Calendario
Info da proba

Mazaricos

14/05/2017 10:30 - 13:00
Regulamento 1. Ideoloxía
O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de
carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e
deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte:
Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as
como adultos (dende os 2 anos).
1.1. As posibilidades de participación son fundamentalmente dúas en sénior:
1.1.1 Corredores de carreiras: son aqueles deportistas (adultos e menores de
idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o
circuíto pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer
unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas
categorías de adultos os corredores terán a posibilidade de inscribirse na
proba 3K Contra o Cancro ou 10K.
• As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da
celebración da cuarta proba puntuable.
• Na proba 3K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta
independentemente da súa idade. A distancia desta proba poderá variar
entre os 2000 e os 4000 metros en función do concello organizador.
• Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar
entre os 8000 e 10000 metros en función do concello organizador.
1.1.2 Corredores de circuíto (3K Contra o Cancro e 10K): son deportistas (adultos)
que se inscriben co obxectivo de completar un mínimo de sete probas do
circuíto na modalidade de 3K Contra o Cancro ou 10K. Estes atletas entran na
clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación
xeral do circuíto.
• Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip
amarelo.
• Os corredores de Circuíto poderán participar de xeito simultáneo na
competición por equipos, sempre que estean inscritos dentro dun equipo.
1.2. En categorías base as posibilidades de participación son fundamentalmente dúas:
1.2.1 Corredores de circuíto (todas as categorías excepto Pitufo): son os atletas
que participan na liga.
• As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da
celebración da cuarta proba puntuable.
• As inscricións deberán facerse na plataforma
www.championchipnorte.com.
• A autorización paterna para todo o circuíto deberá imprimirse e ser
presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais e
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 2
chip en cada unha das probas do circuíto (o chip terán que devolvelo
despois de cada carreira).
A autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou
en www.mazaricos.gal.
• Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto para
puntuar.
1.2.2 Corredores de carreira: son aqueles deportistas que se inscriben nunha ou
en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non participan
na competición do circuíto.
• Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen
participar.
• As inscricións deberán facerse na plataforma
www.championchipnorte.com
• A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá
ser descargada en www.championchipnorte.com ou en
www.mazaricos.gal.
2. Probas
O circuíto estará composto por un total de 10 probas. Comezará o día 12 de marzo de 2017
coa VI Carreira Popular Concello de Camariñas, e rematará o 15 de outubro de 2017 coa IV
Carreira Popular Concello de Fisterra.
CONCELLO DATA PROBA
1ª proba Camariñas 12-03-2017 VI Carreira Pedestre Concello de Camariñas
2ª proba Vimianzo 26-03-2017 VII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
3ª proba Mazaricos 14-05-2017 II Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
4ª proba Dumbría 27-05-2017 III Carreira Pedestre Concello de Dumbría
5ª proba Zas 03-06-2017 IV Carreira Pedestre Concello de Zas
6ª proba Cee 24-06-2017 IV Carreira Pedestre Concello de Cee
7ª proba Muxía 09-07-2017 IV Carreira Pedestre Concello de Muxía
8ª proba Carnota 20-08-2017 XXVI Carreira das Areas Concello de Carnota
9ª proba Corcubión 16-09-2017 XVI Carreira Pedestre Vila de Corcubión
10ª proba Fisterra 15-10-2017 IV Carreira Pedestre Concello de Fisterra
Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello
organizador e poderán ser consultados en www.championchipnorte.com así coma nas
diferentes páxinas web dos concellos.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 3
3. Categorías, distancias e horarios
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIO
Pitufo Mixto 2010 – 2014 (ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 13:00:00
Benxamín
Masculino
2009-2008 1000 m. (aprox.) 10:30:00 Feminino
Alevín
Masculino
2007-2006 1000 m. (aprox.) 10:30:00 Feminino
Infantil Masculino
2005-2004 2000-4000 m. (aprox.) 11:00:00 Feminino
Cadete
Masculino
2003-2002 2000-4000 m. (aprox.) 11:00:00 Feminino
Xuvenil Masculino
2001-2000 2000-4000 m. (aprox.) 11:00:00 Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
1999 (incluído) e anteriores 2000-4000 m. (aprox.) 11:00:00 Feminino
Sénior 10K
Masculino
1978-1999 8.000 - 10.000 m. 11:45:00 Feminino
Veteranos M40
Masculino
1968-1977 8.000 - 10.000 m. 11:45:00 Feminino
Veteranos M50
Masculino
1967 (incluído) e anteriores 8.000 - 10.000 m. 11:45:00 Feminino
Cadeira de rodas
Masculino
2001 (incluído) e anteriores 8.000 – 10.000 m. 11:45:00 Feminino
Handbike Masculino
2001 (incluído) e anteriores 8.000 – 10.000 m. 11:45:00 Feminino
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 4
4. Percorridos
Carreira Alevín e Benxamín: 1.000 m. Aproximadamente (10:30 h.)
