Calendario
Info da proba

Vía Romana

26/03/2017 9:30 - 14:30
Regulamento DESAFÍO VIA ROMANA
DATA: 26 de marzo de 2017
HORARIOS: Clásica 10:00h - Nocturna 7:45h
ORGANIZA: VIA ROMANA ADEGAS E VIÑEDOS
COLABORA: CLUBE DEPORTIVO ATLETISMO CHANTADA
REGULAMENTO
DESAFIO (CLASICO)
Desafío Vía Romana é unha carreira vertical de montaña con gran dureza e esixencia
física, enmarcada nun entorno de gran beleza. Está composta por dúas mangas de
aproximadamente 1.000m de distancia, desnivel de 147m, pendente media de 18% e
pendente máxima do 80% (en cada manga). O percorrido sobe dende a desembocadura
do regato de Camporramiro no Río Miño, a carón do pobo de Belesar ata a adega Vía
Romana no lugar da Ermida na Ribeira Sacra do Concello de Chantada. O firme do
percorrido é nun 100% terra, pedra e auga.
A carreira constará de dúas mangas:
1ª MANGA CLASIFICATORIA (10:00h). A saída será individual, tipo contrarreloxo, cunha
diferencia de 30 segundos entre cada corredor/a. Tod@ corredor/a alcanzad@ en
ascensión deberá ceder o paso obrigatoriamente. Pero pode continuar.
A clasificación para a segunda manga será proporcional ao número de inscritos por sexo
e aplicarase o criterio do 40%, (supoñamos que se inscriben 40 homes e 20 mulleres,
clasificarían os mellores tempos de 16 homes e de 8 mulleres). Como mínimo haberá
asegurada praza para a segunda manga de 5 homes e 5 mulleres no caso de non
cumprirse o criterio anterior.
Una vez pechadas as inscricións a organización resolverá os posibles redondeos ao
aplicar as porcentaxes e informará de cantos se clasifican para a segunda manga.
2ª MANGA (12:00h).- A victoria final deste desafío disputarase entre aqueles/as que se
clasifiquen para a segunda manga e será o tempo oficial obtido nesta manga o que figure
na clasificación. Con todo, haberá unha clasificación oficial do Desafío na que figurarán en
primeiro lugar os participantes na segunda manga e detrás deles o resto cos tempos da
primeira manga.
O percorrido estará controlado por xuices, identificados con chalecos da organización,
que poderán penalizar con 15 segundos, (bandeira amarela, falta leve) ou descalificar,
(bandeira vermella, falta grave).
Será OBRIGATORIO facilitar o paso para ser adiantad@ aos corredores máis rápidos en
todo momento, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
Está PROHIBIDO tocar o viñedo, utilizar bastóns ou similares e rachar as cintas de
marcaxe.
Tod@s @s participantes deberán estar na zona de saída 30 minutos antes, cando terá
lugar o briefing informativo (9:30h). A organización terá habilitado e sinalizado un espazo
de quecemento e estará prohibido subir polo percorrido da proba antes do comezo desta.
Dado que durante o percorrido os participantes terán que vadear un río e entre o final da
primeira manga e o comezo da segunda pasará unha media hora, recomendamos
entregar na saída unha bolsa con roupa e calzado seco que a organización se encargará
de entregar en liña de meta.
INSCRICIÓN, PRAZAS E PREZO
A inscrición poderase facer a través da web championchipnorte.com. Establécese un
límite de 60 prazas das cales, ata o 25 de febreiro se reservan 30 para homes e 30 para
mulleres, a partir desa data as prazas que non se cubran quedarán a disposición do
primeiro que se inscriba independentemente do sexo. O prezo da inscrición será de 7€
por participante que se fará efectivo a través da pasarela de pago de.
championchipnorte.com. A data límite para inscribirse será o XOVES 23 de marzo.
A organización resérvase o dereito de aumentar ou reducir o número de prazas.
IDADE MÍNIMA
A idade mínima para poder participar será de 18 anos cumpridos antes da data carreira.
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e
manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo
enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@
responsable en caso de accidente ó no cumprir a normativa. A organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto
a si mesmos como a terceiros.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e un
seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba, e nunca como
derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis e articulado do regulamento. A organización declina toda
responsabilidade polos danos que @s participantes nesta proba poidan causarse a si
mesmos, como a outras persoas polas causas anteriormente citadas.
