Calendario
Info da proba

O Barco - Parellas

12/02/2017 12:00 - 13:30
Regulamento VIª Carreira Popular por Parellas “O Barconamora”

O Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADASProinor
organiza a VIª Carreira Popular por Parellas “O Barconamora”, que se desenrolará o vindeiro 12 de
Febreiro do 2017, de acordo o seguinte:
PROBA OFICIAL DA F.G.A

As distancias son orientativas e non homologadas.
O circuíto urbano consta de unha volta de 5.000 mts. aproximadamente. (VER ANEXO)
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero en O Barco de Valdeorras.
1º.- As inscricións absoluta para a carreira se realizará a través a web de CARREIRAS GALEGAS
( http://www.carreirasgalegas.com/ ) ou nas oficinas do Centro Comercial Aberto, Praza de España
en O Barco.
2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 23.00 h. do xoves 09 de Febreiro.
3º.- As inscricións para a carreira serán de gratuítas.
4º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, faranse ata 30 minutos antes
do inicio das probas, na propia secretaría da proba, sendo esta inscrición gratuíta.
As carreiras de menores pertencen a fase previa do programa XOGADE da zona de Valdeorras.
5º.- .-A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na Praza José Otero no Concello de
O Barco, de 10 a 11.00 h.
AGRADECESE QUE SE FAGAN CON ANTERIORIDADE
VIª CARREIRA POPULAR POR PARELLAS
“O BARCONAMORA”
12/02/2017 O BARCO DE VALDEORRAS
CIRCUITO:
INSCRIPCIÓNS:
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible no
desenrolo da proba.
As parellas que participen na Carreira absoluta irán atadas polos pulsos cun lazo que se entregará, xunto cos
dorsais.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o transcurso
da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da
competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo da
carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así
mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento
de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para
a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil
así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece
a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.
REGULAMENTO:
 Trofeos as tres primeiras parellas das categorías de parellas masculina, feminina e mixta.
 Nas carreiras Infantil, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns entregaranse medallas para tódolos
participantes ata chegar os 20 primeiros de cada categoría.
 Sorteos entre os participantes.
Na carreira absoluta, que erá por parellas, establécense as seguintes categorías:
Os nados-as no 2003 en adiante.
 Categoría parella mixta (home+muller).
 Categoría parella masculina (home+home)
 Categoría parella feminina (muller+muller)
O circuíto consta de unha volta de 5.000 m.
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero do Concello de O Barco.