Calendario
Info da proba

CCCP - Monte Porreiro

26/03/2017 11:00 - 13:00
Regulamento PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: O Consello de Barrio de Monte Porreiro e o Concello de Pontevedra, a través
do Servizo Municipal de Deportes de Pontevedra, coa colaboración da Sociedad
Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 26 de marzo de 2017, a partir das
12,00 horas, a “V Carreira Pedestre Monte Porreiro 2017 – Gran Premio U.N.E.D.”
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o
desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación.
CATEGORÍA
MASCULINA/FEMININA
Ano
Menor Maior Nacemento
Chupete De 00 A 04 2017 – 2013
Pitufo/a De 05 A 07 2012 – 2010
Benxamín De 08 A 09 2009 – 2008
Alevín De 10 A 11 2007 – 2006
Infantil De 12 A 13 2005 – 2004
Cadete De 14 A 15 2003 – 2002
Xuvenil De 16 A 17 2001 – 2000
Promesas De 18 A 22
C
C
C
P
2
0
1
7
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante Parellas
Mixtas
Masculinas De 18 En diante
Femininas
Haberá unha categoría especial de parellas que poderán estar formadas por un
home e unha muller (categoría parella mixta), dous homes (categoría parella
masculina) ou dúas mulleres (categoría parella feminina). Estas parellas terán que
facer todo o percorrido xuntas, entrando en meta cunha diferenza máxima de 5
segundos entre os membros da parella, contabilizándose o tempo de chegada do
membro do equipo que entre en segundo lugar. En caso de non entrar no prazo
máximo de 5 segundo a parella quedará descualificada.
Para poder participar na categoría de “parellas” haberá que:
1. Inscribirse individualmente ou no CCCP 2017, ou só na propia carreira de Monte
Porreiro.
2. Un dos integrantes conformará un equipo e enviará unha soa invitación ao
segundo/a compoñente.
3. Este segundo/a membro deberá aceptala expresamente antes do prazo de fin de
inscrición en Monte Porreiro. As parellas non configuradas no prazo non
puntuarán.
Todas as persoas participantes na categoría parellas, non puntuarán nas distintas
clasificacións individuais da Carreira de Monte Porreiro.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a
aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba,
obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña
participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,....
para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de
Deportes de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes
de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a
Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións e das distintas
promocións vencelladas coa carreira. Se desexa exercitar os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á
dirección admindeportes@pontevedra.eu no punto anterior, xuntando unha
fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de
dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que
dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por
imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agás as de menores, faranse en www.championchipnorte.com ata
as 23:59 horas do día 22 de marzo. Para as categorías de menores a inscrición será
presencial o día da proba, entre as 09,00 e as 10,45 h na propia U.N.E.D.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra
(CCCP) 2017, a inscrición xa está realizada e pagada. Se algunha persoa máis quixera
inscribirse no CCCP poderá facelo tamén en www.championchipnorte.com
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores. A inscrición
da carreira é persoal e intransferible.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se
inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de
balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de
participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa
beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo
de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de
Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu
dorsal); En caso de non inscribirse como desempregado e/ou non presentar o
documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Os membros da comunidade educativa da Universidade Nacional de Educación
a Distancia U.N.E.D. (alumnado, profesorado e PAS) que se inscriban na carreira,
deberán de pagar como todos no momento de inscribirse, e a Organización
devolveralles o importe da mesma (polo mesmo medio que fixo o pago), excepto (de
non telo en propiedade) o aluguer do obrigatorio chip polo que terá que abonar 1 €.
Para obter a devolución, de forma inescusable, no momento de recoller o dorsal
deberá presentar o carnet da U.N.E.D. e o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
Categoría Data tope
inscrición
Recollida
de dorsais Cota Sistema de
inscrición
Aluguer
chip
Chupetes
Só o día 26 de marzo
entre as 09.00 e as 10.45
horas na U.N.E.D.
De balde
Persoalmente o
titor/a, co nome
e teléfono de
contacto
Non
Pitufos/as
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Promesas
Ata as
23.59
horas do
22 de
marzo
Só o día
26 de
marzo
entre as
09.00 e
as 11.30
na
U.N.E.D.
