Calendario
Info da proba

Vía Romana - NOCTURNO

26/03/2017 7:45
Regulamento Do creador do "DESAFÍO VIA ROMANA", e pensando naquel@s @s que o propio DESAFÍO lles sabe a pouco, chega a versión NOCTURNA...

ACEPTAS O RETO??

REGULAMENTO
DESAFIO (NOCTURNO)
Desafío Vía Romana Nocturno é unha carreira vertical de montaña de aproximadamente
2.000 metros de distancia desnivel 267m e pendente máxima do 90%(por volta) . Sobe
dende a desembocadura do regato de Camporramiro no Río Miño a carón do pobo de
Belesar, ata o interior da adega Vía Romana no lugar da Ermida Concello de Chantada. O
firme do percorrido é nun 100% terra, pedra e auga. A primeira manga farase
completamente de noite e a segunda ao amencer.
Por tratarse dunha proba de alto desgaste físico nun entorno moi agreste e de visibilidade
limitada os atletas inscritos deben ter total coñecemento dos riscos que a participación
nas versións do Desafío Vía Romana pode ocasionar no seu corpo. E para tal debe asinar
no momento da recollida do seu dorsal un documento de exclusión de responsabilidade
sobre a organización e no cal se detallan os riscos aos que se terán que afrontar.
A carreira constará de dúas mangas:
1ª MANGA NOCTURNA (07:45h) A saída será individual, tipo contrarreloxo, cunha
diferencia de 20 segundos entre cada corredor/a. Tod@ corredor/a alcanzad@ en
ascensión deberá ceder o paso obrigatoriamente.
2ª MANGA MENCER (08:45h)- A victoria final deste desafío disputarase entre aqueles/as
que acaden un menor tempo na suma das dúas mangas.
O percorrido estará controlado por xuices, identificados con chalecos da organización,
que poderán penalizar con 15 segundos, (bandeira amarela, falta leve) ou descalificar,
(bandeira vermella, falta grave).
Será OBRIGATORIO facilitar o paso para ser adiantad@ @s corredores máis rápidos en
todo momento, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
Está PROHIBIDO Tocar o viñedo, utilizar bastóns ou similares e rachar as cintas de
marcaxe.
MATERIAL: Será obrigatorio levar en todo momento dúas luces de polo menos 150 LED
cada unha. Fixarase unha sobre a cabeza e outra no peito. Dado que o percorrido cruza
varios ríos, é aconsellable traer unha bolsa con roupa e zapatillas para mudarse entre as
probas e ó remate das mesmas (a organización encargarase de entregala en liña de
meta)
Tod@s @s participantes deberán estar na zona de saída 30 minutos antes da mesma,, é
dicir, ás 07.15h. A organización terá habilitado e sinalizado un espazo de quecemento e
estará prohibido subir polo percorrido da proba antes do comezo desta.
INSCRICIÓN, PRAZAS E PREZO
A inscrición poderase facer a través da web championchipnorte.com a partir do venres 10
de febreiro de 2017. Establécese un límite de 30 plazas das cales, ata o 25 de febreiro se
reservan 15 para homes y 15 para mulleres, a partir desa data as prazas que non se
cubran quedarán a disposición do primeiro que se inscriba independientemente do sexo .
O prezo da inscripción será de 10€ por participante que se fará efectivo a través da
pasarela de pago de. championchipnorte.com. A data límite para inscribirse será o
XOVES 23 DE MARZO.
(A organización resérvase o dereito de aumentar ou reducir o número de prazas.)
IDADE MÍNIMA
A idade mínima para poder participar será de 18 anos cumpridos antes da data carreira.
DECLARACION D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e
manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo
enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@
responsable en caso de accidente ó non cumprir a normativa. A organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto
a si mesmos como a terceiros.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e un
seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes á proba, e nunca como
derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda
responsabilidade polos danos que @s participantes nesta proba poidan causarse a si
mesmos, como a outras persoas polas causas anteriormente citadas.
RECOLLIDA DE DORSAIS
O dorsal recollerase o día da proba, de 7:00 a 7:15h, no pobo de Belesar no lugar
habilitado pola organización, que estará debidamente sinalizado e identificado.
Soamente poderá retirar o dorsal o titular do mesmo presentando documento
identificativo, (DNI, permiso de conducir ou pasaporte).
ABANDONOS
Calquera participante poderá abandoar a carreira de forma voluntaria en calquera punto
do percorrido, pero deberá comunicarllo a algún membro da organización e afastarse para
non entorpecer a subida do resto de corredores.
A organización poderá retirar da carreira a calquera participante se considera que o seu
estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.
DESCALIFICACIÓN
Será motivo de descalificación:
Non levar o dorsal nun lugar visible
Agarrarse ao viñedo ou ás cintas balizadoras
Non facilitar o paso para ser adiantad@
Recibir axuda externa
Non seguir as instruccións dos membros da organización en todo momento
Non prestar auxilio a calquera participante que sufra calquera tipo de accidente
DEREITOS DE IMAXE
Tod@ participante autoriza á organización e patrocinadores a publicar libremente
calquera fotografía ou video grabado no contexto da proba, sen dereito por parte d@
corredor/a a recibir unha compensación económica.
INFORMACIÓN DE INTERESE
O servizo de duchas estará a disposición d@s participantes no Pabillón Municipal de
Deportes de Chantada, tanto na saída como na chegada. Conta con baños e lugar
recollido para mudar roupa. Tamén contará con servizo de fisioterapia e enfermería.
CATEGORIAS E PREMIOS
Establécese unha única categoría absoluta por sexo, 3 primeiros homes e 3 primeiras
mulleres.
PREMIOS.
Tódolos participantes terán dereito á súa bolsa de corredor que estará composta, entre
outros agasallos, por unha botella de viño e unha camiseta.
Os vencedor@s recibirán un lote de produtos así como outros importantes premios que
iremos dando a coñecer na web http://www.viaromana.es/ e das redes sociais. Os Atletas
participantes e os seus acompañantes poderán recoller os seus premios ao remate da
proba dentro da adega onde poderán degustar os viños de Vía Romana e uns petiscos.
Ao remate do evento hai organizado un xantar no restaurante Os Pendellos de Chantada
cun prezo especial para @s participantes e os seus acompañantes; co fin de organizalo
da mellor maneira posible e dado que o aforo é limitado, será necesario confirmar por
teléfono a asistencia antes de que remate o prazo de inscrición. Será necesario presentar
o dorsal de participación na proba aos responsables do restaurante.
TELÉFONO DE INFORMACIÓN E CONFIRMACIÓN “OS PENDELLOS” - 637 82 96 33
TELÉFONOS DE CONTACTO ORGANIZACIÓN: 669368409