Calendario
Info da proba

Quiroga

14/04/2017 17:00 - 20:00
Regulamento XIII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Unha clásica da Semana Santa.
Venres Santo pola tarde.



Data: VENRES 14 de ABRIL 2017
Hora: 17:00 h.(ABSOLUTA)16:15 (MENORES)
Lugar: Quiroga, Lugo. Distancia: de 100 a 9.000 m. Organiza: Concello de Quiroga.
Inscrición: Límite na proba absoluta 500 atletas.
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios.
- ADULTOS participantes na PROBA ABSOLUTA: ata o MÉRCORES 12 de Abril ás 14:00 horas na web Championchip norte (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte
de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.CHAMPIONCHIPNORTE
- No resto de probas e categorias que van dende pitufos ata cadete poderan inscribirse en championchipnorte.com de maneira gratuita ou o dia da proba de 14:30 a 16:00
Web: POPULARQUIROGA.ES



REGLAMENTO DA PROBA

Art. 1 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

Art. 2 - O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Art. 3 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións . A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Art. 4 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

Art. 5 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Art. 6 - A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Art. 7 - Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, e clube.

Art.8 - A data límite de inscripción será o día ata o MERCORES 12 de Abril ás 14:00 horas na web Champion chip norte (única forma de inscrición na proba absoluta). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.championchipnorte

Os participantes que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen que inscribirse en championchipnorte tamén contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba de 14:30 a 16:00 horas diante da Casa do Concello.
- Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
- Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.

Art. 9 - A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 18:30 horas aproximadamente. Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros clasificados serán obsequiados cunha botella de viño por cortesía de Bodegas Mondelo.

Art. 10 - Ó remate da proba, no pavillón municipal,os participantes co desexen poderán ducharse e asearse.

PREMIOS
OS 3 PRIMEIROS DA CATEGORIA ABSOLUTA TANTO MASCULINO COMA FEMENINO RECIBIRAN TROFEO E OBSEQUIO.
Trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais(trofeos non acumulables coa absoluta) Tódolos participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias. Os tres primeiros de cada categoría da carreira de adultos recibirán como obsequio botellas de viño da nosa comarca.

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES E DATAS DE NACEMENTO

PITUFO Atletas nados no 2013 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2010, 2011 e 2012
BENXAMIN atletas nados no 2008 e 2009
ALEVIN atletas nados no 2006 e 2007
INFANTIL atletas nados no 2004 e 2005
CADETE atletas nados no 2002 e 2003
XUVENIL atletas nados entre 1995 e 2001
SENIOR atletas nados entre 1983 E 1994
VETERANOS A atletas nados entre 1972 e 1982
VETERANOS B atletas nados entre 1962 e 1971
VETERANOS C atletas nados en 1961 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1972 e 1982
VETERANAS B atletas nadas en 1971 e anteriores

HORARIOS E CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES

16.15 h
PITUFO |2013 e posteriores| - 100 metros (ata o bar cine).

16:20 h
PREBENXAMÍN |2010-2011-2012| - 500 metros
BENXAMÍN |2008-2009| - 500 metros -1 volta a Praza de España

16:25 h
ALEVÍN |2006-2007| - 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro.

16:30 h
INFANTIL |2004-2005| - 2.000 metros
CADETE |2002-2003| - 2.000 metros - ata as piscinas municipais e volta a meta.

17:00 h PROBA ABSOLUTA
XUVENIL |nados entre 1995 e 2001|- 9.000 metros
SENIOR |nados entre 1983 e 1994| - 9.000metros
VETERANOS A |nados entre 1972 e 1982| - 9.000 metros
VETERANOS B |nados entre 1962 e 1971| - 9.000 metros
VETERANOS C |nados entre 1961 e anteriores| - 9.000 metros
VETERANAS A FEMENINO atletas nadas entre 1972 e 1982.
VETERANAS B FEMENINO atletas nadas en 1971 e anteriores.- 9.000m

18:30 h ENTREGA DE PREMIOS (diante do concello)

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no Concello, en horario de 14:30 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición referentes á proba en ruta quedará descalificado.