Calendario
Info da proba

A Arnoia

06/08/2017 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO 8000 VARAS DE ARNOIA
REGULAMENTO DA CARREIRA ABSOLUTA: 8000 VARAS( 10KMS)
A terceira edición das 8000 varas de Arnoia, organizada e patrocinada polo Excelentísimo concello de
Arnoia, celebrarase o día 6 de Agosto de 2017 as 10:00 horas
1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.
Para participar nas probas débense cumprir os seguintes requisitos:
• Pertencer a algunha das seguintes categorías que se disputan.
• Coñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
• Aceptar os percorridos elixidos pola organización.
• Inscribirse en tempo e forma.
• Na recollida de dorsais/chip o corredor terase que acreditar mediante DNI ou
Pasaporte.
• Non se admite cambio ou cesión do dorsal. En caso de que un corredor estea
lesionado ou no poida ir por traballo ou outro motivo deberá anular a súa
inscrición.
• Os dereitos de inscrición inclúen todos os servizos descritos no presente
regulamento.
• A organización reservase o dereito de reducir o número de prazas por motivos
de seguridade ou outros motivos que poidan afectar o bo desenrolo da carreira.
En calquera caso, dita modificación será anunciada con suficiente antelación na
web www.cronotec.es
• A organización contratará un seguro de accidentes para todos aqueles
participantes inscritos na proba
2. PERCORRIDOS:
O percorrido estará marcado pola organización con vallas delimitadoras, frechas marcadas no pavimento e
outros elementos de sinalización localizados a intervalos regulares.
Será obrigatorio seguir o itinerario marcado por moi dificultoso que resulte, así como pasar por todos os
controis de paso establecidos.
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido ou incluso a
suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen ou por outras causas de forza maior.

Modificación do percorrido e/ou suspensión da carreira.
No caso de malas condicións meteorolóxicas ou causas de forza maior, a organización reservase o dereito
de suspender, neutralizar ou modificar as franxas horarias e/ou o percorrido e avituallamentos. Neste caso
non se devolvería o importe da inscrición.
En caso de anulación da proba por causas de forza maior e con unha antelación de máis de 7 días respecto á
data de saída, realizarase un reembolso parcial dos dereitos de inscrición. O importe fixarase en función da
capacidade de reembolso da organización tras facer fronte ós gastos fixos non recuperables.
Se a proba se debera interromper e suspender nun punto do recorrido, a clasificación determinarase segundo
a orde no último control de cronometraxe realizado.
3. AVITUALLAMENTOS
Os participantes terán puntos de avituallamento líquido durante o recorrido así como outro á
chegada a meta. Os avituallamentos estarán colocados onde a organización o estime convinte en
función da climatoloxía e dos medios dispoñibles.
4. INSCRICIÓNS E USO DO CHIP DE CRONOMETRAXE
INSCRICIÓN NAS PROBAS DE CATEGORÍAS DE ADULTOS
O prazo de inscrición determinarase posteriormente e indicarase claramente na paxina web de Cronotec. As
inscricións realizaranse a través da páxina web www.cronotec.es facendo constar todos os datos requeridos
no procedemento de inscrición.
Non se realizarán inscricións o mesmo día da carreira.
Os prezos da inscrición serán os seguintes:
 Inscrición nas 8000 varas de Arnoia que da dereito a dorsal, chip, seguro de accidentes,
avituallamentos, regalo conmemorativo e pincho ó final da carreira : 6 Euros
 Limitase a participación ós/ás primeiros 300 inscritos.
INSCRICIÓN NAS PROBAS DE CATEGORÍAS DE MENORES
A inscrición nas probas de menores é gratuíta. Os participantes que se inscriban nestas carreiras, coidarán de
facelo na carreira e categoría que lles corresponda ou non poderán participar.
Nestas categorías de menores haberá que acreditar a idade do menor participante no momento de retirar o
dorsal.
A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou
errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumprir estes
requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes
supostos nun prazo máximo de 5 días.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes
A organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores, non obstante, recoméndalles ós
participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a
realización de actividade física.
Unha vez inscrito na proba calquera corredor poderá solicitar a devolución da mesma en caso de que decida
non participar. Os prazos para a devolución serán os seguintes:
 Dende a data de inscrición ata cerre de inscricións, o 70% del importe da inscrición.
 Toda persoa que presente un parte médico ou xustifique un problema de forza maior finalizado o
prazo de devolución da inscrición, reservaráselle esta para o seguinte ano ou devolveráselle o 50%
da inscrición ata unha semana antes do día de comezo da proba.
Toda petición de reembolso da cota de inscrición deberase realizar por escrito ó correo
8000varasdearnoia@gmail.com indicando os datos persoais, aportando o xustificante de pago e a
numeración de unha conta bancaria onde a organización aboará o importe da inscrición que corresponda
segundo o anteriormente establecido.
O prezo da inscrición inclúe:
• Avituallamentos establecidos pola organización.
• Asistencia sanitaria.
• Regalo conmemorativo.
• Cronometraxe mediante chip.
• Seguro de accidentes deportivos.
• Pincho ó final da carreira: empanada, pementos, pan e viño do Ribeiro.
5. RECOLLIDA DO DORSAL/CHIP
Os horarios de recollida será o seguinte.
 Domingo 6 de Agosto de 8:30 a 9:30 no recinto feiral da Festa do Pemento ( campo de fútbol da
Queixeira)
Si houbera calquera cambio de horario ou localización para estas recollidas,comunicarase no Facebook da
carreira, onde ademais se irán publicando todas as novas de interese para os/as participantes.
Será obrigatorio levar o dorsal na parte dianteira sen dobrar durante toda a proba, quedando visible en todo
momento.
O dorsal deberá gardarse hasta a clasificación final definitiva e o acto de entrega de trofeos.
Toda aquela persoa que participe na proba sen estar inscrita, sen dorsal, ou falseando os datos da inscrición,
faino baixo a súa responsabilidade e sen ter dereito a ningún dos servizos e produtos ós que teñen dereito os
corredores inscritos oficialmente, podendo ser retirada da proba por calquera membro da organización.
Non está permitido ningún cambio de dorsal. De producirse esta circunstancia sería causa de
descualificación.
O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e
deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

6. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
1ª: Categoría Sénior : anos 1987 ata 2001 (16 a 30 anos)
2ª: Categoría Veteran@s A : anos 1986 ata 1977 (31 a 40 anos)
3ª: Categoría Veteran@s B : anos 1976 ata 1967 (41 a 50 anos)
4ª: Categoría Veteran@s C : anos 1966 ata 1957 (51 a 60 anos)
5ª: Categoría Veteran@s D: anos 1956 e anteriores (61 anos ou mais)
7. HORA DE CIERRE DO CONTROL DE CADA PROBA
A organización das 8000 varas de Arnoia establece os seguintes tempos de corte:
 100 minutos.
8. OBRIGAS DOS PARTICIPANTES
O percorrido realizarase exclusivamente a pe. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba polo
recorrido oficial son os designados e acreditados pola Organización. Queda totalmente prohibido seguir ou
acompañar ós corredores polo recorrido oficial a pe, en coche, moto, bicicleta ou levando animais atados,
dado o perigo que poida supoñer para a seguridade dos mesmos.
Todo corredor participante estará obrigado ó seguinte polo mero feito de participar:
 Prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a
comunicalo ó control máis cercan inmediatamente, ou avisar por teléfono á organización.
 Realizar o percorrido marcado pola Organización sen saírse del.
 Seguir en todo momento as instrucións dos membros da Organización e controis.
 Comportarse deportivamente e mostrarse respectuoso cos outros participantes , voluntarios e
membros da organización.
 Gozar da proba de maneira responsable dando o mellor de si.
9. ASISTENCIA E SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES
A Organización contará con un servizo médico ó servizo dos corredores dende 1 hora antes do inicio da
carreira ata 1 hora despois da súa finalización, dispoñendo das ambulancias e vehículos de apoio necesarios
que estarán presentes ó longo do recorrido e na saída/meta. Ademais prevense puntos estratéxicos para
facilitar una eventual evacuación de algún corredor que o requira.
Polo mero feito de inscribirse, todos os participantes declaran estar en perfecto estado de saúde e aptos para
a proba.
A organización da proba preverá os seguintes servizos en cuanto á seguridade dos participantes se refire:
• Servizos de asistencia sanitaria e ambulancias, como mínimo na saída e chegada.
• Equipo escoba que recorrerá a totalidade do itinerario no mesmo sentido da proba.
• A comunicación entre los controis, equipo escoba, saída e chegada e director de carreira.
• Plan de emerxencia e evacuación de participantes durante a carreira.
• Todos os corredores se someterán ó xuízo do médico, sendo a súa valoración la que prevalecerá
ante calquera outra, polo que os sanitarios e médicos oficiais poderán:
• Eliminar da carreira (anulando o seu dorsal) a todo corredor no apto para continuar.
• Ordenar a evacuación de calquera corredor ó que consideren en perigo.
• Ordenar a hospitalización de calquera corredor que consideren necesaria.
• Dito isto, non se exime ós corredores da obriga de ofrecer asistencia a calquera outro
participante que o necesite.
A inscrición na proba implica a aceptación das normas e a adecuada preparación do participante para a
carreira, sendo consciente da dureza das probas. Neste sentido, o participante exime á organización dos
posibles problemas de saúde derivados da súa participación na carreira.
Os corredores inscritos entenden que participan voluntariamente e baixo a súa propia responsabilidade na
competición e polo tanto, exoneran de toda responsabilidade á organización da proba e conveñen en non
denunciar á entidade organizadora, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, así como tampouco
iniciar ningunha reclamación de responsabilidade civil contra las citadas partes.
RETIRADA DE UN CORREDOR/A
A dirección de carreira e/ou o médico da organización, poderán retirar da competición a un corredor e
quitarlle o seu dorsal, cando consideren que teña mermadas as súas capacidades físicas ou técnicas como
causa da fatiga e o desgaste da proba, garantindo así a súa saúde. Nestes casos, a organización farase cargo
da evacuación do participante.
10. CLASIFICACIÓNS E PREMIOS
Clasificación individual
1º posto masculino/feminino: trofeo
2º posto masculino/feminino: trofeo
3º posto masculino/feminino: trofeo

