Calendario
Info da proba

Brión - Altamira

27/05/2017 9:00 - 20:00
Regulamento III Andaina Terras de Altamira

/ Comenta a Andaina Terras de Altamira no foro de Andainas

INFORMACIÓN XERAL

A III Andaina Terras de Altamira, vai ter lugar o sábado 27 de maio de 2017 en Brión.

ORGANIZACIÓN

A proba está organizada pola Asociación O Esquio no Piñeiro e o Concello de Brión coa colaboración da Piscina Cuberta Municipal de Brión, da Federación Galega de Montañismo e do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre.

CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS

A organización da proba reservase o dereito a modificar horarios ou percorrido, aprazar ou suspender a andaina, se así o estima oportuno, por razons climatolóxias ou de seguridade.

Unha vez inscrito o/a participante, só no caso de suspensión ou aprazamento da proba se procederá a devolución da cota de inscrición.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

INSCRICIÓN

Poderá realizarse dende o 10 de marzo ata o 23 de maio en:
- On-line: http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/
- Presencialmente na Piscina Cuberta Municipal do Concello de Brión

PREZOS

Establecense dous plazos para o pagamento da andaina:

Dende o 10 de marzo ata o 10 de maio: 12€*
Dende o 11 de maio ata ao 23 de maio: 16€*
* O prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2016/2017

No prezo vai incluido:

- BOLSA DO SENDEIRISTA COMPOSTA DE:
[estamos traballando para ofrecerche varios regalos conmemorativos da proba]
- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS:
Auga
Bebidas Isotónicas
Refrescos
Froitas
Empanada
Bocadillos
- SERVIZOS DE
Médico
Ambulancia
Seguro de accidentes
Duchas
Piscina Cuberta
Recollida en caso de accidente ou lesión
Aparcamento
- DIPLOMA DE FINISHER CON TEMPO E KMS COMPLETADOS

O número máximo de participantes é de 500.

PUNTO DE ENCONTRO

A saída farase dende a CARBALLEIRA DE SANTA MINIA na data sinalada, ás 9:00 h. Será preciso estar na liña de saída uns 30 minutos antes do inicio da proba.

CIRCUITO

Estará convintemente sinalizado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saía a meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda.

AVITUALLAMENTOS
Ao longo do percorrido habera avituallamentos sólidos e líquidos, así como dúas zonas con "avituallamentos mais abundantes", co cal os participantes non terán que cargar en ningun momento con comida durante a proba. Informarase convenientemente dos puntos quilométricos onde estarán situados.

CONTROIS

Durante o percorrido haberá unha serie de controis polos que os participantes deberán pasar obrigatoriamente. Estes controis serán secretos e poderán colocarse en calquera punto do percorrido.

Ademais establecerase un "control base" na Carballeira de Santa Minia polo que todolos participantes deben pasar obrigatoriamente cada vez que rematen un dos aneis.

OBSERVACIÓNS FINAIS

Haberá vestiarios e duchas na Piscina Municipal Cuberta de Brión, ademais todos os participantes que o desexen poden facer un uso libre das instalacións: saunas, ximnasio, piscina, etc... Imprescindible gorro de baño para a piscina.

A organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles aos participantes, pero tratará por todos os medios de evitados.

A asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, pero é recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ao longo do percorrido. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable de maior idade.

ESTA ANDAINA NON É COMPETITIVA: O RETO CONSISTE EN PARTICIPAR E PROCURAR TERMINAR A PROBA
DISTANCIAS

A III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA terá unha distancia máxima de 50 km que se van a distribuir en 3 aneis que comezan e rematan todos na Carballeira de Santa Minia. O feito de que comecen e rematen todos no mesmo punto favorece a que os sendeiristas poidan realizar as distancias que desexen, polo que NON SERÁ NECESARIO REALIZAR OS 50 km COMPLETOS.

A III ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN terá unha estructura en "trebol de tres follas", ou o que é o mesmo tres aneis (14km - 22km - 14 km) que comezan e rematan todos na Carballeira de Santa Minia, os partipantes poden optar por facer o 1º ANEL (14 KM), parar ou continuar polo 2º ANEL (14+22 KM), parar ou continuar polo 3º ANEL (14+22+14 km).