Calendario
Info da proba

Barreiros - Praias

28/05/2017 11:00 - 14:00
Regulamento DOMINGO 28 DE MAIO 2017
INSCRIPCIONS: https://carreirapopulardaspraias.jimdo.com/edicion-2017/
PUNTA ANGUIEIRA - SAN BARTOLO - BARREIROS (LUGO) - DIANTE HOTEL RIA DO MASMA
HORARIOS:
CARREIRAS INFANTILES: 11.15 H
CARREIRA ADULTOS: 12.30 H (NOVO PERCORRIDO. SAIDA DENDE PRAIA AREALONGA - XUNTO RESTAURANTE LA YENKA - 10 KM). HABERÁ SERVIZO DE TRASLADOS DENDE ZONA DE META A SAIIDA ANTES DA CARREIRA (A PARTIR DAS 11.45 H) E SERVIZO PORTAMOCHILAS SAIDA-META.
ENTREGA DE TROFEOS: INFANTILES: Ó REMATE DAS CARREIRAS - ADULTOS: ÁS 13.45 H
INSCRIPCIÓNS ATA O 25 DE MAIO
CRONOMETRA PRUEBA-T
INSCRIPCIONS
BASES DA CARREIRA
BASES “V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”


ORGANIZA: Peña Barcelonista San Miguel
COLABORA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Actiboot – Casa Elena Turismo Rural - Taxi Valea - Pinturas Centeno - Concello de Barreiros - Agrupación Protección Civil de Barreiros
DATA: 28 de maio de 2017
HORA: 11.15 H. Probas infantiles – 12.30 H. Proba adultos
LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría do Masma.
SAIDAS ADULTOS: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.
CHEGADA ADULTOS: Diante do Hotel Ría do Masm.
Haberá servicio de traslado de participantes dende a zona de meta ata a saida dende as 11.45 h. sendo o último traslado ás 12.15 h.
CARREIRAS INFANTILES: En praia de Altar
CRONOMETRAXE: Adultos con chip a través da empresa Prueva-T

INSCRIPCIÓNS: Inscripción e información a través da web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com
Adultos: 5 €
Nenos ata cadete: gratuita
O prazo remata o día 25 de maio
Tfnos: 625 82 10 44 - 649 57 13 60
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, e-mail.
Recollida de dorsais: Día da carreira ata 15 minutos antes da cada proba, na mesa adicada a tal fin diante do Hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo.

CATEGORIAS E DISTANCIAS:
* PITUFOS: NADOS 2013 - 2017 / 100 m. – Carreira non competitiva
* PREBENXAMIN: 2010- 2012/ 200 m. – Carreira non competitiva
* BENXAMIN: 2008 – 2009 / 400 m.
* ALEVIN: 2006 – 2007 / 800 m.
* INFANTIL: 2004 - 2005 / 1.200 m.
* CADETE: 2000- 2003 / 2.000 m.

CATEGORIAS ADULTOS – 10 KM
* ALTAR: 1982 – 1999
* LONGARA: 1972 – 1981
* AS PASADAS: 1962 – 1971
* AREALONGA: NACIDOS ANTES DE 1962

PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como femenino. Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino.
A organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento ós participantes.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.

PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das categorías.

Adultos. Nesta edición establécese un cambio con relación ás edicións anteriores. Só teremos un percorrido que terá a sua saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La yenka) e a chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma (onde foi a meta nas 4 edicións anteriores). Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este novo percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros. Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo
pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo que fai desta carreira algo especial.


VARIOS:
A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o desprazamento dende a zona de meta á zona de saida.
O servizo de autobuses empezará ás 11.30 h e remata á 12.10 h.
A organización entregará os participantes unha mochila co seu número de dorsal, para que éstos a usen se así o desexan para mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida ata a meta. Estas bolsas entregaranse a un responsable da organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua chegada, identificándose co dorsal.
Haberá servizo de duchas na zona de meta.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos.
Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto dará lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.
Os circuitos poderanse consultar na web da carreira.