Entregarase unha medalla conmemorativa os 3 primeir@s de cada categoría.
Os premios non serán acumulativos.
O finalizar a proba, a organización facilitará as clasificacións por categorías cos tempos, fronte a cal se
poderán reclamar no prazo de 1 hora dende a súa publicación.
A non presenza no acto de entrega de trofeos entenderase como renuncia ós trofeos ou premios
conseguidos. Toda delegación en outra persoa por parte dos gañadores para a recollida dós trofeos e premios
deberá ser coñecida e autorizada pola organización polo menos con 30 minutos de antelación á entrega.
Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por
medio do DNI os españois ou documento legal en vigor
(pasaporte) os estranxeiros.
11. DESCUALIFICACIÓNS
A descualificación dun participante producirase durante a proba sempre que incorra en calquera dos puntos
indicados a continuación:
• Provocar un incidente deportivo (agresión ou insulto) a un competidor, membro da organización,
do equipo arbitral ou espectador.
• Provocar un accidente de forma voluntaria.
• Non prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a
comunicalo ó control máis próximo inmediatamente.
• Que manifeste un mal estado físico ou psíquico.
• Que non realice o percorrido oficial marcado pola Organización ou non pasar por algún dos
controis establecidos.
• Que manifeste un comportamento antideportivo.
• Que a sabendas da súa imposibilidade de participar na proba, proporcione datos erróneos para
facelo.
• Non levar posto o dorsal, recortalo ou entrar sen el na meta.
• Refusar, quitar ou cambiar as marcas de sinalización postas pola organización.
• Non seguir as instrucións dos membros dos controis durante a carreira.
• Que a xuízo da Organización se incumpra algunha das normas da proba ou dane a imaxe da
mesma.
Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por
medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.
12. RESPONSABILIDADES
A organización non se fai responsable dos danos que puideran causar ou causarse os corredores participantes
por imprudencias ou neglixencias dos mesmos. Igualmente, os participantes declaran estar en condicións
físicas e psíquicas óptimas para realizar esta proba e o fan baixo a súa enteira responsabilidade, eximindo da
mesma á Organización da proba. O inscribirse nesta carreira supón a aceptación plena desta Normativa.
O participante exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa
participación no evento (exemplo perdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos,
agresións...)
13. OBXECTOS PERDIDOS
Unha vez finalizada a carreira, e durante un período posterior de 15 días, a organización gardará os obxectos
esquecidos e perdidos durante a carreira. Ó finalizar o prazo, a organización xa non responderá ás peticións
dos propietarios.
14. DEREITOS DE IMAXEN
A entidade organizadora reservase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, así como a
explotación audiovisual e periodística da competición. Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá
contar co consentimento da organización.
15. PROTECCIÓN DE DATOS
De acordo co establecido na Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter
persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro
privado propiedade do Concello de Arnoia, organizador das 8000 varas de Arnoia, con fins exclusivos de
xestión da proba. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a 8000varasdearnoia@gmail.com
16. MODIFICACION DO REGULAMENTO
No caso de que a organización se vexa obrigada, poderá modificar o presente regulamento. As
modificacións serán debidamente comunicadas con antelación ós participantes.
A realización da inscrición implica o recoñecemento e a aceptación do presente regulamento.
Calquera circunstancia non prevista no presente regulamento será resolta ateñéndose ó criterio de dirección
de carreira
REGULAMENTO DAS CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES
Entregarase medallas conmemorativas os tres primeir@s de cada categoría.
A entrega de trofeos realizarase ó rematar as diferentes carreiras de menores.
As inscricións deberán ser realizadas no portal web www.cronotec.es
Cada nen@ recibirá un agasallo ó finalizar a carreira independentemente da súa clasificación.
CATEGORÍAS
 PITUFOS: nen@s nados no ano 2010 e posteriores.
 BENXAMÍN-ALEVÍN: nen@s nados en 2008-2009-2006 e 2007.
 INFANTÍL-CADETE: nen@s nados en 2004-2005-2002-2003.