Calendario
Info da proba

Os 100 do 2017

24/06/2017 16:00
Regulamento Os 100 do 2017: Primeira proba de 100km en 24 horas en Galicia, agora na súa 4ª edición

Saída de Noia o 24 de xuño de 2017 ás 16h, cun percorrido de 100km por corredoiras, pistas e camiños polos concellos do Barbanza: Noia, Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, para regresar, tras 100km a Noia cunha subida acumulada de 3.330 m. Haberá 10 avituallamentos, incluíndo o famoso xantar de confraternización participantes - voluntarios en Noia.

Nas modalidades de Ultraandaina ou Ultratrail (sen retencións). É unha proba non competitiva, pero os que cheguen terán diploma co tempo empregado e medalla de finisher.

Máximo de inscritos: 300. O 8 de febreiro abriuse o prazo de inscrición e nunha semana xa se cubriron o 50% de prazas. Coste da inscrición: Ata o 31 de marzo, 50€ na web
. A partir do 31 de marzo e ata o 10 de xuño, se quedan prazas, o coste será de 75€. Pagamento por PayPal.

Máis info en http://itrekkers.org/2017/ e no noso Facebook.

Podes ver o vídeo da edición pasada en


Perfil da proba:


Mapa da proba:


Cartel de Os 100 do 2017: