Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Cuntis
02/07/2017
9:30 - 14:00
Voltar
Regulamento
Regulamento do V Trail Vila de Cuntis
1. A carreira celebrárase o día 2 de xullo de 2017 con saída e chegada na Praza das
Árbores no Concello de Cuntis, e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás
9:00 horas.
2. A proba terá un recorrido aproximado de 28 Km e discurrirá por parte dos montes de
Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil,
Cequeril e Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 1560 metros
aproximadamente.
3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos,
hasta un máximo de 300 participantes, repartidos nas seguintes categorías:
- Absoluta (masculino e feminina)
- Veteranos 45 ou máis.
- Veteranas 40 ou máis.
4. INSCRICIÓNS: Desde o 1 de maio ata o 29 de xuño na páxina:
https://championchipnorte.com
5. PREZO: O importe da inscrición é de 15 € ata ás 00.00 horas o día 20 de xuño. Do
día 21 de xuño ata o 29 de xuño incrementarase o prezo en 3 € para todos os corredores.
Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de
responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, aloxamento no
pavillón municipal de Cuntis, comida postcarreira, servizo de gardería con animadores
titulados e cantos obsequios ou regalos poida conseguir a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con cinta de
plástico de cor azul, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
7. TEMPOS DE PASO: Os/as participantes que sobrepasen as 3 horas 45 minutos no
paso polo Alto do Cadavo (km 15 aproximadamente), deberán retirarse da proba xa que
nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así
mesmo os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control terán potestade para
retirar da proba a calquera corredor/a si o seu tempo en carreira ou o seu estado de
saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá
avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.
8. AVITUALLAMENTOS: Existirán 5 avituallamentos líquidos, máis ou menos cada
5 km e 3 avituallamentos sólidos, km. 10, 15 e 20, máis o de meta que será líquido e
sólido.
9. PREMIOS: Entregarase un lote de regalos aos tres primeiros de cada categoría e
tamén para o mellor equipo. Para esta clasificación por equipos, teranse en conta os
tempos dos 5 primeiros clasificados de cada equipo (mulleres ou homes) que participen
no trail longo.
10. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente
regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno,
non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
11. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se
as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as
normas de circulación nos cruces de carretera.
13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos
corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.
14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así
como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á
organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
PROTECCIÓN DE DATOS
Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos
seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos
listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o
envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente
autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma
atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción
e difusión do evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa
inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do
que é responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso,
rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999
do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.
Regulamento do III mini Trail Vila de Cuntis e andaina.
1. A carreira celebrárase o día 2 de xullo de 2017 con saída e chegada na Praza das
Árbores do Concello de Cuntis, e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás
9:00 horas.
2. A proba terá un recorrido aproximado de 17 km e discurrirá por parte dos montes de
Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, A Hermida, Cequeril, Sevil e
Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 700 metros aproximadamente.
3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos,
hasta un máximo de 300 participantes. Os menores de idade deberán ir acompañados
por unha persoa maior que se fará responsable de dito menor, que en todo caso deberá
estar previamente inscrito.
4. INSCRICIÓNS: Desde o 1 de maio ata o 29 de xuño na páxina:
https://championchipnorte.com
5. PREZO: O importe da inscrición é de 15 € ata ás 00.00 horas o día 20 de xuño. Do
día 21 de xuño ata o 30 de xuño incrementarase o prezo en 3 € para todos os corredores.
Para a andaina o prezo é de 6 € no primeiro prazo e 9 € no segundo. Dita inscrición da
dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil,
bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, aloxamento no pavillón municipal de
Cuntis, comida postcarreira, servizo de gardería con animadores titulados e cantos
obsequios ou regalos poida conseguir a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con cinta de
plástico de cor azul, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
7. AVITUALLAMENTOS: Existirán: 1 avituallamento líquido, máis ou menos no km
5, 1 avituallamento sólido/líquido no km 10 e outro líquido no km 15, ademáis do de
meta que será líquido e sólido.
8. PREMIOS: Entregáranse un lote de regalos aos 3 primeiros homes clasificados e ás
3 primeiras mulleres clasificadas do Mini Trail. A andaina non é competitiva. Non
habéra premios.
8. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento,
non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu
dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
9. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se
as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
10. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as
normas de circulación nos cruces de carretera.
11. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos
corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.
12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así