Calendario
Info da proba

Vilaboa

08/01/2017 11:00 - 13:00
Regulamento PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de Vilaboa e GESTSPORT GALICIA SL organizan o Domingo 08 de enero del 2017, a partir das 11:00 horas, a “II Carreira Popular do Nadal – Vilaboa 2017”, co patrocinio de o Concello de Vilaboa
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
MASC. / FEM. Ano Menor / ano Maior Nacemento Distancia
Chupete De 00 A 05 2017 – 2012 100m aprox.
Pitufo/a De 06 A 07 2011-2010 300m aprox.
Benxamín De 08 A 09 2009-2008 500m aprox.
Alevín De 10 A 11 2007-2006 500m aprox.
Infantil De 12 A 13 2005-2004 1.000m aprox.
Cadete De 14 A 15 2003-2002 1.000m aprox.
Xuvenil De 16 A 17 2001-2000 1.200m aprox.
Junior De 18 a 19 1999-1998 5.000m aprox.
Promesa De 20 a 22 1997-1996-1995 5.000m aprox.
Sénior De 23 A 34 1994 ata 1983* (34 anos) 5.000m aprox.
Veteranos/as 1 De 35 A 44 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 2 De 45 a 54 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 3 De 55 a 64 Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
Veteranos/as 4 De 65 en diante Cumpridos o día da proba. 5.000m aprox.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Gestsport Galicia. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do Xoves 4 de xaneiro (O XOVES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante o SÁBADO día 07 de Xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas no “Colexio de Toural”
2.- o mesmo día da carreira, domingo 08 de Xaneiro, dende as 9:00 ata media hora antes do comezo de cada proba (ata as 11:00 horas), no “Colexio de Toural” facilitando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.
Haberá tres (3) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa máis.
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
- Empadroados en Vilaboa: No caso de deportista das categorías Sénior e Veteranos que esten empadradoados en Vilaboa, deberan realizar a inscripción in situ no concello de Vilaboa
5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do “Colexio de Toural” o sábado día 07/07 de 17:00h a 20:00h e o domingo 27/07 dende as 9:00h ata as 10.45.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.
DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta.
8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.
9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
10. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido, e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
11. HORARIOS E PROBAS:
11.00h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 5.000m aprox.
12.00h Chupete De 00 A 05 100m aprox.
12:05h Pitufo/a De 06 A 07 300m aprox.
12.10 Benxamín De 08 A 09 500m aprox.
12.25 Alevín De 10 A 11 500m aprox.
12.40 h Infantil De 12 A 13 1.000m aprox.
12.50 h Cadete De 14 A 15 1.000m aprox.
13.00 Xuvenil De 16 A 17 1.200m aprox.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
12. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
13. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
14. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios
POSTERIOR Á PROBA
15. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...
16. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
17. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Vilaboa (nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
Recibirán trofeo o primeiro clasificado de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.
19. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es