Calendario
Info da proba

Ortigueira - Couzadoiro

12/03/2017 9:30 - 14:30
Regulamento II CARREIRA DE MONTAÑA/ANDAINA "MONTES DE
COUZADOIRO 2017"
1) PRESENTACIÓN.
A Peña Ciclista Santa Marta, a Concellería de Deporte e Mocidade, e a Asociación de
Veciños de Couzadoiro organizan o domingo 12 de Marzo a II Carreira e Andaina de
montaña "Montes de Couzadoiro" .
As probas, tomarán a saída na zona da pista de fútbol sala da parroquia de Couzadoiro
(Santa Marta de Ortigueira) ás 9:30h da mañá.
Para ámbalas dúas competicións non se precisa posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN, CARREIRA E ANDAINA.
 A carreira de montaña celébrase sobre unha distancia aprox. de 24kms na
parroquia de Couzadoiro, acumulando un desnivel positivo de 1150 metros.
 A andaina celébrase sobre unha distancia de 16km aprox. e un desnivel positivo
de 600 metros.
 O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados
con cinta e / ou pintura ecolóxica, carteis.
 Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
 A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza
maior.
 O peche de control será ás 14:30 horas.
Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 7
2) Km 15
3) Km 19
 A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (no caso
da andaina non).
 Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de
Saída/Meta
 Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que
estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha boa
condición física, psíquica e deportiva. No caso da andaina, os menores de idade poderán
participar sempre e cando vaian acompañados dun adulto.
 Teremos un pequeno xantar ao rematar as probas.
CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA ANOS (cumpridos ó dia da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante
3) NORMATIVA PARA O TRAIL/ANDAINA.
 Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
 Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
 Disporase de servizo de duchas.
 Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
 A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
 Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
 A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias
en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
 Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o percorrido.
 A organización declina toda responsabilidade en caso da pérdida de obxectos de cada
participante.
 Todo participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade
que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
 A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
4) INSCRICIÓNS.
 Carreira: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun custe de 12€ por
participante que inclúe o dorsal, froita, bebidas e xantar. Límite de 150 participantes
 Andaina: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun custe de 6€ por participante
que inclúe un agasallo, froita, bebidas e xantar. Límite de 150 participantes.
 Para as dúas probas a data límite de inscrición será o 9 de Marzo.
5) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
 Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpas situada xunto
a saída, dende as 8:00h ata as 9:15h.
 Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
 A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
6) PERCORRIDO
Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:
 ANDAINA: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11846997
 CARREIRA: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12015225
7) ENTREGA DE PREMIOS.
 Carreira de montaña, Absoluta e Veteráns: Trofeos para os tres primeiros clasificados
tanto en categoría masculina como feminina.
 Trofeo para o primeiro home e a primeira muller que cheguen á meta e sexan do Concello
de Ortigueira.
Molón SEGUROS:
 Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,
etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/
dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a
Federación Internacional de Atletismo (IAAF). A participación na II CARREIRA DE
MONTAÑA/ANDAINA MONTES DE COUZADOIRO leva consigo a total aceptación do
Regulamento presente