Calendario
Info da proba

CCNÓS - Rato

12/02/2017 12:00 - 13:30
Regulamento Corre con Nós-Estrada Río Rato

CALENDARIO XVII CIRCUITO LARSA CCNÓS
• 1ª PROBA (ata 500 mt.)
• CATEGORÍA:
• MINIBENXAMÍN--------------------------- (NADOS 2010 - 2012)
• 2ª PROBA (entre 1.000 mt. e 2.000 mt.)
• CATEGORÍAS :
• BENXAMÍN ------------------------------(Nados entre 2008 - 2009)
• ALEVIN ------------------------------------(Nados entre 2006 -2007)
• 3ª PROBA (entre 2.000 mt. e 3.000 mt)
• CATEGORÍAS:
• INFANTIL --------------------------------(Nados entre 2004 - 2005)
• CADETE -----------------------------------(Nados entre 2002 - 2003)
• 4ª PROBA ( entre 3000 mt. e 6000 mt. )
• JUVENIL--------------------------------------( Nados entre 1996 - 2001 )
• JUNIOR----------------------------------------( Nados entre 1991 - 1995 )
• PROMESA--------------------------------------(Nados entre 1986- 1990 )
• SENIOR ---------------------------------------( Nados entre 1981 - 1985 )
• VETERÁN/A A------------------------------- ( Nados entre 1976 - 1980 )
• VETERÁN/A B------------------------------- ( Nados entre 1971 - 1975 )
• VETERÁN/A C -------------------------------( Nados entre 1966 - 1970 )
• VETERÁN/A D -------------------------------( Nados entre 1961 - 1965 )
• VETERÁN/A E -------------------------------( Nados entre 1956 - 1960 )
• VETERÁN/A F ---------------------( Nados en 1955 e ANTERIORES )
CATEGORÍAS E DISTANCIAS 17 CIRCUÍTO LARSA CCNÓS
• Inscricións para a primeira proba do Xoves 22 de Decembro ata o Martes 10 de Xaneiro de 2017
ás 23:59 h.
• Despois da primeira proba do circuíto, poderanse inscribir tod@s aqueles/as que non o fixeran
ata as 23:59 h do Martes da semana correspondente á celebración de cada carreira.
• Esta data poderá ser modificada previamente pola Organización por causas organizativas
sendo anunciado previamente.
As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com , buscando o evento Corre con Nós.
Tod@s @s menores de idade deberan de inscribirse co consentimento expreso do pai/nai ou titor legal.
INSCRICIÓNS PARA O CIRCUÍTO
• Para a primeira
• Sábado 14 de Xaneiro de 10:00 h a 14:00 h .
• Centro Comercial As Termas
• Para o resto de probas:
• Tenda de deportes NDORFINA SPORTS ( Campo Castelo Nº57. Lugo )
• Xoves - Venres - Sábado na semana correspondente a cada proba, no seu horario
comercial.
NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O MESMO DIA DAS CARREIRAS POR CUESTIÓNS
ORGANIZATIVAS.
*Os atletas que o desexen tamén poden elixir outros métodos de recollida do seu dorsal segundo as
opcións que lles ofrecerá ChampionchipNorte durante a inscrición.
** Se non tes CHIP doutros anos, e o adquíreche por internet, deberás de recollelo co teu dorsal.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS ATLETAS INSCRITAS/OS
• Hai un ÚNICO dorsal para todo o circuíto que se recollerá unicamente na primeira proba do mesmo
na que se participe, E OBRIGATORIO LEVAR O DORSAL EN TODAS AS PROBAS, e non alterar
nin manipular o mesmo tapando ou ocultando parte da publicidade impresa, podendo no caso
contrario a Organización descualificar ao/á corredor/a.
• Para participar neste circuíto é OBRIGATORIO portar en cada carreira o chip de Championchip para
poder saír nas clasificacións ( se non o tes poderalo adquirir ao facer a túa inscrición no circuíto na
páxina de www.championchipnorte.com ) e tamén portar o dorsal claramente colocado na parte
frontal da camiseta.
• O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba e non lle contará de ningún
xeito para a clasificación final do circuíto.
• O atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ó avituallamento final de carreira e deberá desviarse
do embudo final o rematar a súa carreira pois non poderá ser identificado pola organización como
participante do circuíto Larsa Corre con Nós, podendo chegar a ser descualificado se así o estima a
organización de carreira por non cumprir o regulamento.
• Os CHIPS son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta que foi suplantado/a , anulando todos
os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
• No caso de Perda do Chip, o/a atleta poderá mercar outro a través da páxina de Championchip o
mesmo prezo de 20 € adultos / 5€ menores (aluguer).
• No caso de Perda ou Rotura de Dorsal, poderá solicitar un segundo dorsal dentro dos prazos para
novas inscricións indicadas para cada proba á Concellería de Deportes en ccnos@concellodelugo.org
OBLIGATORIEDADE DE PORTAR O CHIP E O DORSAL EN CADA PROBA
USO DO CHIP POLAS CATEGORIAS MENORES
BENXAMÍN - ALEVÍN - INFANTIL - CADETE
Todas as categorías. exceptuando a MINIBENXAMIN terán que levar un CHIP Championchip
VERDE que alugarán no momento da inscrición.
Deberán de aboar unha FIANZA RESPONSABLE de 5 € no momento da inscrición por internet.
Na derradeira proba do circuíto deberá de devolverse o Chip Verde , unha vez finalice a mesma e feita
a comprobación por parte de ChampionchipNorte posteriormente a partires do 30 de xuño de 2017
seranlle devoltos os 5 € da fianza que aportou polo mesmo sistema polo que os pagou.
A perda do chip conlevará á perda da fianza e o/a atleta terá que voltar a alugar un novo chip por
internet na páxina de championchipnorte.com
Os chips recolleranse xunto co dorsal antes da primeira proba que o/a atleta vaia a disputar e
seguindo os prazos marcados pola organización
 CLASIFICACIÓN LARSA DE CADA CARREIRA DO CIRCUÍTO :
Esta é a clasificación por categorias en cada unha das 6 probas.
Categorías BENXAMÍN - ALEVÍN -INFANTIL - CADETE
Trofeo para @s gañadoras/es de cada unha das categorías Feminina/Masculina
BENXAMIN-ALEVIN - INFANTIL - CADETE
Medalla de Prata para @ segund@ clasificad@ de cada categoría.
Medalla de Bronce para @ terceir@ clasificad@ de cada categoría.
LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO XVII CIRCUÍTO LARSA CCNÓS
CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS DE MENORES
 LIGA MENORES :
CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS Fem. / Mas.
BENXAMÍN - ALEVÍN -INFANTIL - CADETE
Deberase Puntuar en 5 das 6 probas.
Poderase descartar 1 proba non asistindo ou automaticamente se eliminara o peor
resultado.
 Trofeo + Diploma Honorífico para os 3 primeiros clasificados finais de cada
unha das categorías.
 Diploma Honorífico para os postos finais do 4º ó 6º de cada categoría.

LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO XVII CIRCUÍTO LARSA CCNÓS
CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS ABSOLUTAS
 CLASIFICACÍÓN XERAL INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS
Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación por categorías.
Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 5 das 6 probas que
compoñen o circuíto para poder optar os premios finais para os/as tres primeiros/as de cada
categoría.
A puntuación alcanzada irá en función do posto categoría acadado en cada unha das probas: 1º-1
pto / 2º - 2 ptos / 3º - 3 ptos...... de xeito que a puntuación canto menor sexa significará mellor
posición.
Se o/a atleta finaliza todas as probas descartará automaticamente o peor posto puntuando cos
seus mellores seis resultados acadados.
• Trofeo + Diploma Honorífico para as 3 primeiras Clasificadas de cada Categoría Absoluta.
• Trofeo + Diploma Honorífico para os 3 primeiros Clasificados de cada Categoría Absoluta.
 CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL:
Para puntuar neste circuíto terás que participar en 5 das 6 probas que compoñen o circuíto.
Se corres 6 probas poderás descartar unha carreira, e puntuarás cos teus mellores 5 postos sexo
para a xeral individual.
En caso de empate entre atletas para a xeral final:
Maior número de probas disputadas
Mellor resultado nas carreiras disputadas
Mellor resultado na proba final ( Frigsa ).
Haberá:
CLASIFICACIÓN FINAL XERAL INDIVIDUAL FEMININA
Trofeo e Diploma Honorífico para as 3 primeiras Clasificadas Absolutas.
Diploma Honorífico para as clasificadas do 4º ó 6º posto
CLASIFICACIÓN FINAL XERAL INDIVIDUAL MASCULINA
Trofeo + Diploma Honorífico para os 3 primeiros Clasificados Absolutos.
Diploma Honorífico para os clasificados do 4º ó 6º posto
LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO XVII CIRCUÍTO LARSA CCNÓS
 CLASIFICACIÓN FINAL ABSOLUTA CIRCUÍTO LARSA CORRE CON NÓS 2017: • Clasificación FINAL COMPENSADA do circuíto absoluto.
• En cada carreira publicarase unha clasificación por xénero compensada en función da idade e
distancia da proba según as táboas da Asociación Mundial de Atletas Masters
https://championchipnorte.com/uploads/files/2017/XVII%20CORRE%20CON%20NOS/tablas_IAAF_ruta_compens
adas.xls
Sumando os cinco mellores postos de cada atleta publicarase unha clasificación do circuíto
compensada, aplicándose o mesmo criterio de desempate que na clasificación absoluta.
Trofeo e Diploma Honorífico para @s 3 primeir@s clasificad@s do Circuíto.
Diploma Honorífico para os postos 4º ó 6º da clasificación Final.
 CLASIFICACIÓN XERAL POR EQUIPOS ABSOLUTOS
• Haberá Clasificación por Equipos nas diferentes categorías:
• XERAL EQUIPOS MASCULINOS : puntúan 6 homes
• XERAL EQUIPOS FEMININOS : puntúan 6 mulleres
• XERAL EQUIPOS MIXTOS : puntúan 3 Homes + 3 Mulleres
• O formar parte dun equipo Masculino ou Feminino descarta o/a atleta para formar parte dun
Mixto e viceversa.
• Para puntuar en cada carreira deberán de facelo cun mínimo de atletas tal como se define.
• O equipo deberá de puntuar nas 6 carreiras do circuíto.
• A través da plataforma de Championchip: EQUIPOS CCNOS 2017
• O/A atleta debera de seguir os pasos da plataforma para darse de alta nun equipo sempre
habéndose dado de alta previamente como atleta en Championchipnorte.com.
 O prazo para a configuración dos equipos remata o Martes 07 de FEBREIRO de 2017, o equipo que figure ese
dia na conta do atleta é o que pasará a formar parte durante todo o circuíto sen posibilidade de cambios nin
rectificacións pois a plataforma non o permitirá.
 As/os atletas na súa inscrición deberán de reflexar o mesmo nome de equipo para que se faga efectivo na
clasificación.
 As atletas femininas puntúan por postos dentro da xeral feminina e os atletas masculinos o mesmo na xeral
masculina.
O/A ATLETA QUE NON PORTE DORSAL OFICIAL OU O TEÑA MANIPULADO NA SÚA ENTRADA Á META,
poderá ser descualificado e eliminado da clasificación por equipos, polo que pasaría a puntuar o seguinte
compoñente que entre en meta.
 Trofeo para os 3 primeiros Equipos Clasificados de cada Categoría
LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO XVII CIRCUÍTO LARSA CCNÓS
CLASIFICACIÓNS GRUPAIS POR EQUIPOS
LIGAS E CLASIFICACIÓNS DO XVII CIRCUÍTO LARSA CCNÓS