RECOLLIDA DE DORSAIS
O dorsal recollerase o día da proba, de 8:15 a 9:15h, no pobo de Belesar no lugar
habilitado pola organización, que estará debidamente sinalizado e identificado.
Somente poderá retirar o dorsal o titular do mesmo presentando documento identificativo,
(DNI, permiso de conducir ou pasaporte).
ABANDONOS
Calquera participante poderá abandoar a carreira de forma voluntaria en calquera punto
do percorrido, pero deberá comunicarllo a algún membro da organización e afastarse para
non entorpecer a subida do resto de corredores.
A organización poderá retirar da carreira a calquera participante se considera que o seu
estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.
DESCALIFICACIÓN
Será motivo de descalificación:
Non levar o dorsal nun lugar visible
Agarrarse ao viñedo ou ás cintas balizadoras
Non facilitar o paso para ser adiantad@
Recibir axuda externa
Non seguir as instrucións dos membros da organización en todo momento
Non prestar auxilio a calquera participante que sufra algún tipo de accidente
DEREITOS DE IMAXE
Tod@ participante autoriza á organización e patrocinadores a publicar libremente
calquera fotografía ou video grabado no contexto da proba, sen dereito por parte d@
corredor/a a recibir unha compensación económica.
INFORMACIÓN DE INTERESE
O servizo de duchas estará a disposición d@s participantes no Pabillón Municipal de
Deportes de Chantada, tanto na saída como na chegada. Conta con baños e lugar
recollido para mudar roupa, tamén contará con servizo de fisioterapia e enfermería.
CATEGORIAS E PREMIOS
Establécese unha única categoría absoluta por sexo, 3 primeiros homes e 3 primeiras
mulleres
PREMIOS.
Tódolos participantes terán dereito á súa bolsa de corredor que estará composta entre
outros agasallos por unha botella de viño e unha camiseta técnica.
Os vencedor@s recibirán un lote de produtos así coma outros importantes premios que
iremos dando a coñecer na wed http://www.viaromana.es/ e nas redes sociais desta
marca.
Os Atletas e os seus acompañantes poderán recoller os agasallos dentro de adega ao
remate da proba, onde tamén se poderán degustar os viños de Vía Romana e uns
petiscos.
Ao remate do evento hai organizado un xantar no restaurante Os Pendellos de Chantada
cun prezo especial para @s participantes e os seus acompañantes, co fin de organizalo
da mellor maneira posible e dado que o aforo é limitado, será necesario confirmar por
teléfono a asistencia antes de que remate o prazo de inscrición. Será necesario presentar
o dorsal de participación na proba aos responsables do restaurante.
TELÉFONO DE INFORMACIÓN E CONFIRMACIÓN “OS PENDELLOS” - 637 82 96 33
TELÉFONOS DE CONTACTO ORGANIZACIÓN: 669368409
DESAFIO VIA ROMANA
REGULAMENTO
DESAFIO (NOCTURNO)
Desafío Vía Romana Nocturno é unha carreira vertical de montaña de aproximadamente
2.000 metros de distancia desnivel 267m e pendente máxima do 90%(por volta) . Sobe
dende a desembocadura do regato de Camporramiro no Río Miño a carón do pobo de
Belesar, ata o interior da adega Vía Romana no lugar da Ermida Concello de Chantada. O
firme do percorrido é nun 100% terra, pedra e auga. A primeira manga farase
completamente de noite e a segunda ao amencer.
Por tratarse dunha proba de alto desgaste físico nun entorno moi agreste e de visibilidade
limitada os atletas inscritos deben ter total coñecemento dos riscos que a participación
nas versións do Desafío Vía Romana pode ocasionar no seu corpo. E para tal debe asinar
no momento da recollida do seu dorsal un documento de exclusión de responsabilidade
sobre a organización e no cal se detallan os riscos aos que se terán que afrontar.
A carreira constará de dúas mangas:
1ª MANGA NOCTURNA (07:45h) A saída será individual, tipo contrarreloxo, cunha
diferencia de 20 segundos entre cada corredor/a. Tod@ corredor/a alcanzad@ en
ascensión deberá ceder o paso obrigatoriamente.
2ª MANGA MENCER (08:45h)- A victoria final deste desafío disputarase entre aqueles/as
que acaden un menor tempo na suma das dúas mangas.
O percorrido estará controlado por xuices, identificados con chalecos da organización,
que poderán penalizar con 15 segundos, (bandeira amarela, falta leve) ou descalificar,
(bandeira vermella, falta grave).
