Calendario
Info da proba

Arteixo

29/10/2017 9:30 - 14:30
Regulamento FORMATOS DE CARREIRA:
Trail Curto de 18 km
Trail longo de 28 km
Limite de prazas 400.
CATEGORÍAS:
TRAIL LONGO
1. Masculino absoluto, dende os 18 anos até os 44 anos
2. Feminino absoluto, dende os 18 anos até os 44 anos
3. Veterán masculino, a partir dos 45 anos
4. Veterán feminino, a partir dos 45 anos
A categoría será fixada sobre os anos que o corredor teña a data 29
de outubro do 2017
TRAIL CURTO
1. Masculino absoluto, dende os 16 anos até os 44 anos
2. Feminino absoluto, dende os 16 anos até os 44 anos
3. Veterán masculino, a partir dos 45 anos
4. Veterán feminino, a partir dos 45 anos
A categoría será fixada sobre os anos que o corredor teña a data 29
de outubro do 2017
DESCRICIÓN DOS PERCORRIDOS.
Trail curto
18 km cun desnivel 800m positivos.
Disporá de 2 avituallamentos sólidos e líquidos máis 1 en meta.
Mínimo 16 anos.
Trail longo
28 km cun desnivel 1800m positivos.
Disporá de 4 avituallamentos sólidos e líquidos máis 1 en
meta.
Mínimo 18 anos
Mapa cos percorridos, situación dos avituallamentos e puntos
kilométricos: Mapa
Perfil trail longo
Perfil trail curto
PREZOS INSCRICIÓNS ATÉ O 26 DE OUTUBRO.
Inscrición: 15 euros.
Inscrición socios:gratuíta.
Todos os participantes serán agasallados con unha funda
impermeable de movil
O finalizar a proba teremos PINCHOS e un servizo de
fisioterapeutas para os que o necesiten grazas ao SR Sinerxia
fisioterapia e adestramento
Para facer a inscrición
http://www.championchipnorte.com
HORARIOS :
Horarios saída: 28km as 09:30 horas
18km as 10:30 horas
Horario de entrega de dorsais: dende as 08:00 a 09:00 horas trail
longo.
dende as 08:00 a 10:00 horas trail curto.
Horario de peche da meta: 14:30 horas
TROFEOS:
Percorrido longo: .
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Os participantes que fagan podio en todas as categorías estarán
inscritos de balde para a edición do ano seguinte.
Percorrido curto:
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Os participantes que fagan podio en todas as categorías estarán
inscritos de balde para a edición do ano seguinte.
Haberá sorteo de agasallos ao acabar a entrega de trofeos,
seguido duns pinchos.
DORSAIS:
Horario de entrega de dorsais: dende as 08:00 a 09:00 horas trail
longo.
dende as 08:00 a 10:00 horas trail curto.
Deberá levarse na parte dianteira, na camiseta ou porta dorsais.
PECHAMENTO DA META
Pecharase a meta ás 14:30 horas, polo cal os que cheguen mais
tarde desa hora quedarán descualificados.
MEDIO AMBIENTE
A Organización solicita encarecidamente que se manteña o
trazado do percorrido a realizar limpo de desperdicios (envoltorios de
xeles, barriñas, plásticos, papéis, ...).
DUCHAS:
Pazo dos deportes de Arteixo.
REGULAMENTO
É moi aconsellable levar algún tipo de portabidón ou mochila
con recipiente de auga durante a proba, así coma un cortavento en
caso de condicións meteorolóxicas adversas.
O dorsal débese colocar na parte dianteira, na camiseta ou
porta dorsais. No dorsal habrá un teléfono de contacto para
urxencias.
A organización terá o percorrido completamente balizado, e os
participantes deberán seguilo estritamente e nunca atallar; para o
seu control haberá diferentes membros da organización en diferentes
puntos.
Esta proba realizarase nun trazado que non se encontra
pechado ao tráfico; de aí que os participantes terán que respectar en
todo momento as normas de circulación.
Todo participante tenlle que prestar axuda a outro participante
accidentado e comunicarllo ao control que estea máis próximo ou a
calquera persoa da organización.
Todo participante ten que deixar adiantar aos corredores que lle
precedan e pidan paso facilitando a manobra na zona, de forma que
non ocasione risco ningún para os participantes.
Queda estritamente prohibido tirar botellas, vasos, papéis ou
calquera outro desperdicio fóra das zonas habilitadas pola
organización. O non cumprimento desta regra será motivo de
descualificación inmediata.
No caso de que un participante queira retirarse da proba,
deberao comunicar e entregar o seu dorsal. A partir deste momento
asume toda a responsabilidade sobre a súa integridade física,
quedando así a organización libre de toda responsabilidade.
A organización terá un seguro de accidentes para os
participantes o día da proba.
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.
Calquera incumprimento do regulamento será motivo de
descualificación.