 CLASIFICACIÓN FAMILIAR
Para participar na clasificación por familias os atletas deberán indicar na inscrición o nome da familia e o
dni da persoa que actúe como capitán ou cabeza de familia. Este último deberá estar tamén inscrito ó
circuíto e deberá haber unha relación familiar de primeiro grao con el (fillos, pais e irmáns en tódolos
casos tanto naturais como políticos ademais conxugues). O prazo de configuración remata o 7 de febreiro
Cada familia puntuará cos tres mellores resultados por categoría en cada carreira, obtendo tantos puntos
como suma deses tres mellores postos acadados en cada categoría. En caso de non finalizar un mínimo de
tres participantes o resultado descartarase para o cálculo do global.
Para calcular a a puntuación global sumaranse as cinco mellores puntuacións obtidas pola familia ó longo
do circuíto.
Premio para as 3 mellores familias clasificadas o final do circuito. En caso de empate favorecerase á
familia que mais participacións individuais sume e, en caso de persistir, a que mais quilómetros recorrera.
 LIGA ESCOLAR
CLASIFICACIÓN PARTICIPATIVA FINAL POR COLEXIOS .
O/A atleta menor elixirá na súa inscrición ó colexio no que actualmente cursa estudios.
Trátase dunha clasificación basicamente PARTICIPATIVA.
Cada atleta sumará un punto para o seu colexio con cada participación.
 Premio para os 3 Primeiros Colexios clasificados (informarase o longo do circuito)
• Os/as atletas poderán comprobar o seu resultado escaneando no seu dorsal o código QR mediante o
seu teléfono móbil.
• Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.championchipnorte.com , e posteriormente
publicaranse as clasificacións xerais e por categorías no diario local El Progreso.
O FEITO DE INSCRIBIRSE NESTA CARREIRA IMPLICA A ACEPTACIÓN DESTE
REGULAMENTO e declara recoñecer e aceptar que a Organización poderá facer uso das imaxes das
probas con fins puramente informativos e promocionais do evento.
Todos os participantes, estarán cubertos por un seguro da proba
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, da protección de datos de
carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de
rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá
solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
Os organizadores e colaboradores das probas non se farán responsables dos danos morais, materiais
ou persoais que así mesmos e a outras persoas ocasionen ós participantes das carreiras.
Dado o carácter estritamente deportivo e popular destas probas, non se admitirán reclamacións sobre
os resultados das carreiras. A participación leva implícita a aceptación do Regulamento do circuíto
CCNOS.
A partir da segunda proba poderán inscribirse todos/as os novos/as atletas que queiran segundo as
condicións anteriormente expostas no regulamento, e sempre e cando haxa dispoñibilidade de dorsais
e chips
HABERÁ UNHA GRAN GALA FINAL NA QUE SE ENTREGARÁN TODOS OS PREMIOS
CORESPONDENTES AS CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS E GRUPAIS DA QUE SE INFORMARÁ Ó
LONGO DO CIRCUITO A TOD@S @S ATLETAS.

RE