Calendario
Info da proba

Pontevedra - Urban Trail

11/03/2017 20:00 - 21:00
Regulamento Urban Trail Pontevedra

REGULAMENTO DA
I CARREIRA PEDESTRE
“URBAN TRAIL NIGHT
PONTEVEDRA” 2017
INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS
DE PONTEVEDRA 2017
www.facebook.com/CircuitoDeCarreirasDePontevedra
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A empresa Qualité Sport Events, coa colaboración do Concello de Pontevedra, organizan o
domingo 11 de marzo de 2017 a partir das 20.00 horas, a I Carreira Pedestre “Urban Trail Night
Pontevedra” 2017.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen
sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as
condicións de participación.
MASCULINA / FEMININA Ano
Menor Maior
C
U
M
P
R
I
D
O
S
Promesas De 18 A 22
C
C
C
P
2
0
1
7
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante
Os menores de idade que quieran participar, deberán enviar un correo electrónico a
info@qualitesport.com cunha autorización asinada pola nai, pai ou titor legal.
Todos/as os/as participantes teñen que utilizar, a maiores, unha lanterna frontal (de cabeza)
encendida durante todo o percorrido.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar
estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde,
que me habiliten para participar en probas deportivas de máis de 10.000 metros.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no
evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou
outras circunstancias, agresións,...).
- Autorizo a organización á utilización da miña imaxe en
publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa
imaxe previa solicitude expresa por escrito á empresa
Qualité Sport Event R/ Martín, 16 – O Rosal (36770)
Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus
datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é
responsable a empresa Qualité Sport Event. A finalidade do
ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira
Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección
sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu
DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha
situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia,
neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 08 de marzo.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2017, a
inscrición será de balde. As inscricións no CCCP, tamén, faranse en www.championchipnorte.com.
Categoría Data tope
inscrición
Recollida de
dorsais Prezo Sistema de inscrición Aluguer
chip
Promesas Ata as
23.59
horas do
08 de
O día 11/03 de 10
a
14 e de 16 a 19
h.
Do 23/I ao 27/I 10 € A través da web
www.championchipnorte.com
2 €, de
non telo en
propiedade
Senior
Veteranos/as 1
Veteranos/as 2 Do 28/I ao 5/III 12 €
Parking
Veteranos/as 3 marzo No Pazo da
Cultura de
Pontevedra
Veteranos/as 4
Veteranos/as 5 Do 6/III ao 8
de/III Veteranos/as 6 15 €
Veteranos/as 7
Poderá voluntariamente mercarse, xunto coa inscrición, unha lanterna frontal ofrecida pola
organización (baterías engadidas) a un prezo de 9 euros.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera
en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que
pagar 2 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o
aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento
Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de
Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso
de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Todas as inscricións son persoais e intransferibles.
5. BOLSA DO/A CORREDOR/A
A bolsa do corredor/a levará agasallos dos patrocinadores e a camiseta conmemorativa, e
entregarase no momento de recoller o dorsal.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
6. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de
non ser así, o lugar recomendado para o estacionamento dos vehículos é a explanada superior do
Recinto Feiral de Pontevedra.
7. SERVIZOS SANITARIOS E
SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes
estarán cubertos cunha póliza
de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun
“Seguro de Accidentes”.
Haberá unha ambulancia e un
médico/a para a atención.
8. PERCORRIDO. Estará
sinalizado e terá unha
lonxitude de 14.000 metros
nun circuíto moi escuro, cheo
de obstáculos, bacheado e
pechado sobre terra, pedra e
asfalto. Haberá diversos
controis de paso obrigatorios, e
nos lugares conflitivos a
organización contará con persoal
propio.
9. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están
facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que
non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que
manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
10. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das
zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do
mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por
enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos
os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non
entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como
unha penalización de 30 (trinta) euros.
11. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará
a abandoar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
12. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo
médico,... así como duchas no Pavillón Multiusos da Xunqueira de Pontevedra dende as 21 ata as
23.59 horas.
13. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as
vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o
premio da súa categoría particular.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Promesa, Senior e Veteráns Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
14. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das
22.00 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na
mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao
premio material.
15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Qualité Sport Events en
https://www.facebook.com/CircuitoDeCarreirasDePontevedra ou info@qualitesport.com