Calendario
Info da proba

Valadares

15/01/2017 10:15 - 13:15
Regulamento PRESENTACIÓN
O vindeiro 15 de xaneiro de 2017 celebrarase, na parroquia de Valadares do
Concello de Vigo, unha proba de Canicross, Bikejoring e Trail que se rexirá polo
presente Regulamento.
IiTrail e Canicross
de Valadares
Regulamento
PARTICIPANTES:
MUSHING:
-A proba está aberta a todos os deportistas con e sen licencia de Mushing.
-Os cans participantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
-Levar implantado o microchip
-Ter como mínimo 12 meses para Canicross e 18 meses para Bikejoring
-Levar postas as seguintes vacinas: antirrábica, polivalente e a tos das perreras
(No caso de que as vacinas sexan de primeira vez, a polivalente e antirrábica
deberán administrarse con 21 días de antelación. A vacina da tos das perreras sempre deberá
ser con 15 días de adelanto).
-Pasar o control veterinario.
-Os cans potencialmente perigosos deberán presentarse coa documentación.
-Os cans deberán participar co material reglamentario para competición como establece
a FGDI.
-O corredor que participe co can doutra persoa deberá presentar unha autorización por
escrito do propietario ou ben que este o comunique e autorice en persoa.
-Ningún can poderá competir en máis dunha proba
-Iniciada a proba non se poderá cambiar de can.
-O veterinario de carreira determinará se as condicións de saúde de cada can son aptas
para a realización da proba. En caso contrario serán descalificados.
RESPONSABILIDADE CIVIL:
-Todos os deportistas deberán ter un Seguro de Responsabilidade Civil que especifique que
durante a práctica deportiva serán cubertos todos os danos que o can poida ocasionar. Este
seguro poderase enviar a kennelden@gmail.com ou presentalo o mesmo día da proba.
-Para os deportistas do Canicross Popular, de non ter seguro de Responsabilidade Civil, poderase
tramitar un seguro por un día.
MONTAÑA:
-A proba está aberta a todos os deportistas con e sen licencia de Montaña.
IiTrail e Canicross
de Valadares
CATEGORÍAS E CIRCUITO:
METROS MODALIDADE CATEGORÍA Nº CANS
6650 DCM Canicross Home 1
6650 DCW Canicross Muller 1
6650 DCMV40 Canicross Vet. Home 1
6650 DCWV40 Canicross Vet. Muller 1
6650 DBM Bikejoring Home 1
6650 DBW Bikejoring Muller 1
6650 DBMV Bikejoring Vet. Home 1
6650 DBWV Bikejoring Vet. Muller 1
METROS MODALIDADE CATEGORÍA
13300 TRAIL Senior Home
13300 TRAIL Senior Muller
13300 TRAIL Veterán Home
13300 TRAIL Veterá Muller
INSCRICIÓNS:
Os participantes deberán tramitar e pagar a inscrición en antes das 24:00 do
xoves 12 de xaneiro de 2017. (Deberase cumprimentar a folla do Control Veterinario en galitiming
ou na páxina de facebook de Kennel DEN.
-Non se admitirá ningún pago, inscrición ou trámite despois desa data e hora.
-A cota de inscrición son 10 euros, por 1, 2 ou 3 modalidades.
www.galitiming.com
ORDE DE SAÍDA:
O sistema de saída será:
Canicross: en parellas cada 30”
Bikejoring: individual cada 1’
TRAIL: saída conxunta
BALIZAXE:
A marcaxe do circuito estará de forma clara coas “piruletas” oficiais de mushing e algunha outra
sinalización que permita seguir o circuito claramente.
IiTrail e Canicross
de Valadares
TROFEO E OBSEQUIOS:
Trofeo (e pienso para mushing) para os 3 primeiros de cada categoría constituida. Se necesita un
mínimo de 3 persoas para constituír categoría.
APARCAMENTO E USO DAS ZONAS:
Cada equipo ubicará os seus cans para as zonas habilitadas para aparcamento. Estas deberán
manterse limpas, libres de excrementos dos cans. O lixo deberá tirarse en colectores específicos.
Deixar en mal estado a zona será penalizado.
En ningún momento pode haber cans soltos na zona da carreira, aparcamento, ... Pode ser motivo
de penalización.
MATERIAL OBRIGATORIO:
Esixirase o material obrigatorio esixido nos Regulamentos da FGDI.
RECLAMACIÓNS:
As clasificacións e sancións publicaranse antes da entrega de premios. Calquera reclamación
deberá presentarse por escrito ante o Xurado da Proba, polo Xefe de Equipo ao que pertenza o
reclamante, antes de que trancurran 30’ da publicación dos resultados. Deberá estar
acompañada por un depósito de 65 euros que será devolto no caso de que a reclamación sexa
aceptada.
SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL:
A organización conta cun seguro de Responsabilidade Civil que cubre a competición ademais de
todos os permisos necesarios para o normal desenvolvemento da proba.
Polo feito de inscribirse o deportista declara coñecer e aceptar o presente Regulamento e faise
responsable de calquer dano que poida provocar a terceiros durante o desenvolvemento da
proba, incluindo os 30’ antes do inicio do control veterinario e ata 1 hora despois da entrega de
trofeos.
Todos os corredores, coa inscrición, asumen que están en posesión de un seguro de
Responsabilidade Civil que cubre a práctica deportiva do seu can e os danos que este pudera
LOCALIZACIÓN:
Nas inmediacións do CEIP Sobreira de Valadares