Calendario
Info da proba

Carballo - 10k

18/06/2017 10:00 - 13:00
Regulamento ANEXO I- REGULAMENTO
Regulamento 10K CARBALLO. VII Carreira Popular 10Km Concello de
Carballo
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo organiza o “10K CARBALLO. VII
Carreira Popular Concello de Carballo”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha
distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
Artigo 2: Entidades Colaboradoras. Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación de Voluntarios de
Protección Civil de Carballo e as entidades deportivas do Concello de Carballo que desexen formalizar a mesma.
Artigo 3: Participantes . No “10K CARBALLO. VII Carreira Popular Concello de Carballo”, pode participar toda
persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1250(distanza de 10
km, categorías sénior e veteráns), con excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da
Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física
axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización
calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a
participación.
Poderán participar atletas con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita modalidade. Os atletas
deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do inicio da proba para pasar o control de material,
realizado pola organización. No control de material revisarase os seguintes elementos, que deberán estar
homologados e funcionar correctamente: Casco, elementos de visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e
sistema de dirección.
Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son personais, intransferibles, e gratuítas supoñendo a aceptación de todo o desposto no presente
regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais. Non obstante, o organizador poderá
establecer o depósito dunha fianza en concepto de aluguer de chip, que será retida no caso de que o participante non
devolva o mesmo ó remate da carreira.
Prazo de Inscricións. Admítense ate o día 14 de xuño de 2017 ou ata acadar as 1250 prazas nas
categorías Senior e Veteráns, e as 750 no resto de categorías, respectivamente.
As formas e lugares de inscrición son:
a) Na web www.championchipnorte.com
a) Na web www.carballo.gal, no enlace creado ó respecto.
Ojo morado Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do Concello de Carballo
“Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº teléfono 981702109.
Artigo 5: Data, probas, horarios e peche de control. A data de celebración é o domingo día 18 de xuño de 2017.
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas:
Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora de
Saída
Hora final Tempo
Máx.
Xuvenil, Cadete 2000,2001,2002,2003 3.000 m 10:00h. 10:20h. 20 min.
Infantil, Alevín 2004,2005,2006,2007 1.600 m 10:25h. 10:40h. 15 min.
Senior 1999 a 34 anos
Veteráns A 35 a a 40 anos
Veteráns B 41 a 49 anos
Veteráns C 50 a 59 anos
Veteráns D 60anos e máis
10.000m. 11:00h. 12:10 h. 70 min.
Competición adaptada Poderán participar en handbike
ou cadeira de rodas todas
10.000m.(*) 10:55h. 70 min.
10K CARBALLO. VII Carreira Popular Concello de Carballo

3
aquelas persoas que cumpran os
requisitos esixidos neste
regulamento, con discapacidade
física que xustifique a súa
participación en dita modalidade.
Benxamín 2008-2009 1.000 m. 12:35h. 12:45h. 10 min.
Pitufo 2010 150 m. 12:50h.
Pitufo 2011 125 m. 12:50h.
Pitufo 2012 100 m. 12:50h.
Pitufo 2013 100 m. 12:50h.
Biberón 2014 50 m. 12:50h.
(*)De existir participantes menores con discapacidade, a organización tratará de integralos na proba que mellor se
adapte ás súas características.
Artigo 6: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no edicicio do Mercado da Praza do
Concello nas seguintes datas e horarios:
O día 17 de xuño entre as 10:30 h e as 14:00 h e entre as 16:00 h e as 20:00 h.
O día da carreira entre as 8:45 h.e as 10:45 h ou no seu defecto 30 minutos antes da saída de cada categoría.
É necesaria a presentación do dni,licencia federativa, resgardo de inscrición ou documento similar
acreditativo. Esta actuación enténdese como “Pasar Cámara de Chamadas”.
Aqueles chips entregados pola organización deberán ser devoltos á mesma á chegada a meta. O
incumprimento desta norma acarrea descalificación e non devolución da fianza que se poida establecer no
momento da inscrición.
Artigo 7: O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente visible na súa
totalidade. A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal correspondente a outro
corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.
O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en caso de atención
médica urxente durante a proba.(alerxia a medicamentos, etc.)
Artigo 8: Nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Senior e Veteráns o cronometraxe realízase mediante
chip, que cada atleta deberá levar colocado correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade
relacionada co mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e cronometraxe se os
houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da
Organización.
Artigo 9: O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a
máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así
as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial
dos resultados.
Artigo 10: O médico da proba, en coordinación co control técnico de carreira poderá descalificar a aquel
participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.
Artigo 11: Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización debidamente identificados, así como os que non realicen todo
o circuito da carreira, non leven o dorsal ou o manipulen, ou falsifiquen datos personales.
Artigo 12: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos seguintes termos:
dende trinta minutos previos, e durante a celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o
vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir a proba. Esta prohibición de
vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou outros medios de desprazamento como patíns, etc.
As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con
excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o
trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba.
10K CARBALLO. VII Carreira Popular Concello de Carballo

