Calendario
Info da proba

Vilatuxe

04/06/2017 9:00
Regulamento II Trail de Vilatuxe

V TRAIL DE VILATUXE 2017
Un ano mais a organización do Trail de Vilatuxe convoca a corredores e afeccionados a participar e desfrutar dunha xornada festiva para o deporte de montaña. Este ano como novidade cave destacar que o Trail longo será puntuabel para a Copa Galega de Carreiras por Montaña, a vez que o Trail curto será Campionato Galego Júnior da modalidade.
1. DATA: o día 4 de xuño de 2017 celebraranse as probas Trail longo, Trail curto e Andaina de Vilatuxe, con saída e chegada dende o Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe)
N 42º 37’ 00’’
W 08º 12’ 30’’
2. MODALIDADES:
• A proba Trail longo terá un percorrido aproximado de 34 Km e un desnivel de 2.200 m + resultando 4.400 m na serra do Candán con un 94% por sendas, un 4% por pistas e un 2% por pista asfaltada.
• A proba Trail curto con un percorrido de 17,5 km e 850 m de desnivel +.
• A Andaina non competitiva, realizarase polo mesmo percorrido do Trail curto.
3. SAÍDA: para o Trail longo será as as 9:00 horas, e para o Trail curto e Andaina as 9:30 horas.
4. [/b]RETIRADA DE DORSAIS: para todas as probas poderanse retirar o día anterior sábado 3, a partir das 18:00 no Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), do mesmo xeito tamén se poderán retirar o mesmo día na zona de saída e meta entre as 7:00 e as 8:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
5. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, ata un máximo de 600 participantes (300 para o trail longo, 200 para o Trail curto e 100 para a andaina), repartidos nas seguintes categorías:
TRAIL LONGO
Categoría masculina:
• Sénior: hasta 39 anos
• Veteranos I: dos 40 a o 49 anos
• Veteranos II: máis de 49 anos
Categoría Feminina:
• Sénior: hasta 39 anos
• Veteranas: de 30 a 49 anos
• Veteranas II máis de 49 anos
TRAIL CURTO
Categoría masculina:
• Júnior: de 18 ata 20 anos
• Absoluto
Categoría Feminina:
• Júnior: de 18 ata 20 anos
• Absoluto
6. ENTREGA DE PREMIOS farase as 15:00 horas para ámbalas dúas probas.
7. INSCRICIÓNS: Será a través da páxina Champion Chip Norte. Para as tres probas haberá dous prazos de inscrición e un desconto para os federados.
• Primeiro prazo do 1 de abril ó 1 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
 Trail longo............................... 20 €................................17 €
 Trail curto............................... 15 €................................12 €
 Andaina.................................. 10 €................................ 7 €
• Segundo prazo do 2 de abril ó 29 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
 Trail longo.............................. 25 €................................22 €
 Trail curto............................... 20 €................................17 €
 Andaina.................................. 15 €................................12 €
• Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.
8. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
9. TEMPOS DE CORTE: unicamente serán para a proba Trail longo. Establecese un tempo máximo de 7 horas para completar o percorrido.
Os tempos máximos intermedios serán os seguintes:
km Lugar Tempo Hora
12 Ameixedo 2:30 h 11:30 h
21 Zobra 4:00 h 13:00 h
26 Pedroselo 5:00 h 14:00 h
30 Moa 6:00 h 15:00 h
34 Puzo do Boi (Meta) 7:00 h 16:00 h

10.
Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado así o aconsella.
11. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.
12. AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos para o Trail longo e 3 para o Trail curto e andaina, incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte modo:
 AV1 – Bustelos – Km 6 –sólido e líquido
 AV2 – Ameixedo – Km 13 – sólido e líquido
 AV3 – A Trigueira – Km 18 – sólido e líquido.
 AV4 – Zobra – Km 22 – sólido e líquido
 AV6 – Moa – Km 30 – Sólido y líquido
 AV7 – Meta– Km 35 – Sólido y líquido
Os marcados en cor azul serán os avituallamentos compartidos co Trail curto e andaina.
13. XANTAR: A parte do avituallamento de meta haberá un bo xantar de confraternidade no Puzo do Boi (zona de meta) con música e parranda de animación. Os participantes de tódalas probas terán dereito a o xantar de forma gratuíta para o que se lle facilitará un ticket na bolsa do corredor que se entregará co dorsal. Poderase inscribir a cantos acompañantes se desexe para o xantar, previo pago, a través da plataforma de inscrición de Champion Chip, dun complemento de 3 € por acompañante. Os tickets para o xantar dos acompañantes entregaranse ca bolsa do corredor de quen os teñan solicitado.
14. Na zona de Saída a organización terá un servicio de BAR no que se servirán almorzos quentes e todo tipo de bebidas.
15. PREMIOS:
• TROFEO ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina.
• TROFEO a os tres primeiros de cada categoría.
• TROFEO para os tres primeiros equipos na proba Trail longo. Para este premio puntuarán os 5 primeiros corredores en chegar a meta de cada equipo.
• PREMIO ESPECIAL para o ascenso mais rápido ao monte Coco cronometrado por chip.
• PREMIO ESPECIAL para o ascenso mais rápido ao monte Coco cronometrado por chip.
• PREMIO ESPECIAL de lanzamento para o primeiro home e a primeira muller en chegar o km 3 e acabe a carreira no tempo establecido pola organización.
• Os trofeos serán non acumulativos, os premios especias serán acumulativos cos trofeos pero non entre si (poderase gañar premio especial mais trofeo, pero non dous premios especiais nin dous trofeos) .
• SORTEO entre os dos diferentes regalos que a organización poida conseguir.
• Existirá unha clasificación paralela segundo o regulamento da Federación Galega de Montaña como carreira puntuabel para a Copa Galega.
16. DUCHAS: na mesma zona de meta e a maiores a organización porá a disposición dos corredores as duchas do colexio público de Vilatuxe, a 1 km da saída (N 42º 36’ 51’’
W 08º 11’ 31’’)
17. A inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar.
18. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, salte un control de paso, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.
19. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
20. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a informar de calquera incidente nos controles de paso.
21. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
22. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
23. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante.
24. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

Programa de celebración.
Enumeración das actividades consolidadas con horas de inicio e remate garantindo o reparto de entretemento ao longo do día.
SABADO:
12:00 Apertura de cámping na praia fluvial.
17:00 Recepción de corredores e entrega da bolsa do corredor.
20:00 Presentación da proba e charla técnica no Puzo do Boi (praia fluvial).
DOMINGO:
7:00 Entrega de dorsais e da bolsa do corredor.
8:30 Peche da entrega de dorsais.
9:00 Saída do Trail longo ao son da Gaita.
9:30 Saída do Trail curto.
13:15 Chegada dos primeiros corredores.
14:30 Entrega de premios
15:00 Xantar.