Calendario
Info da proba

Pazos de Borbén

19/03/2017 10:00 - 12:30
Regulamento III Trail Montes da Ermida

Montes da Ermida

III TRAIL E ANDAINA MONTES DA ERMIDA
INFORMACIÓN E REGULAMENTO
Data: domingo, 19 de Marzo de 2017

Lugar: A Ermida, Pazos de Borbén.

Organiza: Asociación Deportiva CAR.

Colabora: Concello de Pazos de Borbén.

Hora de saída: Andaina ás 10:00 h. Carreira ás 10:30 h.

A saída terá lugar na Casa da Escola da Ermida.

A meta estará situada no mesmo lugar da saída, asi como o avituallamento final.

Recollida de dorsais: Efectuarase dende as 9 da mañá na zona de saída ata media hora antes do inicio de cada proba.

Percorrido: 19km e 500m de desnivel positivo para a carreira, 11km e 300m de desnivel positivo para a andaina.

As inscripcións serán a través de https://championchipnorte.com/ ou presencialmente en Zapatería Susuela (Rúa do Adro 32, Redondela).

Habrerá un límite de 200 inscritos no trail e 150 na andaina, os dorsais son intransferibles.

Data límite xoves 16 de Marzo ás 23:59.

Non se admitirán inscripcións no mesmo día da proba.

O prezo da inscripción é de 6€ para a carreira e de 3€ para a andaina, os pagos efectuaranse mediante a pasarela de pago de championchipnorte.com

1€ de cada inscripción irá destinado á Asociación Andaina Redondela (familias de nenas e nenos con necesidades especiais)

Participación, clasificación e trofeos

Poderán participar na carreira todos aqueles corredores, que tendo cumprido os 18 anos de idade

no día da proba, e baixo a súa responsabilidade, se consideren en condicións físicas aptas para

afrontala. Na andaina non haberá límites de idade, podendo participar menores baixo a custodia

dun responsable con unha autorización firmada e acollendose á premisa anterior.

O control de tempos na carreira se efectuará na liña de meta de forma manual.

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados masculino e feminino das seguintes categorías:

Senior – menores de 40 anos

Veteranos – de 40 en diante

Tamén haberá trofeo para o clube mellor clasificado, no que deberá haber un mínimo de catro integrantes, homes ou mulleres. A clasificación se confeccionará sumando os postos dos catro primeiros clasificados de cada clube. O vencedor será o que menos postos sume.

Post carreira e andaina:

Os participantes disporán de duchas a algo máis de 2 km do punto de saída – meta, no Pavillón Municipal de Pazos de Borben (ó lado da rotonda).

Ó finalizar as probas, despois da chegada a meta do último participante, disfrutaremos dun avituallamento sólido final e se procederá á entrega de trofeos

Durante a proba:

Haberá un ou dous puntos de avituallamento líquido intermedio nunha zona do percorrido acotada para tal fin, da cal non se poderá saír cos envases dispostos.

Sendo respetuosos co medio, queda prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ó longo do percorrido das probas.

Seguirase en todo momento o percorrido marcado e balizado pola organización.

Todo participante ten o deber de prestar socorro a outro participante que esté en perigo ou accidentado. A privación de auxilio será penalizada coa descalificación inmediata. No caso de retirada, avisarase ó persoal da organización.

Todos os participantes quedarán cubertos por un seguro de accidentes, así como pola presencia dos servicios de protección civil e unha ambulancia que se situará na zona de chegada.

Os participantes autorizan ós organizadores ó posible rexistro e publicación de fotos e vídeos en relación coa súa participación no evento.

A organización non garante a cobertura en todo o percorrido, sendo o participante o principal responsable de sí mesmo, en coñecemento da súa forma física e saúde.

A Asociación Deportiva CAR non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais derivados da participación neste evento.

Para a participación no evento é preciso declarar no momento da inscripción o coñecemento e aceptación do regulamento que se acaba de mostrar.

Mais información no noso Facebok