4
Artigo 12.1: Circuito para categorías Senior e Veteráns. Cunha distanza de 10 KM, segundo a seguinte folla de ruta:
Saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía, Vázquez de Parga, Ánxel Fole,
Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns,
Río Sil, Río Lérez, Río Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e
Desiderio Varela con iclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5,2 na rúa Gran Vía.
Artigo 12.2: Circuito para categorías Xuvenil e Cadete. Percorrerán unha distanza aproximada de 3 KM dende a
Saída ata a chegada completando 3 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e
Desiderio Varela.
Artigo 12.3: Circuito para categorías Infantís e Alevíns.Percorrerán unha distanza aproximada de 2 KM en 2 voltas
ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.
Artigo 12.4: Circuito para categorías Benxamíns. Percorrerán unha distanza aproximada de 800 metros en 2 voltas
ó seguinte circuito:, Colón,Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Cervantes.
Artigo 13: Así mesmo establecerase unha zona de quencementos que comprende as seguintes rúas dende 20 minutos
previos ó inicio da primeira proba, considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou
espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán).
Artigo 14: Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da
carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición,
e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da vía,
debendo cumprir as normas e señais.
Artigo 15: Categorías. Establécense as seguintes categorías subdivididas en masculina e feminina, ca necesidade de
que se presente na liña de saída un mínimo de 10 atletas do mesmo sexo por categoría e de 5 no caso dos veteráns
para a constitución das mesmas. Os atletas das categorías non constituidas serán asignados á categoría
inmediantamente anterior á que lle corresponda.
Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora de
Saída
Hora final Tempo
Máx.
Xuvenil, Cadete 2000,2001,2002,2003 3.000 m 10:00h. 10:20h. 20 min.
Infantil, Alevín 2004,2005,2006,2007 1.600 m 10:25h. 10:40h. 15 min.
Senior 1999 a 34 anos
Veteráns A 35 a a 40 anos
Veteráns B 41 a 49 anos
Veteráns C 50 a 59 anos
Veteráns D 60anos e máis
10.000m. 11:00h. 12:10 h. 70 min.
Competición adaptada Poderán participar en
handbike ou cadeira de
rodas todas aquelas
persoas que cumpran os
requisitos esixidos neste
regulamento, con
discapacidade física
que xustifique a súa
participación en dita
modalidade.
10.000m.(*) 10:55h. 70 min.
Benxamín 2008-2009 1.000 m. 12:35h. 12:45h. 10 min.
Pitufo 2010 150 m. 12:50h.
Pitufo 2011 125 m. 12:50h.
Pitufo 2012 100 m. 12:50h.
Pitufo 2013 100 m. 12:50h.
Biberón 2014 50 m. 12:50h.
Artigo 16: Clasificacións.Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación Xeral Absoluta.
10K CARBALLO. VII Carreira Popular Concello de Carballo

5
Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
Clasificación Carballeses.
Clasificación Equipos: Deberán estar compostos por un mínimo de 5 participantes, non existindo límite
máximo de compoñentes, clasificando só os cinco mellores postos. Os equipos deben contar con participantes
femininas e masculinos en proporción libre. A clasificación obterase da suma dos postos acadados, tendo en conta
sempre a primeira clasificada feminina, e logo consecutivamente os mellores clasificados por posto atendendo
independentemente á categoría feminina ou masculina (Así e como exemplo: chegada a meta de 1º posto masc., 6º
posto masc,2ª posto feminina, 34º posto masculino, 8º posto feminino e 42º posto masculino; computarían por esta
orde 2 puntos feminino, 1 punto masculino, 6 puntos masculino, 8 puntos feminino e 34 puntos masculino. Será
equipo gañador o que sume menos puntos.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e
acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
Artigo 17: Premios e Trofeos. Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das
categorías, excepto pitufos e biberóns.
Tamén se premiará ós seguintes participantes:
1ºcarballés masculino; 1º carballes feminino; Atleta de maior idade; Récord da proba; 1º Equipo clasificado.
Artigo 18: Está prevista a prestación de servizos complementarios como duchas e vestiarios, servizos de
fisioterapia, avituallamento de meta e obsequio por rematar a carreira quedando condicionados cada un dos citados
neste artigo á súa confirmación previa.
Artigo 19: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e imaxen na clasificación,
medios de comunicación e Internet para promoción da proba, e consenten expresamente a cesión dos seus datos
para todo o relacionado ca participación na proba ás entidades que a organización encomende os procedementos
de inscrición, clasificación, reclamacións, aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar
para exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.
Artigo 20: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da proba con carácter previo ou
durante a celebración da mesma por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por
temporal, etc.), non xenerándose dereito algún hacia os inscritos.
Artigo 21: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Carballo, a 21 de febreiro de 2017