Percorrido: Campo da Feira, Avda. 13 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua do Batan, Rua
Wolfran, Rua do Xallas, Avda. Francisco Suarez Salgado, Campo da Feira.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 5
Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete e Infantil): 3.000 m
aproximadamente (11:00 h.)
Percorrido: Campo da Feira, Rua Benito Jurjo, Avda. 13 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua Rey
Ferradas, Igrexa, Quintans, A Picota, Rua do Wolfran, Rua do Xallas, Avda. Francisco Suarez
Salgado, Campo da Feira
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 6
Carreira 10K (categorías Sénior, M40, M50, cadeira de rodas e handbike): 10.000 m
(11:45 h.)
O circuíto 10K e un recorrido de 5 Km ao que se lle dan 2 voltas:
Percorrido: Campo da Feira, Rua Benito Jurjo, Avda. 13 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua Rey
Ferradas, Igrexa, Quintans, Lugarnovo, Sanfoga, A Picota, Rua do Xallas, Avda. Francisco
Suarez Salgado, Campo da Feira
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 7
Carreira Pitufos: 300 m aproximadamente(13:00 h.)
Percorrido: Circuito do Campo da Feira.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 8
5. Normativa xeral e de seguridade
5.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo
pola Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do
Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos
esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto
1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de
2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de
2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde
se realice, ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de
accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
5.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará
dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750
participantes.
5.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos,
así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de
seguridade.
5.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para
desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
5.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a
todos os efectos usuarios normais da vía.
5.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos
seguros da proba.
5.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é
libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non
previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da
F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
5.9. O concello de organizador porá a disposición dos participantes na carreira unha
zona habilitada para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a
disposición dos corredores un servizo de garda roupa.
5.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
5.11. O concello organizador porá a disposición dos corredores e corredoras da carreira
3K Contra o Cancro e 10K un servizo de fisioterapia.
5.12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento
da recollida dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se
teña dereito a ningún tipo de agasallo.
5.13. Descualificacións:
5.13.1 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a
proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
5.13.2 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 9
5.13.3 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
6. Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo
poderase descargar da páxina web www.mazaricos.gal así coma de
www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
6.1. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá
facelo constar no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción
do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe
previa solicitude expresa por escrito.
7. Sistema de cronometraxe / chips e recollida de dorsais
7.1. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá
ir suxeito aos cordóns das zapatillas).
7.2. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola
organización), agás pitufo.
7.3. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola
organización).
7.4. O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
7.5. O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección
de carreira.
7.6. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 9:30
horas. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio de cada
proba.
7.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga
deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un
único dorsal para todas as probas do circuíto.
7.7.1 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira
proba do circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal
efecto. A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30
minutos de antelación ao inicio da carreira.
7.7.2 No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 10
7.7.3 No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización.
Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
7.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e
carreira) usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao
remate da mesma.
Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar
habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
7.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade
dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta
suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
8. Tipos de competicións
8.1. Competición Individual (ver punto 11).
8.2. Competición por equipos (ver punto 9).
8.3. Competición adaptada (ver punto 10).
9. Competición por equipos
9.1. Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando
estean inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o
Cancro ou 10K.
9.2. Formación de equipos: Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e
un máximo de 10 corredores. No equipo deberá haber obrigatoriamente
participación feminina, seguindo a seguinte correlación:
Número de atletas por equipo Número de atletas femininas por equipo
5 ou 6 2 mulleres como mínimo
7 ou 8 3 mulleres como mínimo
9 ou 10 4 mulleres como mínimo
*Poderá haber equipos formados unicamente por atletas femininas.
9.3. Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que
aparecen no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda-equipos
9.4. O prazo de inscrición rematará o mércores día 8 de marzo de 2017 ás 23:59 horas.
A partir de dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e
tampouco se poderán facer modificacións nos integrantes dos equipos.
9.5. Sistema de puntuación:
9.5.1 Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3
carreiras do circuíto como mínimo.
9.5.2 Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo
de 3 atletas do equipo, independentemente do xénero.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 11
9.5.3 Se nunha determinada carreira un equipo non remata a proba cun mínimo
de 3 atletas, dito equipo será penalizado do seguinte xeito: todos os atletas
do equipo (ata completar o mínimo de tres) que non rematen ocuparán o
último posto na clasificación xeral masculina da carreira e a puntuación do
equipo será a que lle corresponda tendo en conta ditos postos.
