Calendario
Info da proba

Carnota

20/08/2017 10:00 - 13:00
Regulamento Categorías, distancias e horarios da XXVI Carreira das
Areas, Concello de Carnota
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIO
Pitufo Mixto 2010 – 2014 (ambos incluídos) 300 metros aprox. 12:45 horas
Benxamín Masculino
2009-2008 1.000 metros aprox. 12:15 horas Feminino
Alevín Masculino 2007-2006 1.000 metros aprox. 12:15 horas
Feminino
Infantil Masculino
2005-2004 3.000 metros aprox. 11:30 horas Feminino
Cadete Masculino
2003-2002 3.000 metros aprox. 11:30 horas Feminino
Xuvenil Masculino 2001-2000 3.000 metros aprox. 11:30 horas
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 4
Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
1999 (incluído) e anteriores 3.000 metros aprox. 11:30 horas Feminino
Sénior 10K Masculino
1978-1999 10.000 metros aprox. 10:00 horas Feminino
Veteranos M40 Masculino
1968-1977 10.000 metros aprox. 10:00 horas Feminino
Veteranos M50 Masculino
1967 (incluído) e anteriores 10.000 metros aprox. 10:00 horas Feminino
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12. Percorridos da XXVI Carreira das Areas, Concello de
Carnota
Carreira 10K (categorías Sénior, M40 e M50): 10.000 m (10:00 h.)
Percorrido:
 Saída da Praza de Galicia
 Dirección rúa Igrexa
 Estrada da praia: cruzar a pasarela de madeira e pasar entre dúas bandeirolas
publicitarias.
 Xirar á esquerda (dirección Maceiras) e percorrer cerca de 1,5 Km de areal
 Damos volta na bandeirola publicitaria e collemos dirección Boca do Río (3,5 Km)
 Á beira do río, xiramos sobre outra bandeirola publicitaria e regresamos ata a zona
por onde baixamos.
 Facemos o camiño de volta pola estrada da praia, rúa Santa Comba e chegamos á
Praza de Galicia.
Tempo máximo de remate da proba 1h e 15´.
Consulta o percorrido premendo neste enlace
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 5
SAÍDA
PERCORRIDO AREAL
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 6
CHEGADA
Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete e Infantil): 3.000 m
aproximadamente (11:30 h.)
Percorrido:
 Saída da Praza de Galicia
 Dirección rúa Igrexa
 Estrada da praia: cruzar a pasarela de madeira e xiramos sobre unha bandeirola
publicitaria.
 Facemos o camiño de volta pola estrada da praia, rúa Santa Comba e chegamos á
Praza de Galicia.
Tempo máximo de remate da proba 45´.
Consulta o percorrido premendo neste enlace
SAÍDA
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 7
PERCORRIDO
CHEGADA
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 8
Carreira Alevín e Benxamín: 900 m. aproximadamente (12:15 h.)
Percorrido:
 Saída da Praza de Galicia
 Subimos pola rúa Igrexa e collemos pola rúa que se encontra ó lado da farmacia.
 Pasamos entre a igrexa e o cemiterio e por diante do Hórreo de Carnota.
 Seguimos pola rúa Santa Comba para chegar á Praza de Galicia.,
 Son dúas voltas.
Tempo máximo de remate da proba 30´.
Consulta o percorrido premendo neste enlace
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 9
Carreira Pitufos: 300 m aproximadamente (12:45 h.)
Percorrido:
 Saída da Praza de Galicia.
 Dirección rúa Igrexa.
 Pasamos entre a igrexa e o cemiterio e por diante do Hórreo de Carnota.
 Seguimos pola rúa Santa Comba para chegar á Praza de Galicia.,
Tempo máximo de remate da proba 15´.
Consulta o percorrido premendo neste enlace
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 10
1. Normativa xeral e de seguridade
1.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo
pola Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración
de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado
no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real
Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
1.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se
realice, ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que
terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
1.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará
dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
1.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
1.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela
e non se devolverán os cartos da inscrición.
1.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos
usuarios normais da vía.
1.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 11
1.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre
e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en
vigor.
1.9. O concello de Carnota porá a disposición dos participantes na carreira o pavillón
polideportivo municipal para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a
disposición dos corredores un servizo de garda roupa na casa do concello.
