Calendario
Info da proba

Corcubión

16/09/2017 17:30 - 20:00
Regulamento XVCARREIRA POPULAR
VILA DE CORCUBIÓN 2017
SÁBADO 16 DE SETEMBRO 2017
IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES
CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2017
ÍNDICE PÁX
1. IDEOLOXÍA DA XVI CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN. 3
2. CARTEL DA 16ª XVI CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN 2017 4
3. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PREVISTOSDAS CARREIRAS 5
4. PERCORRIDOS 6
5. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE 9
6. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS 10
7. SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS 11
8. INSCRICIÓNS 12
9. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS 14
10. ANEXO 1. MODELO AUTORIZACIÓN PATERNA 17
DA 4ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 2017
IDEOLOXIA CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN
A XVI Carreira Popular Vila de Corcubión 2017 que terá lugar o sábado 16 de
Setembro, enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola
Costa da Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de
actividade físico- deportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis
saudable.
Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.
Nesta carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e
nenas como adultos (dende 3 anos).
Cartel XVI CARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PREVISTOS DAS CARREIRAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIO SAÍDA
Pitufo Mixto
2010-2014 (ambos
incluídos)
450 metros 17:30 horas
Benxamín Masculino
Femenino
2009-2008 900 metros 17:45 horas
Alevín Masculino
Femenino
2007-2006 900 metros 18:00 horas
Infantil
Cadete
Xuvenil
Sénior 3K Contra o Cancro
Masculino
Femenino
Masculino
Femenino
Masculino
Femenino
Masculino
Femenino
2005-2004
2003-2002
2001-2000
1999 (incluído) e
anteriores
3.000 metros 18:15 horas
Sénior 10K Masculino
1977-1998
Femenino
Veteranos M40 Masculino
1967-1976
Femenino
Veteranos M50 Masculino 1966 (incluído) e 10.000 metros 19:00 horas
Femenino anteriores
Cadeiras de rodas Masculino 2001 (incluído) e
Femenino anteriores
Hanbbike Masculino 2001 (incluído) e
Femenino anteriores
• Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello
organizador e poderán ser consultados en www.championchipnorte.com así coma
na web municipal www.corcubión.galCOR
Todos e cada un dos circuítos discorren polo núcleo urbano da vila.
CIRCUITO A: (450 metros)
CONSULTAR TRACK:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7292762
Circuito B: (1.500 metros)
CONSULTAR TRACK:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7359793
Circuito C: (5.000 metros)
CONSULTAR TRACK:https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18691467
RAL E DE SEGURIDADE
1. A XVI Carreira Popular Vila de Corcubión 2017 rexerase pola regulamentación de
Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece
os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real
Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a
ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do
seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita aos seguros de responsabilidade civil do Concello de
Corcubión e da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de
accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un
médico se a proba non supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou
suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns deseguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automáticamente.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, consideraranse
a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
estará amparada polos seguros da proba nin poderá participar de trofeos e
obsequios.
8. As diferentes probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
9. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é
libre e leva implícito a aceptación do regulamento xeral da proba. Todo o non
previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da
Federación Galega de Atletismo, RFEA e IAAF en vigor.
10. A organización da proba porá a disposición dos participantes (previa identificación e
acreditación):
 O c.m.carrumeiro para que os participantes se podan cambiar e duchar (sito
na muelle).
 Servizo de garda roupa para os participantes da proba que estará ubicado
no Casino (lugar de recolida dedorsais).
 Servizo de fisioterapia, en colaboración coa Clínica de Fisioterapia Sar de
Cee, para aqueles atletas que o precisen. Este servizo prestarase no interior
da Carpa de Protección Civíl de Muxia que estará ubicada nas inmediacións
da Casino Corcubión .
11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola
organización.
12. Descualificacións:
 O servizo médico da proba está facultado para retirar durante a carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estadofísico.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo que llecorresponda.
 Todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
13. A carreira 10K estará sinalada cada quilómetro.
14. Na carreira de 10K habilitarase, no punto 5.000 m., un avituallamento líquido na
meta . As demáis carreiras terán un único avituallamento: o especial demeta.
15. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa aos
participantes adultos.
DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar o presente regulamento e calquera
posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización (ver
anexo I).
Dito modelo poderase descargar das páxinas web seguintes: corcubión.gal e/ou
www.championchipnorte.com
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquiridos os compromisos que
a continuación se expoñen:
 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
 Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atención especiais, etc.)
deberá facelo constar no reverso do dorsal daproba.
 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación, internet,... para a promoción
do deporte. Do mesmo xeito calquera persoa inscirta poderá prohibir a
utilización da súa imaxe previa solicitude expresa porescrito.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS
Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (que deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías agás pitufo (os chips serán
facilitados pola organización).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitados pola organización).
O atleta que non porte chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
Tanto os dorsais coma os chips (no caso de non posuílos) poderanse recoller nas mesas
de inscrición habilitadas para tal fin no “CASINO DE CORCUBIÓN” a partir das 16:00
horas e ata 30 minutos antes do inicio de cadacarreira.
Os corredores de circuito 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán
usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Asemade empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de no posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participe. A retirada de dorsal e chip deberase realizar como
mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio de cada carreira e dende as
16:30 horas.
 No caso de perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina web
www.championchipnorte.com
 No caso da perda ou rotura do dorsal poderá solicitar outro á organización. Non
haberá posibilidade de solicitar un terceirodorsal.
Os corredores de carreira e os corredores de categorías de base (inferiores) usarán
“chip de carreira (branco)” que deberán devolver á organización ao remate da mesma.
Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no mesmo.
INSCRICIÓNS
INSCRICIÓNS DE CATEGORÍAS BASE (gratuítas)
As categorías base son: pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base
Corredores de circuíto (todas as categorías agás Pitufo): son os atletas que participan
na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto nesta proba estánpechadas.
Corredores de carreira:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización
paterna deberase imprimir e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser
descargada en www.championchipnorte.com ou cee.gal
2) Presentando a autorización paterna asinada no Servizo de Deportes do
Concello de Corcubión.
Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á
hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com ou cee.gal
2) Presentando a autorización paterna asinada no Servizo de Deportes do
Concello de Corcubión.
INSCRICIÓNS PARA CATEGORÍA SÉNIOR, VETERANOSE ADAPTADA
Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga 10K e 3K.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto nesta proba estánpechadas.
Corredores de carreira: son atletas que só participan de maneira puntual nalgunha das
probas do circuíto.
 Os corredores de carreira poderán inscribirse na proba 10k ou na proba 3k
Contra o Cancro.
 Non participan na liga.
 Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiranparticipar.
 Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do
dorsal e que deberán devolver ao remate daproba.
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da
páxina web www.championchipnorte.com
COTAS DE INSCRICIÓN
A inscrición para as categorías base será gratuíta (de pitufo a xuvenil).
A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para esta proba concreta e
independente terá un custo de 5 € para aqueles corredores que teñan en propiedade o
chip, e de 6 € para aqueles que deban alugalo.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o mércores 13 de xuño ás 23:59 horas.
CLASIFICACIÓNS,TROFEOS/MEDALLAS
En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba
segundo vaian chegando á meta. NON SUBIRÁN AO PODIO.
En categoría benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os
participantes na proba segundo vaian chegando á meta. SÓ SUBIRÁN AO PODIO OS
TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA CATEGORÍA.
En categoría infantil, cadete e xuvenil recibirán trofeo e SUBIRÁN AO PODIO OS
TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA UNHA DAS
CATEGORÍAS.
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 3K CONTRA O CANCRO
Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 3K Contra o Cancro.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral
(os tres primeiros/as que entren na meta).
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 10K
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados en cada unha das
categorías (sénior, M40, M50 e adaptada), independientemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Corcubión.
CERIMONIA DE ENTREGA DE TROFEOS
Unha vez rematada a última proba, que será a sénior 10K (saída fixada para ás 19:00
horas), procederase ao acto de entrega de trofeos previsto para ás 20:00 horas nas
inmediacións do Casino de Corcubión(próximo á zona de saída e meta)