9.5.4 Os/as atletas adaptados (só cadeira de atletismo) poderán integrarse dentro
dun equipo e poderán puntuar só naquelas probas nas que o percorrido sexa
o mesmo que os da competición non adaptada.
9.5.5 O sistema de puntuación rexerase por unha táboa de clasificación
compensada, na que entrarán tanto os resultados dos atletas adaptados
coma os dos non adaptados.
9.5.6 O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
9.5.7 A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma
dos puntos por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO
Equipo A: 6 chegados nos postos 10 masc + 20 masc + 21 masc + 5 fem + 10 fem + 15 fem
Puntos por posto de chegada a meta: 60
Puntos por chegados á meta: 16
Puntos do equipo: 60/16 = 3,75 puntos.
Neste exemplo práctico tomamos a referencia de clasificación dos dous primeiros
masculinos (postos 10 e 20) e as tres primeiras femininas (postos 5, 10 e 15) para facer a
suma dos puntos por chegados.
10. Competición adaptada
10.1. Competición adaptada 10K en cadeira de rodas masculina e feminina.
10.2. Competición adaptada 10K en handbike masculina e feminina.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 12
10.3. Poderán participar en handbike ou cadeira de rodas todas aquelas persoas que
cumpran os requisitos esixidos neste regulamento, estean federados ou non, con
discapacidade física que xustifique a súa participación en dita modalidade.
10.4. Só poderán participar nestas categorías atletas que cumpra 18 ou máis anos no
ano 2017 e menores de idade nad@s en 2001 e 2000, sempre e cando os
responsables de ENKI o consideren adecuado despois de estudar o grao de
discapacidade. No suposto que non sexa así, incluirase ao atleta na proba que
mellor se adapte ás súas condicións independentemente da idade. Os/as menores
nados/as en anos anteriores aos antes mencionados, só poderán correr na carreira
3k Contra O Cancro ou na categoría que lle corresponda por idade.
10.5. Nas probas onde exista competición adaptada a saída dos atletas en cadeira de
rodas e handbike realizarase con antelación á saída do resto de atletas.
10.6. Os/as atletas en cadeira de rodas ou handbike poderán participar igualmente
naquelas carreiras que non formen parte do seu Circuíto, sempre que o percorrido
o permita. Nestes casos ditos atletas non poderán optar a premios.
10.7. Os atletas deberán presentarse na zona de control (Carpa ENKI) 30 minutos antes
do inicio da proba para pasar o control de material, realizado pola organización.
10.8. No control de material revisarase os seguintes elementos, que deberán estar
homologados e funcionar correctamente:
• Casco
• Chasis
• Banderín de visibilidade
• Rodas
• Sistema de freado
• Sistema de dirección
10.9. O calendario de carreiras do Circuíto adaptado é o seguinte:
• VI Carreira pedestre Concello de CAMARIÑAS.
• VII Carreira pedestre Concello de VIMIANZO.
• II Carreira pedestre Concello de MAZARICOS.
• IV Carreira pedestre Concello de ZAS.
• IV Carreira pedestre Concello de CEE.
Estamos pendentes de confirmar a posible inclusión da carreira de FISTERRA no Circuíto de
carreiras adaptadas.
10.10. Para poder optar á clasificación de Circuíto os/as atletas de categoría adaptada
deberán participar (chegar á meta) nun mínimo de 4 carreiras.
11. Inscricións das competicións individuais e adaptada
11.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com,
ata o mércores anterior á celebración da proba ás 23:59.
11.2. As inscricións para os participantes nas categorías sénior, M40, M50, adaptadas
(cadeira de rodas e handbike) só se poden facer a través da plataforma de
Championchip.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 13
11.3. As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da
plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no
departamento de deportes do concello de Mazaricos.
11.4. Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
11.4.1 Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
• Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 3K Contra o Cancro
(deberán especificalo no momento de realizar a inscrición).
• Teñen que asistir a un mínimo de sete probas do total do circuíto.
• Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para
todo o circuíto.
• Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
• As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da
celebración da cuarta proba puntuable.
11.4.2 Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira
puntual nalgunha das probas do circuíto.
• OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU
NA PROBA 3K CONTRA O CANCRO.
• Non participan na liga.
• Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran
participar.
• Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do
dorsal e que deberán devolver ao remate da proba.
11.5. Cotas de inscrición:
11.5.1 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba
determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip,
e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
11.5.2 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá
un custo de 25 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 35 € (25 €
de inscrición + 10 € pola compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban
mercar o chip.