1.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
1.11. O Concello de Carnota porá a disposición dos corredores e corredoras da carreira 3K
Contra o Cancro e 10K un servizo de fisioterapia, situado na Praza de San Gregorio.
1.12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da
recollida dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se teña dereito a
ningún tipo de agasallo.
1.13. Descualificacións:
1.13.1 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
1.13.2 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
1.13.3 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a organización.
2. Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo
poderase descargar da páxina web do Concello de Carnota (www.carnota.gal) e en
www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
2.1. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
2.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
2.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa
por escrito.
3. Sistema de cronometraxe / chips e recollida de dorsais
3.1. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
3.2. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización),
agás pitufo.
3.3. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 12
3.4. O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
3.5. O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
3.6. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 08:00h
na planta baixa da casa do Concello e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
3.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán
usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
3.7.1 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto. A retirada de
dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da
carreira.
3.7.2 No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
3.7.3 No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non
haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
3.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e
carreira) usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da
mesma.
Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado
para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
3.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
4. Tipos de competicións
4.1. Competición Individual (ver punto 11).
4.2. Competición por equipos (ver punto 9)
5. Competición por equipos
5.1. Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean
inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K.
5.2. Formación de equipos: Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e
un máximo de 10 corredores. No equipo deberá haber obrigatoriamente participación
feminina, seguindo a seguinte correlación:
Número de atletas por equipo Número de atletas femininas por equipo
5 ou 6 2 mulleres como mínimo
7 ou 8 3 mulleres como mínimo
9 ou 10 4 mulleres como mínimo
*Poderá haber equipos formados unicamente por atletas femininas.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 13
5.3. Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que
aparecen no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda-equipos
5.4. O prazo de inscrición rematará o mércores día 24 de maio de 2017 ás 23:59 horas. A
partir de dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se
poderán facer modificacións nos integrantes dos equipos.
5.5. Sistema de puntuación:
5.5.1 Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3 carreiras
do circuíto como mínimo.
5.5.2 Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo de 3
atletas do equipo, independentemente do xénero.
5.5.3 Os/as atletas adaptados (só cadeira de atletismo) poderán integrarse dentro dun
equipo e poderán puntuar só naquelas probas nas que o percorrido sexa o mesmo que os da
competición non adaptada.
5.5.4 O sistema de puntuación rexerase por unha táboa de clasificación compensada, na
que entrarán tanto os resultados dos atletas adaptados coma os dos non adaptados.
5.5.5 O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
5.5.6 A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma dos
puntos por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO
Equipo A: 6 chegados nos postos 10 masc + 20 masc + 21 masc + 5 fem + 10 fem + 15 fem
Puntos por posto de chegada a meta: 60
Puntos por chegados á meta: 16
Puntos do equipo: 60/16 = 3,75 puntos.
Neste exemplo práctico tomamos a referencia de clasificación dos dous primeiros
masculinos (postos 10 e 20) e as tres primeiras femininas (postos 5, 10 e 15) para facer a
suma dos puntos por chegados.
6. Competición adaptada
7. A XXVI Carreira das Areas Concello de Muxía, non está
dentro do calendario de competición adaptada. A
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 14
continuación, numeramos as carreiras que forman parte do
circuito.
7.1. O calendario de carreiras do Circuíto adaptado é o seguinte:
 VI Carreira pedestre Concello de CAMARIÑAS.
 VII Carreira pedestre Concello de VIMIANZO.
 II Carreira pedestre Concello de MAZARICOS.
 IV Carreira pedestre Concello de ZAS.
 IV Carreira pedestre Concello de CEE.
Estamos pendentes de confirmar a posible inclusión da carreira de FISTERRA no Circuíto de
carreiras adaptadas.
7.2. Para poder optar á clasificación de Circuíto os/as atletas de categoría adaptada
deberán participar (chegar á meta) nun mínimo de 4 carreiras.
8. Inscricións das competicións individuais e adaptada
8.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ata
o mércores 16 de agosto ás 23:59.
8.2. As inscricións para os participantes nas categorías sénior, M40, M50, só se poden
facer a través da plataforma de Championchip.
8.3. As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da
plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no Departamento de
Deportes do Concello de Carnota.
