Calendario
Info da proba

Lestedo

04/03/2017 16:00 - 19:00
Regulamento
V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro


A V CARREIRA DA FILLOA terá lugar en Lestedo con motivo da festa da filloa con subida ata o famoso Pico Sacro

A saída da carreira será diante do campo de fútbol de Lestedo (Concello de Boqueixón). Os coches poderánse aparcar no propio terreo de xogo. As duchas (cedidas polo concello) son as do campo de fútbol, polo que non haberá que desprazarse para ducharse

Despois da carreira haberá filloas e pinchos para todos os participantes no campo da festa (a 500 metros da saída)


DATA: 4 de marzo do 2017
HORA: a partires das 16:30 h
LUGAR: Lestedo (Concello de Boqueixón)
DISTANCIA: ata 9.500 m
ORGANIZA: Comisión de Festas de Lestedo
PREZO: Carreira absoluta (5 €) e carreira de escolares (gratuita)
INSCRICIÓN: Na páxina 39 segundos ou Presencialmente na tenda Deportes Caneda (Fonte de San Antonio 25, Santiago de Compostela)
DATA LIMITE DE INSCRICIÓN: 3 de marzo do 2017. (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO)

Descrición:

"Carreira que transcurre case na súa totalidade por camiños de terra. Saindo do campo de fútbol de Lestedo en poucos minutos accedese a un tramo do Camiño de Santiago para pouco a pouco avistar o Pico Sacro de fondo. Subiremos ó Pico Sacro de forma espectacular para terminar baixando por novos sendeiros cara a meta."


CIRCUITO CORRER EN GALICIA 2016-2017