Calendario
Info da proba

Vigo - Entroido

26/02/2017 10:30 - 13:30
Regulamento “III CARREIRA DO ENTROIDO CONCELLO DE VIGO”
Vigo, 26 de febreiro de 2017
PRIMEIRO.- O Concello de Vigo organiza o domingo, 26 de febreiro de 2017,a “III
CARREIRA DO ENTROIDO” con saída e chegada na Porta do Sol. Dado o seu
carácter festivo animase a todas as persoas interesadas a vir disfrazadas.
SEGUNDO.- Poderán participar na mesma, atletas federados e non federados;
dándose unha clasificación conxunta dos mesmos.
TERCEIRO.- DISTANCIAS e HORARIOS:
CUARTO.- PREMIOS:
■ Na carreira absoluta de 10 km:
- Haberá un agasallo ao chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.
- Daranse premios en metálico ós 3 primeiros clasificados absolutos en ambos sexos:
1º Clasificado/a 300 €, 2º Clasificado/a 200 €, 3º Clasificado/a 100 €.
- Ademais entregaranse agasallos aos 3 primeiros de cada un dos sexos das distintas
categorías establecidas no cadro seguinte:
- Así mesmo tódolos participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo
da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
SAÍDA CARREIRA ANOS/ IDADES DISTANCIA
10:30 Cadete 2002 , 2003 2400 m aprox.
10:50 Infantil 2004 , 2005 1600 m aprox.
11:05 Alevín 2006 , 2007 600 m aprox.
11:15 Benxamín 2008, 2009 250 m aprox.
11:30 Pequerrechos 2010, 2011, 2012 , 2013 60 m aprox.
11:45 Absoluta 2001 e anteriores 5 km e 10 kms
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Xuvenil 2001, 2000
Júnior 1999, 1998
Promesa 1997, 1996, 1995
Sénior 1994 ata 39 anos
Veteranos A entre 40 e 49 anos
Veteranos B entre 50 e 59 anos
Veteranos C con 60 e máis anos
■ Na carreira absoluta 5 km:
- Haberá un agasallo ao chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.
- Darase un premio económico de 150 € ó mellor grupo/conxunto de máis de 5
persoas (que inscribíndose como tal) corran disfrazados. Para determinar cal de tódolos
grupos é o mellor a organización disporá dun xurado a pé de rúa, que valorará a
orixinalidade, sintonía do grupo e graza.
- Así mesmo tódolos participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo
da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
■ No resto de carreiras infantís:
- Haberá premio para os 3 primeiros de cada un dos sexos nas categorías que
seguen:
- Na carreira de “Pequerrechos” (2010, 2011, 2012, 2013), que terá carácter
unicamente participativo, daranse medallas a tódolos participantes.
QUINTO.- PERCORRIDO:
As carreiras cadete, infantil, alevín, benxamín e pequerrechos desenvolveranse na
peonil Rúa do Príncipe. Con saída e punto de encontro no final desta rúa con Praza
Porta do Sol.
A carreira absoluta con saída na Porta do Sol, fará un percorrido por: Rúa Elduayen,
Paseo de Alfonso XII, Rúa Pi y Margall, Rúa López Mora, Avda. das Camelias, Praza
da Independencia e continuación por Avda. das Camelias, Rúa de Romil, Rúa da
Falperra, Rúa Cachamuíña, Ronda de Don Bosco, Rúa Progreso e Rúa Doutor
Cadaval ata Praza Porta do Sol, finalizando aquí os de 5 kms e iniciando unha nova
volta os de 10 kms.
SEXTO.- INSCRICIÓNS:
O prazo de inscrición remata o mércores 22 de febreiro ás 24:00 horas. Tódalas
inscricións realizaranse a través da web championchipnorte.com
A inscrición en calquera das carreiras é gratuita.
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Cadete 2002 , 2003
Infantil 2004 , 2005
Alevín 2006 , 2007
Benxamín 2008 , 2009
SÉTIMO.- RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
INICIO PECHE LUGAR
venres 24
de febreiro
17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos
e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70
Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo,
Pontevedra
Sábado 25
de febreiro
17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos
e Culturais de Vigo Teléfono: 886 13 96 70
Rúa do Ecuador, 34 C.P. 36203 Vigo,
Pontevedra
OITAVO.- SERVIZOS:
A organización porá un servizo de asistencia, que velará pola saúde dos atletas.
Contará tamén cos correspondentes seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes,
válidos durante o transcurso do evento.
NOVENO.- Todo corredor que non entre en meta co seu dorsal e chip
correspondentes ou que incumpra as normas do presente regulamento poderá ser
desclasificado.
DÉCIMO.- Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de lenda con publicidade
que conteña mensaxes que atenten contra os principios constitucionais, os dereitos
humanos ou a lexislación vixente.
DÉCIMO PRIMEIRO.- Non está permitido o acompañamento na proba de ningún
vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou patinetes, nin persoas non
inscritas na proba.
DÉCIMO SEGUNDO.- As reclamacións ós resultados oficiais deberán realizarse
verbalmente, despois de terse feito públicos e como mínimo 20 minutos antes da
entrega do premio, ante calquera membro do Comité Organizador.
DÉCIMO TERCEIRO.- Todo o non previsto neste regulamento resolverase mediante o
consenso dos membros do Comité Organizador da carreira.
DÉCIMO CUARTO.- O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do
presente regulamento. Dando vostede autorización ós organizadores a rexistrar total
ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera
outro medio de difusión.