 m
18:30 Alevíns Femininos/Masculinos 2006/2007 1.000 m
18:50 Benxamíns Femininos 2008/2009 600 m
19:00 Benxamíns Masculinos 2008/2009 600 m
19:10 Pre-benxamíns Femininos 2010/2011 300 m
19:20 Pre-benxamíns Masculinos 2010/2011 300 m
19:30 Pitufos Femininos /Masculinos 2012/2013 100 m
20:00 Carreira absoluta 1997 e anteriores 10 km
21:30 ENTREGA DE PREMIOS
5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Promesas/Sénior 1997 ata Veteranos/as F/M Promesas/Sénior 1997 ata Veteranos/as
Veteranos A de 35 a 44 anos Veteranos B a 54 F/M
anos
Veteranas A de 35 a 44 anos
Veteranos B de 45 a 54 anos Veteranas B de 45 anos en diante
Veteranos C de 55 a anos en diante
6º INSCRICIÓNS. Será obrigatorio; Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou
pasaporte, sexo, nº de licenza federativa (no caso de ser atletas federados,) teléfono de contacto e
nome do club no caso de non ser independente. O prazo de inscrición remata o 10 de maio de
2017 as 20:00 h., a organización será rigurosa co período de peche das inscricións. Na carreira
absoluta (de promesas a veteranos), a inscrición farase na paxina web: www.carreirasgalegas.com .
Esta terá unha taxa de 6 € que deberá aboar a través da pasarela de pago e cubrir os datos
solicitados no formulario. Nas categorías menores a través da mesma páxina web:
www.carreirasgalegas.com , estas categorías non teñen taxa.
7º Os dorsais e chisps serán entregados o día anterior a proba na casa da Cultura de Gondomar en
horario de 17:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba (até 30 minutos antes da celebración de cada
carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a
publicidade impresa se a houbese durante tódalas probas.
8º Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o
circuíto da carreira, non levar o dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
9º A carreira será controlada por os xuíces da federación Galega de atletismo que terán como
máximo responsable o xuíz árbitro. Tódalas reclamacións serán atendidas ata 30 minutos máximo
despois da finalización da proba.
10º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora e 15 minutos do
comezo da proba.
11º Premios: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como
masculina e medallas conmemorativas nas categorías de benxamíns, pre-benxamíns e pitufos.
Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor, na carreira absoluta. Haberá agasallos
conmemorativos nas categorías alevíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.
12º Premios en metálico da carreira absoluta:
HOMES MULLERES
1º 250 € 1º 250 €
2º 150 € 2º 150 €
3º 100 € 3º 100 €
4º 50 € 4º 50 €
5º 30 € 5º 30 €
13º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven
premio en metálico.
14º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos,
inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
15º Haberá un servizo de ambulancia con médico durante todo o evento.
16º Tódolos participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
17º As reclamacións deberán facerse verbalmente ó xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois da comunicación oficial dos resultados. Si son desestimadas por este, poderase presentar
reclamación por escrito, acompañada dun deposito de 60 € ó xurado de apelación.
18º O non previsto neste regulamento resolverase de acordo co manual da IAAF ou RFEA en vigor.
19º Os gastos de desprazamento dos participantes correran do seu cargo.
20º Tódolos atletas durante a carreira estarán cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de
accidentes.
21º Haberá servizo de duchas no campo de fútbol Municipal de Gondomar (AS CERCAS).
ORGANIZACION: CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE GONDOMAR, SOCIEDADE
ATLÉTICA VAL MIÑOR.
PATROCINIO: GRUPO MIÑOR E CONCELLO DE GONDOMAR.
COLABORADORES: ROSQUILLAS CRISTALEIRO, COCA COLA.