Será OBRIGATORIO facilitar o paso para ser adiantad@ @s corredores máis rápidos en
todo momento, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
Está PROHIBIDO Tocar o viñedo, utilizar bastóns ou similares e rachar as cintas de
marcaxe.
MATERIAL: Será obrigatorio levar en todo momento dúas luces de polo menos 150 LED
cada unha. Fixarase unha sobre a cabeza e outra no peito. Dado que o percorrido cruza
varios ríos, é aconsellable traer unha bolsa con roupa e zapatillas para mudarse entre as
probas e ó remate das mesmas (a organización encargarase de entregala en liña de
meta)
Tod@s @s participantes deberán estar na zona de saída 30 minutos antes da mesma,, é
dicir, ás 07.15h. A organización terá habilitado e sinalizado un espazo de quecemento e
estará prohibido subir polo percorrido da proba antes do comezo desta.
INSCRICIÓN, PRAZAS E PREZO
A inscrición poderase facer a través da web championchipnorte.com a partir do venres 10
de febreiro de 2017. Establécese un límite de 30 plazas das cales, ata o 25 de febreiro se
reservan 15 para homes y 15 para mulleres, a partir desa data as prazas que non se
cubran quedarán a disposición do primeiro que se inscriba independientemente do sexo .
O prezo da inscripción será de 10€ por participante que se fará efectivo a través da
pasarela de pago de. championchipnorte.com. A data límite para inscribirse será o
XOVES 23 DE MARZO.
(A organización resérvase o dereito de aumentar ou reducir o número de prazas.)
IDADE MÍNIMA
A idade mínima para poder participar será de 18 anos cumpridos antes da data carreira.
DECLARACION D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e
manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo
enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@
responsable en caso de accidente ó non cumprir a normativa. A organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto
a si mesmos como a terceiros.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e un
seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes á proba, e nunca como
derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda
responsabilidade polos danos que @s participantes nesta proba poidan causarse a si
mesmos, como a outras persoas polas causas anteriormente citadas.
RECOLLIDA DE DORSAIS
O dorsal recollerase o día da proba, de 7:00 a 7:15h, no pobo de Belesar no lugar
habilitado pola organización, que estará debidamente sinalizado e identificado.
Soamente poderá retirar o dorsal o titular do mesmo presentando documento
identificativo, (DNI, permiso de conducir ou pasaporte).
ABANDONOS
Calquera participante poderá abandoar a carreira de forma voluntaria en calquera punto
do percorrido, pero deberá comunicarllo a algún membro da organización e afastarse para
non entorpecer a subida do resto de corredores.
A organización poderá retirar da carreira a calquera participante se considera que o seu
estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.
DESCALIFICACIÓN
Será motivo de descalificación:
Non levar o dorsal nun lugar visible
Agarrarse ao viñedo ou ás cintas balizadoras
Non facilitar o paso para ser adiantad@
Recibir axuda externa
Non seguir as instruccións dos membros da organización en todo momento
Non prestar auxilio a calquera participante que sufra calquera tipo de accidente
DEREITOS DE IMAXE
Tod@ participante autoriza á organización e patrocinadores a publicar libremente
calquera fotografía ou video grabado no contexto da proba, sen dereito por parte d@
corredor/a a recibir unha compensación económica.
INFORMACIÓN DE INTERESE
O servizo de duchas estará a disposición d@s participantes no Pabillón Municipal de
Deportes de Chantada, tanto na saída como na chegada. Conta con baños e lugar
recollido para mudar roupa. Tamén contará con servizo de fisioterapia e enfermería.
CATEGORIAS E PREMIOS
Establécese unha única categoría absoluta por sexo, 3 primeiros homes e 3 primeiras
mulleres.
PREMIOS.
Tódolos participantes terán dereito á súa bolsa de corredor que estará composta, entre
outros agasallos, por unha botella de viño e unha camiseta.
Os vencedor@s recibirán un lote de produtos así como outros importantes premios que
iremos dando a coñecer na web http://www.viaromana.es/ e das redes sociais. Os Atletas
participantes e os seus acompañantes poderán recoller os seus premios ao remate da
proba dentro da adega onde poderán degustar os viños de Vía Romana e uns petiscos.
Ao remate do evento hai organizado un xantar no restaurante Os Pendellos de Chantada
cun prezo especial para @s participantes e os seus acompañantes; co fin de organizalo