11.5.3 A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da
Morte” permite aos atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un
prezo reducido de 10 €. Dito chip será válido para participar en calquera
proba cronometrada por Championchip.
11.6. Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base (as cales serán
gratuítas)
11.6.1 Corredores de circuíto (todas as categorías agás Pitufo): son os atletas que
participan na liga.
• As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da
celebración da cuarta proba puntuable.
• Farase na Plataforma championchip www. championchipnorte.com.
• A autorización paterna para todo o circuíto deberá imprimirse e ser
presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais en
cada unha das probas do circuíto. Dita autorización poderá ser descargada
en www. championchipnorte.com ou en www.mazaricos.gal.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 14
• Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto.
11.6.2 Corredores de carreira: Plataforma championchip
www.championchipnorte.com
• A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá
ser descargada en www.championchipnorte.com.
• Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de
Deportes do concello organizador.
11.6.3 Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte
xeito:
• Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser
descargada en www.championchipnorte.com ou en www.mazaricos.gal.
• Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de
Deportes dos diferentes concellos organizadores ou entregándoa nas
conserxerías dos Centros Educativos.
• O prazo de inscrición pecharase o mércores anterior á data da carreira ás
23:59 h. e non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito
prazo.
12. Carreira 3K Contra o Cancro
Na 4ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito todo o
que se recade coas inscricións desta proba (agás o
correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá
destinado a ese fin e será entregado a dita asociación
cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o
Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado
Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas
que compoñen o circuíto.
13. Clasificacións e trofeos/medallas de carreira
13.1. Clasificacións da proba 10K:
13.1.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.1.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías (sénior, M40, M50, adaptado en
cadeira de rodas, e adaptado en handbike), independentemente da súa
condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
13.1.3 Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a
empadroado/a do concello organizador.
13.1.4 Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 15
13.2. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
13.2.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.2.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías Absoluta (nados en 1999 ou
antes), Xuvenil, Cadete e Infantil independentemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
13.3. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
13.3.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
13.3.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
13.4. Medallas conmemorativas:
Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa todos
os participantes en ditas probas.
14. Clasificacións e trofeos/medallas do IV Circuíto
Correndo pola Costa da Morte
14.1. Clasificacións do circuíto 10K:
14.1.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto
10K. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no
circuíto non optan a esta clasificación.
14.1.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete
probas para poder optar aos premios, agás os corredores adaptados que
deberán correr as probas que formen parte do circuíto adaptado.
14.1.3 No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7
resultados acadados.
14.1.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das
probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito
que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha
das categorías.
14.1.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
• Número de probas rematadas.
• Maior número de mellores postos.
• Maior distancia en quilómetros percorridos (no caso de que as carreiras teñan
distintas distancias).
14.1.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e
tres primeiras clasificados/as das categorías sénior, M40, M50.
14.1.7 Recibirán o trofeo Especial Conservas Boya o primeiro e primeira
clasificados da categoría adaptada en handbike e tamén o primeiro e
primeira clasificados da categoría en cadeira de rodas.
14.1.8 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local
(empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 16
14.1.9 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo
(atletas non empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
14.2. Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
14.2.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto
3K Contra o Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se
inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
14.2.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete
probas para poder optar aos premios.
14.2.3 No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7
resultados acadados.
14.2.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das
probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito
que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha
das categorías.
14.2.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
• Número de probas rematadas.
• Maior número de mellores postos.
• Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras
teñan distintas distancias).
14.2.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e
tres primeiras clasificados/as da categoría absoluta.
14.3. Clasificacións por equipos:
14.3.1 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes
Aurora Sport de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 10K.
14.3.2 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes
Aurora Sport de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 3K Contra o
Cancro.
14.4. Clasificacións do circuíto de base:
14.4.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto
de cada categoría de base. Os atletas que participen en todas as probas pero
non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
14.4.2 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e
tres primeiras clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete
e xuvenil.
14.4.3 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7
probas para poder optar aos premios.
14.4.4 No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos mellores 7
resultados acadados.
14.4.5 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das
probas na súa categoría (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3
puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a
vencedor/a en cada unha das categorías.
14.4.6 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 17
• Número de probas rematadas.
• Maior número de mellores postos.
• Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras
teñan distintas distancias).
14.5. Premios especiais:
14.5.1 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de
circuíto que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se
inscribiron.
14.5.2 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de
circuíto de base que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na
que se inscribiron.
14.6. Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da
Morte” organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro
atletas en cada unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente
antelación.