Calendario
Info da proba

Maceda - San Mamede

21/05/2017 9:00 - 15:00
Regulamento REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE 21/05/2017
1.-LUGAR:
Celebraráse o domingo 21 de maio de 2017, a saída terá lugar dende a
praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro ,
dentro do Concello de Maceda (Ourense).
2.- HORARIO:
9:00 h para a modalidade CARREIRA
9:15 h para a modalidade ANDAINA
3.- CARACTERISTICAS DA PROBA
A proba de carreira de montaña ten unha distancia de 21 km., o seu
punto máis alto é de 1613 metros e o máís baixo de 656 metros,
cuns desniveis que chegan ata o 43 %.
Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento
deportivo está considerado como del “Alto Risco”.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de
accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.
3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 4 de abril de 2017 ata as
23:59 do día 17 de maio de 2017. Non se realizarán inscricións o mesmo
día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo
de inscricións. As inscricións realizaranse:
1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://championchipnorte.com/
2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das
direccions que se sinalan a continuación:
Tenda RUNMANIAK de Ourense
Direccion: avenida Buenos Aires 17 (parque das mercedes), Ourense
Tf: 988613503
Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días
antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.
Os atletas poderán incribirse a título individual ou representando a clubs
4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e
CARREIRA) será o seguinte:
4 ao 30 abril 2017 (para os pagos das cuotas de inscrición
realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
13 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE
MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
17 € para ós participantes NON FEDERADOS
1 ao 17 maio 2017 (para os pagos das cuotas de inscrición
realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
16 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE
MONTAÑA namodalidade CARREIRA DE MONTAÑA
20 € para ós participantes NON FEDERADOS
5.- NORMAS
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da
Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en
www.fedme.es) e seguindo as seguintes normas:
a) No poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e
menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o
evento (21 de maio de 2017).
Ojo morado Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de
enfermidade ou dolencia.
c) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos
avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os
seus propios desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola
organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
• Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e
informar no control máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da
organización e dos controis de paso.
d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do
abandono e entrega do correspondente dorsal.
e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no
caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a
organización habilitará un percorrido alternativo para garantir a
seguridade dos participantes no evento.
f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que
considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como
a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por
algunha causa de forza maior.
g) A organización prevé uns tempos de paso e corte en
determinados controis e un tempo máximo para a CARREIRA DE
MONTAÑA: KM. 7 ( 1 h. 5o min.) e KM 14 ( 3h. 15 min.) e un tempo
máximo de 5 horas para completar a totalidade do percorrido.
h) O final da proba pode haber control antidoping.
i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente,
lesión ou neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os
participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso
de accidente ou lesión.
j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a
distancia e a dureza do itinerario. Levarán a indumentaria e o
calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se inscriban.
k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de
accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas,
comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a
organización.
l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba
regularase polo disposto nos regulamentos da Federación de Montaña
de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e
Escalada (FEDME).
6.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 6 (líquido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e
sólido) e 15 (líquido e sólido) e 19 (liquido)
2. ANDAINA: km 6 (líquido e solido), 9.5 (líquido)
7.-PREMIOS
a) Na modalidade Carreira, entregaranse trofeos conmemorativos os tres
primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
Mellor atleta local.
O participante ou a participante mais veterán na proba.
Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega
de Carreiras por Montaña, os participantes estarán ao disposto ou
recollido no regulamento de competición das carreiras por Montaña da
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
Ojo morado A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue
primeiro o Alto de San Mamede.
c) A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.
8.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente
regulamento, implica que o participante autoriza á organización
DESAFIO SANMAMEDE á grabación total ou parcial da súa participación
na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a
súa imaxe na promoción e difusión da proba de todas as formas posibles
(radio, prensa, vídeo, foto, DVD, Internet, carteis, medios de
comunicación, etc.), e cede os dereitos relativos á explotación comercial
e publicitaria que a organización considere oportuno executar...
A organización de DESAFIO SANMAMEDE garante o pleno cumprimento
da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito
queda informado a través deste regulamento e presta o seu
consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheros
automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa
utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras
actividades propias da organización a Asociacion Cultural e Deportiva Via
XVIII Maceda, o titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación,
cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999
de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal
Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento da proba. A
inscrición implica cumprimento deste Regulamento.
9.- DESAFIO SAN MAMEDE SOLIDARIO
Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este
ano decidimos aportar o 20 % da recaudación das inscricicions o
seguinte proxecto promovido pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ
VERMELLA DE MACEDA.
Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión
Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral
(ingresos menores a 500€/mes) en particular.
Maiores con Responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e
netos a cargo, máis de 2 membros na unidade familiar)
Persoas de familias con todolos membros en paro (ingresos menores
a 500€/mes)
Parados longa duración (mái de 1 ano en desemprego)
Persoas sin Fogar
10.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES
PROBAS.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e
ANDAINA non poderán tomar a saída acompañados de animais.
Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán
saber que nalgun momento do percorrido se van a atopar cos
corredores, os cales lle deben facilitar o paso na medida do posible
para evitar accidentes ou caídas.