5 €
A través da web
www.championchipnorte.com
2 €, de non telo en
propiedade
Senior
Veteranos/as 1
Veteranos/as 2
Veteranos/as 3
Veteranos/as 4
Veteranos/as 5
Veteranos/as 6
Veteranos/as 7
Parellas 5€/persona
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en
transporte público, a pé ou en bicicleta e de non ser así:
Dende Santiago ou Vigo: tomar a saída da autopista Pontevedra Norte e coller
dirección a Pontevedra, avanzar 100 metros e na primeira rotonda (con edificios no
seu interior) rodeala deixando o Servizo de Bombeiros de Pontevedra á esquerda e a
Comandancia da Garda Civil á dereita, na primeira saída da rotonda coller á dereita
(dirección Policía Local e ao Pazo de Congresos de Pontevedra) e pasar por enriba da
autopista seguindo o Paseo de Domingo Fontán (paralelo ao río Lérez) ata chegar a
unha gasolineira de Repsol e a unha rotonda dende a que tomaremos a segunda saída
(dirección Recinto Feiral). Pasamos por diante do Pavillón Municipal dos Deportes e na
seguinte rotonda tomamos a segunda saída (dirección Policía Local) para enlazar
inmediatamente (100 metros) á dereita dirección Ourense. Xa estamos no Recinto
Feiral de Pontevedra e avanzamos ata atravesar a Ponte dos Tirante e na primeira
rotonda tras a ponte collemos a cuarta saída dirección Monte Porreiro (paralelos ao río)
durante 2.5 quilómetros e ao atopar a primeira rotonda ir buscando onde aparcar para
subir a pé a primeira costa a man dereita que atopamos.
Dende Ourense: Se vimos pola estrada Nacional 541 (Ourense – Carballiño – CerdedoPontevedra)
ao entrar en Pontevedra, e no primeiro semáforo e rotonda que
atopamos, collemos a man dereita (está indicado Monte Porreiro); avanzamos e
seguimos os carteis da U.N.E.D. xa chegamos.
6. SERVIZOS GARDARROUPA, SANITARIOS E SEGUROS. Todas as persoas
participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e
dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición
nas instalacións da U.N.E.D. de Pontevedra e con entrada pola Rúa Francia, preto da
zona da saída.
7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto
pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Categoría
Chupetes
Pitufos/as ou
Pre-Benxamín
Benxamín
Alevín
Infantil
Cadete
Xuvenil
Promesas, Sénior,
Veteranos/as 1, 2, 3,
4, 5, 6, 7 e Parellas
Hora saída 11.10 11.15 11.20 11.30 11.40 12.00
Distancia en
metros 50 300 800 1.500 2.500 2 voltas de 4.000 m.
(cada unha)
Haberá un avituallamento líquido no km. 4 (ao remate da primeira volta), e na liña de
meta facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
Haberá unha meta volante sinalizada no circuíto cun premio especial para o primeiro
home e a primeira muller en atravesala, que posteriormente rematen a carreira.
8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de
Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo,
que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un
comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité
Organizador.
9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos
cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os
atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de
paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe
dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán
descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do
chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a
agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda persoa non inscrita (con dorsal oficial e chip)
non poderá correr nesta carreira e se é advertida a súa presenza se lle instará a
abandonar o circuíto. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a
súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización.
POSTERIOR Á CARREIRA
11. DUCHAS E OUTROS. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios
habilitados no Pavillón de Deportes do Colexio Marcos da Portela en horario de 12 a
13.30 horas. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas,
servizo médico,...
12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en
rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta
clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría
Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha
medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
1º 2º 3º
Promesas, Sénior e Veteráns Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Parellas (1) Mixta Trofeo (2) Trofeo (2) Trofeo (2)
Masculina Trofeo (2) Trofeo (2) Trofeo (2)
Feminina Trofeo (2) Trofeo (2) Trofeo (2)
Meta Voante Masculino Premio especial - -
Feminino Premio especial - -
Deportista de máis idade Masculino Trofeo - -
Feminino Trofeo - -
(1) Todos/as os/as participantes inscritos na categoría “parellas” non optarán aos
trofeos individuais desta carreira.
(2) Todas as “parellas” que suban ao podio serán obsequiadas cun mes de
asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com
13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase
a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios
deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen
presentes, entenderase que renuncian ao premio.
14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá unha merenda axeitada para
todos/as os participantes.
15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica
Pontevedra en info@sgpontevedra.com ou no Facebook en
/CircuitoDeCarreirasDePontevedra