Calendario
Info da proba

Marín

29/07/2017 22:00 - 24:00
Regulamento Data: Sábado, 29 de xullo de 2017.
Hora: 21.00 Carreira biberones (100 metros) (0-1-2 cumpridos no ano)
A continuación, Carreira Pitufos - 200m aprox.
(5-4-3 cumpridos no ano)
A continuación, Carreira Prebenxamin - 300m
aprox. (7-6 cumpridos no ano)
A continuación, Benxamín - Alevín - 500m aprox. (9-8
cumpridos no ano)
A continuación, Carreira Alevín - 500m aprox. (11 –
10 cumpridos no ano)
A continuación, Carreira Infantil – 1000m aprox. (13 – 12
cumpridos no ano)
A continuación, Carreira cadete - 1000m aprox. (15 – 14
cumpridos no ano)
22:00 Só carreira adultos, de Xuvenís en adiante (2000 e anteriores)
Lugar: Saída e chegada na Alameda de Marín.
Distancia: 10.000 m.
Recorrido Urbano: Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra->Marín-> Bueu) ata E.
Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e
Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av.
Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na
Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A Meta está sita na Alameda, pola
parte superior: estrada PO-313.
Organiza: Dsport Event AD
Patrocina oficial: ENCE Enerxía
Patro. Institucional: Concello de marin
Organizador Técnico: San Miguel de
Marín.
Control técnico: Comité Gallego de Jueces
de la Federación Gallega de Atletismo.
Cronometraje: Cronotec
Inscrición: A proba absoluta ten un custe de 5€ a través de www.cronotec.es ata o 30 de
xuño ás 23:59h (tarifa reducida). Dende o 1 de xullo a o 22 de xullo 6 €, e do
23 de xullo ata o mércores 26 de Xullo 2016 ás 23:59h o custe será de 7€
(peche definitivo).
Menores: Gratuíta ata 30’ antes da proba na secretaría da proba, no Concello
de Marín, Alcaldía ou Oficina do Padrón.
Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde por
xentileza do Concello Marín, tendo que facer a inscripción antes do 15 de
xullo, a partir do 16 de xullo estarán sometido a inscripción normal como
calquer outro dedeportista.
O Concello de Marín e Dsport Event AD organizarán o vindeiro sábado 29 de xullo de 2017 os
“+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO ENCE”. A carreira disputarase ás 22.00 horas,
e terá a saída no Paseo da Alameda – Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda
de Marín. O percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis
considerables acumulados e homologado por la Federación Gallega de Atletismo .
Celebrarase unha única proba absoluta dividida en dúas categorías: masculina e feminina.
Poderán participar todos os atletas federados ou non federados dende a categoría xuvenil
(2000 e anteriores).
A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as
seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO
para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as
indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control
de chegada pechará 1h15’ despois de que cruce a liña de Meta o/a 1º clasificado/a.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- Vestiarios e duchas: Vestiarios do Pavillón do Sequelo
- Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.cronotec.es
- INSCRICIÓNS: Ata o mercores 26 de Xullo de 2015 ás 23:59 horas na web
www.cronotec.es
- RECOLLIDA DE DORSAIS: o sábado día 29, ata 45 minutos antes da salida na
secretaría de competición (Concello de Marin.
TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Recibirán trofeo conmemorativo primeiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” e
“chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta. E os tres primerios da categoría
absoluta
CATEGORÍAS:
HOMES /MULLERES
Xuvenil - Xunior- Promesa: 1994-2000
Sénior: 1993-1982
Veterano/as A: 36 anos (cumpridos no ano 2017) a 45
Veterano/as B: 46 anos (cumpridos no ano 2017) a 55
Veterano/as C: 56 anos (cumpridos no ano 2017) a 65
Veteranos D: 66 adiante
Categoría: Locais - Marín: Premio especial: 1º e 1ª Marinense: nado no Concello de
Marín ou censado/a (DNI e/ou Pasaporte)
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na ALAMEDA. Dado o carácter
deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e
comportamento deportivo de todos/as os/as participantes. A organización resérvase o dereito
a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando
oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio técnico da
mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste
regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e
addsportevent@gmail.com