Calendario
Info da proba

Chapela

03/09/2017 9:00 - 14:00
Regulamento I Trail Do Berete

Localidade: Chapela

Saída: 09:00H Trail, 09:15H Andaina

Lugar: Pabellón de Deportes de Chapela

Distancias: Trail 25km +1400m
Andaina: 12km +500m

Prezo: Trail 8e
Andaina 5e
Cada euro da inscripción irá destinado a asociación Andaina

https://www.facebook.com/I-Trail-Do-Berete-Chapela-1901797686763910/


I TRAIL DO BERETE 3 DE SETEMBRO 2017
1- ORGANIZACIÓN E PROBAS
1.1 O Clube Atletismo de Redondela coa colaboración do Concello de Redondela organiza, o I trail do Berete, que se celebrará o 3 de Setembro de 2017, con saída e chegada no Pavillón de Deportes de Chapela.
1.2 Tipo de probas:
1.2.1 Trail: con unha distancia de 25km aprox e un desnivel positivo de 1400m aprox.
Dificultade física: Media-Alta
Dificultade técnica: Media
Avituallamientos: Líquido-Sólido (km5), Líquido-Sólido (km13), Líquido (km20) e na chegada.
1.2.2 Andaina: distancia de 12km aprox e desnivel positivo de 500m aprox.
Dificultade física: Baixa-Media
Dificultade técnica: Baixa
Avituallamiento: Líquido-Solido (km5), e na chegada
A saída será as 09:00h o Trail e 09:15h a Andaina, con saída e chegada no Pavillón de Deportes de Chapela as duas probas.
1.2.3 O trail terá un tempo límite de 5H, pero tanto os escobas como os voluntarios dos postos de control terán a facultade de retirar os corredores que leven un horario excesivo ou as suas facultades se encontren seriamente mermadas. Ninguen poderá chegar por detrás dos escobas. En ese caso deberá abandonar a proba de maneira obrigatoria, ou ben, quedará excluído da proba, pasando baixo a súa responsabilidade a ser un usuario normal das vías públicas si decidise continuar o percorrido.
2- PERCORRIDO
2.1 O Trail recorre as parroquias de Chapela, San Vicente de Trasmañó, Cedeira e San Esteban De Negros, subirase a ruta dos Muiños do Rego Fondón, Banco de Redondela, percorrendo varios camiños ata chegar o Castro de San Esteban de Negros onde agarda unha subida curta pero dura. Dende ahí encaramos hacia o xeodésico de Monte Penide, tomando dirección cara o Campo de Fútbol de Chapela e dende ahí xa so nos queda baixar de novo polos Muiños do Rego Fondón prestando atención na baixada pra non ter ningún incidente no final de carreira, no remate da baixada chegaremos a zona do pavillón onde o Concello de Redondela pon a disposición dos participantes as intalacións deportivas do Pavillón de Deportes.
2.2 A Andaina recorre as parroquias de Chapela, San Vicente de Trasmañó e Cedeira subirase a ruta dos Muiños do Rego Fondón, pasarase por varios petroglifos e mámoas, subirase a Monte Penide, Banco de Redondela, e baixarase ata a Senda da Auga e continuará por dita senda ata chegar o Pavillón de Deportes.
3 PARTICIPACIÓN
3.1 Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, entre outras das derivadas da climatoloxia propia do mes de Setembro, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade,
afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
Material : Teléfono Móbil con carga suficiente - Reserva de auga
de ½ litro - Vaso ou recipiente similar (non teremos vasos nos avituallamentos) Si non
se leva vaso o avituallamiento deberá de consumirse no punto de control sin poder sair do
mesmo para que non acaben espallados polo recorrido.
3.2 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de color vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade
de cada participante localizar a señalización e seguila.
3.3 Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado,
debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da
Organización.
3.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios
establecidos.
3.5 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
3.6 O percorrido da proba discorre por paraxes naturais, polo que non debemosensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control. Será
motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4 INSCRIPCIÓN
4.1 A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba)
4.1.1 O Trail terá un límite de 300 inscritos
A Andaina terá un límite de 200 inscritos
4.2 A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento
e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción
legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
5 CATEGORÍAS
5.1 categoría absoluta masculina e feminina, categoría por equipos con trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
6 MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
6.1 Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido
Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das
Zonas de avituallamiento e control.
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
7 RETIRADA E ABANDONOS
7.1 Calquera corredor podrá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o
control máis próximo ou o persoal da Organización . Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un
punto de control, terá que avisar a organización vía whatsapp ou chamada dicindo en que KM se atopa.
7.1.1 Teléfonos da organización (697-905-198) (655-365-401)
7.2 A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
8 ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase no Pavillón de Deportes.
9 OUTRA INFORMACIÓN
9.1 A organizacion pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do
Pavillónde Deportes (zona chegada).
9.2 Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de
seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado
deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar
en que se desenrola a carreira.
9.3 A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
9.3.1 A non lectura deste Reglamento non exime do seu cumprimento.