Calendario
Info da proba

Bueu - Udra

04/06/2017 10:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
 PRESENTACIÓN: A ANPA Cabo Udra, coa co-organización do Concello de Bueu e o Club Atletismo
Corredoiras, organizan o II CROSS POPULAR – CABO UDRA (25º Cross de Beluso), que terá lugar o
domingo, día 4 de xuño de 2017, no entorno natural de Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).
 CATEGORÍAS:
- Pitufos 3 anos (2013)
- Pitufos 4 anos (2012)
- Pitufos 5 anos (2011)
- Minibenxamín (2009-10)
- Benxamín (2007-08)
- Alevín (2005-06)
- Infantil (2003-04)
- Cadete (2001-02)
- POPULAR (a partir de 2000)
- ABSOLUTA: Xuvenil – Junior – Promesa – Senior - Veterán (a partir de 2000)
 HORARIO / DISTANCIAS CARREIRAS
- 10.00 h: ALEVÍN - 900 m
- 10.10 h: BENXAMÍN - 450 m
- 10.20 h: MINIBENXAMÍNS - 250 m
- 10.30 h: PITUFOS 5 anos - 200 m
- 10.40 h: PITUFOS 4 anos - 150 m
- 10.50 h: PITUFOS 3 anos - 100 m
- 11.00 h: INFANTIL - 1.200 m
- 11.15 h: CADETE MULLERES - 1.800 m
- 11.30 h: CADETE HOMES - 3.300 m
- 11.30 h: POPULAR – 4.000 m
- 12.00 h: ABSOLUTA - 10.000 m
12.00 h: ENTREGA TROFEOS: pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e popular
13.15 h: ENTREGA TROFEOS: xuvenil-junior, promesa-senior e veterán
 INSCRIPCIÓNS:
- PÁXINA WEB: www.prueba-t.es
- DATA LÍMITE: mércores 31 de maio (23.00 h)
- CUSTE: 6 € (unicamente para a carreira absoluta e popular, no resto das categorías será gratuíta); inclúe
o cronometraxe, dorsal, duchas, agasallo e bolsa avituallamento (bebida, froita e bocadillo).
- IMPORTANTE: non se admitirán inscricións fora de prazo e soamente se garantirá o agasallo
os/as atletas que se inscriban antes do luns 29 de maio (23.00 h).
 SEGURIDADE: a Organización contará cos seguintes medios para as probas:
- Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
- Ambulancia
- Servizo de Recuperación (masaxistas)
- Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia
II CROSS POPULAR – CABO UDRA
25º Cross de Beluso
 ENTREGA DE PREMIOS
- Otorgaranse medallas a tod@s os participantes na categoría de pitufos (3-4-5 anos)
- Otorgaranse medallas ós tres primeiros clasificad@s das seguintes categorías (mínimo 10
participantes por categoría): pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete,
popular, xuvenil-junior (2000-97), promesa-senior (96-77) e veteráns (76-anteriores).
- AGASALLOS: entregarase un detalle a cada participante que deberán recoller obrigatoriamente
antes do inicio da súa carreira.
NORMATIVA DA CARREIRA
1. Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a para a
carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida
agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización da proba é
necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade poderán participar
sempre e cando vaian acompañados dun adulto.
2. Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS IMPOSTAS
pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou
colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
3. Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e participarán
cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.
4. Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’
antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes (pendente concretar sitio).
5. Disporase de SERVIZO DE DUCHAS e GARDAROUPA
6. Quedará DESCALIFICADO/A desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete
a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou
desatenda as indicacións da organización.
7. As RECLAMACIÓNS sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
8. A CLASIFICACIÓN XERAL oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
9. A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos
diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan
ou por forza maior.
10.A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
11.Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación
Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 2º Cross Popular – Cabo Udra (25º Cross de Beluso)
implica a TOTAL ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento.
12.Os participantes AUTORIZAN o uso das imaxes realizadas durante o desenrolo das súas carreiras