8.4. Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
8.4.1 Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
 Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 3K Contra o Cancro (deberán
especificalo no momento de realizar a inscrición).
 Teñen que asistir a un mínimo de sete probas do total do circuíto.
 Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o
circuíto.
 Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
 As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da
cuarta proba puntuable.
8.4.2 Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual
nalgunha das probas do circuíto.
 OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU NA PROBA
3K CONTRA O CANCRO.
 Non participan na liga.
 Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
 Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e
que deberán devolver ao remate da proba.
8.5. Cotas de inscrición:
8.5.1 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada
terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles
corredores que deban alugar o chip.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 15
8.5.2 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo
de 25 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 35 € (25 € de inscrición + 10 € pola
compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.
8.5.3 A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”
permite aos atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €.
Dito chip será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.
8.6. Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base (as cales serán
gratuítas)
8.6.1 Corredores de circuíto (todas as categorías agás Pitufo): son os atletas que participan
na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da celebración da
cuarta proba puntuable.
 Farase na Plataforma www.championchipnorte.com.
 A autorización paterna para todo o circuíto deberá imprimirse e ser presentada
debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais en cada unha das probas do
circuíto. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou en
www.carnota.gal
 Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto.
8.6.2 Corredores de carreira: Plataforma championchip www.championchipnorte.com
 A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com ou en www.carnota.gal
 Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do
Concello de Carnota.
8.6.3 Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
 Plataforma www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá imprimirse
e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita
autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou en
www.carnota.gal
 Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes dos
diferentes concellos organizadores ou entregándoa nas conserxerías dos Centros Educativos.
 O prazo de inscrición pecharase o mércores anterior á data da carreira ás 23:59 h. e
non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
9. Carreira 3K Contra o Cancro
Na 4ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa Asociación Provincial Contra o
Cancro. Deste xeito todo o que se recade coas inscricións desta proba (agás o
correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá destinado a ese fin e será entregado a
dita asociación cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o
Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado
Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas
que compoñen o circuíto.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 16
10. Clasificacións e trofeos/medallas de carreira
10.1. A entrega de trofeos:
Será as 13:00 horas, ao remate de todas as probas, na Praza de San Gregorio.
10.2. Clasificacións da proba 10K:
10.2.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
10.2.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías (sénior, M40, M50,), independentemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
10.2.3 Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
concello organizador.
10.2.4 Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
10.3. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
10.3.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
10.3.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Absoluta (nados en 1999 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
10.4. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
10.4.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
10.4.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
10.5. Medallas conmemorativas:
Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa todos
os participantes en ditas probas.
11. Clasificacións e trofeos/medallas do IV Circuíto
Correndo pola Costa da Morte
11.1. Clasificacións do circuíto 10K:
11.1.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os
atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta
clasificación.
11.1.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas
para poder optar aos premios, agás os corredores adaptados que deberán correr as probas
que formen parte do circuíto adaptado.
11.1.3 No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
11.1.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
11.1.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 17
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros percorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).
11.1.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías sénior, M40, M50.
11.1.7 Recibirán o trofeo Especial Conservas Boya o primeiro e primeira clasificados da
categoría adaptada en handbike e tamén o primeiro e primeira clasificados da categoría en
cadeira de rodas.
11.1.8 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados
nos concellos organizadores do circuíto).
11.1.9 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non
empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
11.2. Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
11.2.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 3K Contra
o Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non
optan a esta clasificación.
11.2.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas
para poder optar aos premios.
11.2.3 No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
11.2.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
11.2.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
11.2.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as da categoría absoluta.
11.3. Clasificacións por equipos:
11.3.1 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport
de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 10K.
11.3.2 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport
de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 3K Contra o Cancro.
11.4. Clasificacións do circuíto de base:
11.4.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto de cada
categoría de base. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no
circuíto non optan a esta clasificación.
11.4.2 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
11.4.3 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7 probas para
poder optar aos premios.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 18
11.4.4 No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
11.4.5 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas na súa
categoría (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a
atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
11.4.6 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
11.5. Premios especiais:
11.5.1 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto que
rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
11.5.2 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto de
base que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
11.6. Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da
Morte” organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro
atletas en cada unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente
antelación.